Mércores. 23.10.2024
El tiempo

A Escola de Porteiros Nordés e o DéporCampus aterran en Outes

Escola de Porteiros Nordes en Outes
Presentación da Escola de Porteiros Nordés en Outes
A Escola de Porteiros Nordés e o DéporCampus aterran en Outes

Dúas novidades para este verán no Cunchido. Por un lado, foi presentada a terceira edición do campus Cabreiroá “DEPOR CAMPUS” Outes 2024. Nenos e nenas de Outes e da contorna poden disfrutar de instructores de primeiro nivel que achega o RCD da Coruña en tódalas súas actividades.

Deporcampus en Outes
Presentación do DeporCampus en Outes

Ademais, de cara ao vindeiro curso, a Escola de porteiros Nordés, Concello de Outes e o Outes Futbol Club asinaron un convenio para a instalación da marca dos Trucho e Elduayen no Cunchido. A escola de porteiros Nordés en Outes aportará un complemento extra á magnífica oferta de tecnificación de futbol que hai no concello da man do Outes FC e RC Deportivo da Coruña.

Unha escola da que se poderán beneficiar tamén a rapazada das SD Esteirana, do ED Os Miúdos, as Escolas Deportivas Municipais de Carnota ou o Mazaricos CF.

Comentarios