Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Esteiro organiza unhas xornadas informativas sobre primeiros auxilios para os responsables dos clubs do Futbol da Costa

Familia de Esteiro que organiza as xornadas sobre Primeiro Auxilios para os clubs do Futbol da Costa
Familia de Esteiro que organiza as xornadas sobre Primeiro Auxilios para os clubs do Fútbol da Costa
Esteiro organiza unhas xornadas informativas sobre primeiros auxilios para os responsables dos clubs do Futbol da Costa

Interesantísima e máis que necesaria a proposta que nace dende Esteiro, pensado para os clubs do Fútbol da Costa. Un curso de primeiros auxilios e RCP (Reanimación Cardiopulmonar) para que os responsables dos clubs saiban como actuar en caso de emerxencia nos nosos campos. Unha iniciativa, perfectamente exportable a outros concellos, que volve poñer enriba da mesa a necesaria instalación de desfibriladores nos campos, como xa fixo o Concello de Malpica.

Un dos promotores é Arturo Olveira. “ Debido ao meu traballo nas urxencias extra hospitalarias, vexo como logo dun accidente (atragantamientos, paradas cardio-respiratorias etc.) nalgún terreo de xogo ou colexio, os medios de comunicación adóitanse achegar á nosa base para preguntar que se debe facer nestes casos. E eu preguntábame e porque isto non se fai antes de que se produza o accidente”, explica.

De aí xorde a idea de buscar un patrocinio para poder realizar un curso de primeiros auxilios, para a xente que adoita acompañar aos nosos fillos e a outros compañeiros cada fin de semana nas distintas competicións que teñen lugar na nosa comarca (adestradores, utilleros, etc.) poidan contar cuns coñecementos adecuados para poder prestar auxilio nesas situacións tan criticas.

E tivo a ben atopar unha tenda de deportes de Esteiro (Deportes Arturo) que está disposta a colaborar coa iniciativa, costeando parte dos gastos para que este curso poida ser homologado e cada un dos asistentes poida contar o seu diploma oficial. Tamén o Concello de Muros súmase á causa cedendo unha das súas aulas de forma desinteresada.

Os interesados en participar ou en informarse sobre a organización do evento, poden poñerse en contacto con Arturo Olveira (686 60 14 05) .

Comentarios