Martes. 12.11.2019
El tiempo

A familia do Ameixenda rendeu homenaxe a Bruno Castro

Repasamos os torneos estivais da Ría de Muros, Mazaricos e Zas
A nai de Bruno Castro recibiu un agasallo da familia da SD Ameixenda
A nai de Bruno Castro recibiu un agasallo da familia da SD Ameixenda
A familia do Ameixenda rendeu homenaxe a Bruno Castro

Novas fin de semana de torneos estivais de preparación, que serven ademais con emotivas citas de lembranza. Como a do San Paio de Refoxos, onde se celebraba un partido de homenaxe a rapaz de Gures, Bruno Castro, finado a comezos de verán nun accidente de tráfico. A SD Ameixenda quixo dedicarlle este momento á súa familia, e antes de empezar o partido os dous equipos formaron aliñados diante da grada presentando os seus respectos a nai de Bruno, a quen se lle fixo entrega dun ramo de flores e dunha camiseta firmada por tódolos participantes. O minuto de silencio, rematado cunha ovación cerrada púsonos a todos a pel de galiña.

En canto o partido, os "Amigos de Bruno”, comandados por Manolín, que mantiña unha relación moi especial con Bruino, fixeron valer a sua veteranía para impoñerse por 2-0 a un xoven equipo do Ameixenda, aínda que esto foi o de menos xa que o importante era estar todos xuntos no recordo a Bruno.

Amigos de Bruno e SD Ameixenda no homenaxe

Torneo da Ría de Muros

Capis do Lira e Outes na Copa Ria de Muros

O Cunchido acollía o II Torneo conmemorativo do 50º Aniversario da mítica Copa Ría de Muros. Un triangular entre Esteirana, Outes e Lira, que venceu o cadro liracho, tras empatar coa Esteirana e vencer 0-3 ao cadro local, e superar no golaverage á Esteirana que vencera pola mínima aos da Serra.

Foi un día especial para todos, sobre todo para o capitán liracho, Óliver (na foto de abaixo), que estaba de aniversario, e puido celebralo cun golazo.

Oliver protagonista na Copa Ria de Muros

l Torneo Benéfico feminino de Mazaricos

Mazaricos CF Feminino

O sábado disputouse na Picota o l Torneo benéfico feminino. Villestro, Noia, Tordoia e dous dos equipos da comarca: As Miúdas e o novo U.C. Cee. Todas, coas locais do Mazaricos Cf. que terán doous equipos nas ligas de F8 femininas, participaron nun torneo cun ambiente espectacular, gracias á colaboraciñon do Concello e de Gonzalez Estalote.

As Miudas no Torndeo de Mazaricos
As Miúdas recibindo o trofeo do presi do Mazaricos, Emilio Carreira, o alcalde Juan Blanco e a directiva da RFGF Silvia CancelaO novo UC Cee feminino na Picota
O novo UC. Cee feminino

Derbi en zas

O campo municipal Platas Reinoso foi onte o escenario do XXXII Trofeo de Fútbol Concello de Zas. O encontro entre o CD Baio e o Sporting Zas estivo cargado de boas xogadas e, sobre todo, de moita deportividade e finalizou coa victoria para os baieses (6-1).

Torneo Concello de Zas

Vindeira cita, en Corcubión

XXI_C Trofeo Carlos Lojo Corcubion 2019

Comentarios