Venres. 29.03.2024
El tiempo

FF: Unha xornada marcada polo #25N

FF: Unha xornada marcada polo #25N
Como non podía ser doutro xeito, a xornada dominical do fútbol feminino estivo marcada pola conmemoración do Día INternacional contra a Violencia de Xénero. Así, tanto as bergantiñás como as muradás saltaron ao campo con diferentes lemas da campaña #Ennegrocontraasviolencias para celebrar así o #25N. No deportivo, unha de cal e unha de area. A mala nova chegou dende Muros, onde as Miúdas caían ante un rival directo como o Boiro. Coa vitoria as da Barbanza superan as costeiras, deixándoas na 4ª praza, lonxe das implacables líderes do Chispa, a 3 do Xuventú Aguiño e a 2 do propio Boiro. Mentres, en Carballo non foi o mellor partido pero o equipo de Gueli demostrou que sabe sufrir para gañar os tres puntos, que se quedaron na casa.  

2ª Galicia, Gr.3, xornada 11

  • Resultado: As Miúdas - Concello de Boiro (2-3)
  • As Miúdas: Yaiza, Gala, Isa, Antía, Martina, Laura, Leti, Noe, Bárbara, Marta e Pati. Tamén xogaron: Ainoa, María d’Pastora, Sara, Paula e Natalia.
AS Miudas co 25N-Foto-Lu Figueroa As Miudas co 25N-Foto-Lu Figueroa Ambientazo de gala para un partido de altos vuelos entre dous equipos que se moven nos postos de arriba. Dúas propostas moi claras e moi opuestas entre ambas escuadras, as de Muros a meter xente arriba e agobiar en campo rival con intensidade, e as de Boiro a posicionarse ben replegadas e tentar buscar a súa gran baza ofensiva nos pes de Melanie. Pero o dominador era claro, as locais levaban un plus de intensidade e de perigo coa posesión do balón e roubos rápidos tras pérdida buscando a velocidade nos extremos para entrar con perigo. Así no minuto 4 Bárbara materializou a súa segunda ocasión facendo o 1-0 para ledicia da ateigadísima grada de Miraflores na desapacible tarde de domingo. Nunha xogada de mala sorte, un despexe da meta Yaiza batía nas costas de Martina e se colaba para facer o empate aos 20 minutos. Non decaeron as de Fer e Fran e no último treito da primeira conseguía meterse de novo por diante cun tanto de Pati. Pero non quedaría aí a cousa pois na última xogada, nunha dubidosa posición, o Boiro empataba. Na segunda, o partido desenvolvía en campo visitante pero as locals non levaban moito perigo, se ben Leti mandou un balón á madeira tras un bo centro de Bárbara. Á contra Yaiza tiña que lucirse varias veces ata que, noutro rebote, as visitantes se colocaban por diante. Parecía que “a flor” que leva tendo o cadro muradán ao longo da tempada marchitouse por un día e a pesar das intentonas de Natalia ou Bárbara, as muradás non puideron conseguir empatar o que foi un auténtico partidazo.  

2ª Galicia, Gr.2, xornada 11

  • Resultado: Bergantiños Feminino - Carral (5-3)
  • Bergantiños: L. Sanchez, Rabuñal, Eva, Sabrina, Paula, Lore, Torrado, Noe (Ale, m.70), Mery (Jessi, m.80), Tamy e Isa (Canosa, m.60).
Bergantinos co 25N O Bergantiños feminino co 25N O partido empezou moi de cara para as caballesas, xa que Noe anotaba desde a frontal ao pouco de empezar o partido. Pouco durou a alegria porque 5 min. despois Ariana empataba de falta directa. Isa facía o segundo para as locais cun bo zurdazo e Mery facía o terceiro no minuto 17. 4 goles en apenas 15 minutos, e aínda puido ampliar mais a vantaxe o Bergantiños antes do descanso pero Rabuñal e Mery lanzarían ao pau e Tamy non estaría acertada. Trala reanudación o Carral aproveitou a relaxación das carballesas e pronto reduciu distancias por medio de Vero, aínda que nuevamente Isa marcaba a pracer a pase de Mery. Novamente o Carral recortaba distancias no marcador por medio de Paula ao transformar un libre directo. Co 4-3 as carballesas terían outra vez o dominio e buscaron a sentencia e de novo Tamy e Rabuñal apunto estarían de aumentar as distancias. Finalmente foi Canosa a que anotaba o definitivo 5-3 ao definir ben nun man a man, a poucos minutos do final.  

Toda a info do Fútbol Feminino costeiro

https://quepasanacosta.gal/ff-un-empate-por-exceso-de-relaxacion-e-outro-por-falta-de-punteria/ “FF: Delirio sobre a bocina” — Que pasa na costa

Comentarios