Esta fin de semana remata a primeira fase de F8 e comezan as Ligas de LCFS
- As táboas das LCFS Alevín e Benxamín xa están en www.futboldacosta.com.

Se ben a Liga Prebenxamín terá que esperar ata, seguramente o 28 de novembro, tralas baixas de última hora de Malpica, Fisterra e Os Miudos B, as categorías Alevín e Benxamín terán as súas primeiras finais esta fin de semana. As complicadas Ligas de F8, que teñen o punto de mira na Fase Galega, rematan esta fin de semana a primeira fase, despois de 5 xornadas.
Os primeiros de cada un dos 4 grupos xogarán unha Fase Final o vindeiro 17 de novembro, e os dous que gañen as semifinais representarán ao Fútbol da Costa na Liga Comarcal. Unha Liga Comarcal de 12 equipos con equipos da Coruña e As Mariñas
O resto de equipos xogarán unha nova Liga Costeira ata final de temporada.
Arrincan as Ligas de F8
As Ligas Comarcais de Fútbol Sala, que organiza o Club Deportivo Costa da Morte póñense en marcha xa.
Este venres 8 de novembro, como podedes ver xa en www.futboldacosta.com, dan comezo as dúas categorías, Alevín e Benxamín. Son 10 os equipos que compiten nestas LCFS mixtas, dende Ponteceso ata Carnota, pasando por Vimianzo, Camariñas, Muxía, Cee, Corcubión ou Fisterra.
Novas relacionadas
- Maio 2019: O EDM Ponteceso e o EFM Vimianzo fixeron un gran papel nos Provinciais de FS.
- Abril 19: O EFM Vimianzo, campión Intercomarcal de FS.
- Marzo 19: O EFM Vimianzo e o Fisober, campións das Ligas LCFS.