Venres. 26.04.2024
El tiempo

Falamos con Geno e Porrúa na previa da Final: “Isto dos favoritos nunha final é un chiste”

Geno entrenador Esteirana e Juan Porrua adestrador Fisterra
Geno, adestrador da Esteirana e Juan Porrúa, adestrador do Fisterra
Falamos con Geno e Porrúa na previa da Final: “Isto dos favoritos nunha final é un chiste”

Este domingo 3 de xullo dispútase a gran final da 52ª edición da Copa da Costa. O campo de Fontenla (Santa Comba) será un escenario inmellorable para a gran festa do Fútbol da Costa. Un dos eventos máis importantes a nivel deportivos da comarca. A partir das 19:00h (estará QPC pero tamén Radio Nordés, a Radio Galega e a TVG2), e tralas apretadas semifinais, Esteirana e Fisterra chegan en un fantástico estado de forma, a pesar do longa que se está facendo esta singular temporada despois de 2 anos de parón.

Unha Esteirana que só perdeu un partido, e cedeu un par de empates, no que vai de curso, encaixando só 1 tanto no que vai de Copa, que pronto se di. Tan só leva 2 goles encaixados esta edición o cadro fisterrán.

Son claramente dous dos tres mellores equipos do curso, que se meten nesta finalísima que ademais representa un choque entre o vixente campión, e o gañador da Copa de hai 5 anos naquela mediática final do San Paio de Refoxos ante o Dumbría.

Queremos falar cos adestradores, Geno e Juan Porrúa.
Esta será a cuarta final para Geno. Era segundo de Iván Cancela no Xallas de Bucarest que venceu ao Soneira en 2016 no Pino do Val. Dous anos despois, en 2018, caía, desta volta no Sofán, fronte ao Xallas na final disputada no Platas Reinoso. E na última final, disputada no Conco, en 2019, vencía xa á fronte da Esteirana ao Cabana.

Tamén Porrúa ten experiencia nas finais, pois se ben como adestrador é a primeira, xa ten xogado dúas, e gañou co Dumbría a de 2010 ante o Cee (podedes ver o vídeo).

  • QPC: Como levades esta semana previa?

- GENO: Pois para min é unha semana máis. Eu estou intentando trasmitirllo así aos rapaces. Adestramos martes, xoves e venres, coma sempre, e tampouco imos tolear pola final.

- JUAN PORRÚA: A semana a verdade que é un pouco diferente. Páranche pola rúa a falar da final, moitas chamadas e whatsapps… pero do resto todo igual. Preperar o mellor posible esta final e desfrutar o domingo da Festa do Fútbol da Costa e intentar traer a Copa para Fisterra.

 
  • QPC: Como afronta o plantel a final? Baixas, dúbidas, estado de ánimo, nervios estado físico dos xogadores a esta altura da temporada…

- GENO: Sabemos que temos que competir, e sei que imos competir, e logo que saia o sexa. Pero dende logo acojonados non imos. Sabemos que é un equipo de Preferente, pero non lle temos medo.
As baixas aínda non sabemos e non queremos descubrir cartas. Eu conto con todos a día de hoxe, incluso con Code, que ten alta médica xa. Fisicamente estamos moi ben. Temos unha plantilla bastante ampla, con 17 xogadores e os xuvenís, e este ano fixemos moitas rotacións ao longo do curso, incluso tivemos un mes xa sen necesidades, e estamos moi ben.

- JUAN PORRÚA: A verdade estamos agardando que chegue domingo para desputar esta gran final contra un gran equipo e o vixente Campeón. Só se perderan esta final Capelo e Bugy por lesión, os demais todos dispoñibles. Vexo o equipo con moitas ganas e serenidade para afrontar este gran reto que e traer a Copa para Fisterra.

 
  • QPC: Cales cres que van ser as claves para gañar a final??

- GENO: Teño moi claro o que imos intentar facer, outra cousa é que nos saia e que Fisterra nos deixe. Pero non o vou contar. Con todo, as circunstancias do partido pode determinar como vai a ir… un gol tempraneiro o cambia todo.

- JUAN PORRÚA: A clave pasa por ser nós mesmos sen variar o que vimos facendo nesta Copa.

 
  • QPC: Cales son os puntos fortes e débiles do rival?

- GENO: Son xogadores contrastados, veteranos, curtidos en mil batallas… Para min, en todo caso, a súa parte ofensiva é a parte máis forte, ten moi bos xogadores, polas bandas crean moito perigo, no medio está Julián, que calquera roubo, sae conducindo e mete un último pase… e despois teñen a Makaay que de calquera cousa fai un gol.
Atrás tamén son fortes.

- JUAN PORRÚA: A Esteirana é un gran equipo, moi ben traballado polo seu míster, que xa saben o que e gañar Ligas e Copa. Un equipo moi competitivo.

 
  • QPC: Geno, que diferencias atopas entre ser o favorito, como na final de 2019 ante o Cabana; e non selo, coma esta ante todo un Preferente?

- GENO: Dígocho en serio. Non atopo ningunha diferencia. Estaba máis preocupado nesa final, e para nada nos sentíamos favoritos en ningún momento, porque se nalgo incido para inculcarlle a esta plantilla, é que isto dos favoritos é un chiste. Nós non imos con iso, somos un equipo humilde e non nos cremos superiores a ninguén. Nin o ano do Cabana nos sentíamos favoritos, nin agora nos sentimos inferiores.

 
  • QPC: Juan, que diferencias atopas entre disputar unha final como xogador e como adestrador?

- JUAN PORRÚA: Dende logo síntome con moita máis responsabilidade desde o banco, pero con moita serenidade e tranquilidade. Como xogador a verdade lembro que estivera un pouco máis nervioso durante os últimos dias antes do partido, que era en formato diferente á Copa destes ultimos anos. Creo que é diferente, como xogador disfutaba máis, jijiji. Agora tes que controlar moitas máis cousas.

 

Comentarios