FSF: Os equipos do Amarelle saltan á pista
Xa temos os tres equipos costeiros do Fútbol Sala Feminino en competición. O Viaxes Amarelle de Inés e Patri, así como Amarelle Santa Comba, comezaban as súas competicións con boas sensacións.
Pola súa parte, o Fisober concedía, en Salceda de Caselas, a súa primeira derrota dende que é adestrado por Dani Costa , que acusou as moita baixas Nuriña operada do xeonllo, Ana lesión de xeonllo, María Dumbría e Laura e aínda así caeu pola mínima, cun tanto das locais nos últimos intres.
Esta foi ademais unha fin de semana histórica para o Fisober, que en categorías base estrearon participación na Liga Galega Infantil masculina. Caeron 7-0 ante o Hércules B pero as sensacións son moi boas, tanto nesta 1ª Galicia Infantil, como na Liga Autonómica Cadete e Infantil Femininas. O club recorda que segue aberta a posibilidade de incorporarse a calquera dos equipos do Fisober, dende categoría alevín, infantil e cadete feminino, coma infantil e cadete masculino.
O infantil masculino do Fisober debutou en Liga Galega
PREFERENTE, XORNADA 4
- Resultado: E.D.M. SALCEDA – FISOBER F.S.F. (1-0)
- Fisober: Lía, Adriana, Paula Fandiño, Carre, Mai; tamén xogaron: Sharay, Kenny, María Maroñas, Saray.
- Gol: 1-0, m.37: Dolo.
María Maroñas
Comezaba o partido cos dous equipos imprecisos co balón. O Salceda creaba moito perigo. Despois dun saque de esquina enviaba o balón ao pau o conxunto local. Intentaba respostar Paula Fandiño cun tiro lonxano. A máis clara para as visitantes foi cunha gran ocasión para Mai dende fora do área. As locais tamén tiñan un novo lanzamento ao pau da portería defendida por Lía. Con igualada a cero chegouse o tempo de lecer.
A volta dos vestiarios ambos equipos estiveron moi imprecisos no primeiro cuarto da segunda metade. As costeiras daban dous chispazos, un primeiro cun tiro de Paula Fandiño ao que non chega Adriana por pouco. E o segundo de novo un envío de Paula Fandiño para Adriana , pero a segundo non acerta cara o gol. As locais tiñan unha moi boa ocasión desbaratada por Lía. A falla de tres minutos chegaba o único e definitivo gol do partido que desfacía a igualada. O Fisober intentouno a desesperada nos últimos minutos, cun tiro ao pau de Paula Fandiño ao que case chega Carre ao rexeite. Insistiron as costeiras ata o final pero non tiveron sorte.
Primeira Galicia Feminina FS, xornada 1
- Resultado: Amarelle Concello de Santa Comba - Troula Betanzos FSF (0-0).
- Amarelle Concello Santa Comba: Aroa, Tania, Carla Martínez, Nerea, Elsa (cinco inicial), Carla Riomao, Violeta, Nuria Sánchez, Paula, Lucía Yu.
- Goles: 0-0.
O corcubionés Arturo Trillo é o adestrador do Amarelle Concello Santa Comba
O Amarelle Concello Santa Comba, dirixido por Arturo Trillo, estreábase na competición de Primeira Galicia Feminina FS esta tempada coa visita á cancha dun dos aspirantes ao título de liga, o Troula Betanzos FSF. As xalleiras partía coas baixas de Andrea, Ge e Nuria, por motivos persoais; tendo que tirar de xogadoras infantís para completar a convocatoria, e resolveron o partido con bo fútbol sala e só a falta de acerto a porta deixou o marcador nun 0-0 e reparto de puntos entre os dous equipos.
Na primeira parte, o partido empezaba cun Amarelle Concello de Santa Comba que buscaba a portería contraria nos primeiros minutos e atopaba con algunha boa xogada de combinación, que non terminaban por finalizar. As locais intentaban buscar as costas das xalleiras e sorprender a portería visitante, pero non conseguían xerar maior perigo. Os minutos pasaban e as ocasións máis perigosas víanse ao lado visitante, e cando as máis novas do equipo laranxa atopábanse sobre a cancha. Os minutos pasaban e ningún dos dous equipos terminaba por atopar o gol e íanse ao tempo de asueto co 0-0 no marcador.
Na reanudación, as xalleiras optaron por esperar en media cancha ao Troula Betanzos FSF en lugar de presionar a cancha completa, para preservar as forzas para o tramo final do partido; e parecía que o gol seguíase resistindo, aínda que o Amarelle Concello de Santa Comba tiña cada vez ocasións máis claras sobre a portería local, chegando a mandar dous balóns a senllos paus en ocasións das infantís Carla Martínez e Carla Riomao. O Troula Betanzos FSF intentaba sorprender á contra, pero o partido seguía coa seca de goles e o tempo chegaba ao seu fin cun bo partido das xalleiras, pero co 0-0 no marcador e reparto de puntos.
2ª División Nacional Feminina FS, xornada 1
- Resultado: Viaxes Amarelle FSF - CDE Muslera GSW (1-8)
- Viaxes Amarelle FSF: Sandra, Patri Romaní, Reneé, Martita, María Gómez (cinco inicial), Irune, Patri Curral, Yaiza, Inés Suárez, Zaida.
- Goles: 0-1 Patri Curral (min. 5); 0-2 Yaiza (min. 6); 0-3 Yaiza (min. 7); 0-4 Reneé (min. 10); 1-4 María Calvo (min. 13); 1-5 María Gómez (min. 23); 1-6 Yaiza (min. 26); 1-7 Reneé (min. 37); 1-8 Inés Suárez (min. 37).
O Viaxes Amarelle FSF, dirixido por Jorge Basanta, e coas costeiras Patri Romaní e Inés Suárez como protagonistas, empezaba este fin de semana, con moitas ganas e ilusión, a tempada no Grupo 1 da Segunda División Nacional Feminina FS. O cadro herculino empezou rápido poñéndose por diante no marcador, e non deu opción ao rival de poder meterse no partido. Ao término dos 40 minutos, o luminoso deixou reflectido un claro marcador de 1-8 sobre o CDE Muslera GSW; grazas aos goles de Patri Curral, Yaiza (3), Reneé (2), Inés Suárez e María Gómez.