Xoves. 28.10.2021
El tiempo

FSF: O Fisober comeza arrasando

Fisober volveu ao Conco
O FSF volveu, con máscara
FSF: O Fisober comeza arrasando

Comezou a temporada para a familia do Fisober na Preferente Galicia subgrupo A co choque disputado no Conco esta pasada tarde do sábado. Despois dun ano de parón, o cadro costeiros volvía degustar o sabor dunha vitoria baseada na súa canteira, pois as baixas obrigaron a Dani a tirar da base.

Preferente, A, xornada 1

  • Resultado: FISOBER F.S.F. – F.C. MEIGAS (4-0).
  • FISOBER: Lía, Adriana, Paula Fandiño, Saray, Uxía; Tamén xogaron: Lucía Rodríguez, Nerea, Lucía Canosa, Sharay, Lucía Martínez.
  • Goles: 1-0 min 4 Saray, 2-0 min 14 Paula Fandiño, (descanso), 3-0 min 26 Adriana, 4-0 min 32 Uxía.

Saiu ben o conxunto costeiro primeiro cunha contra na que Adriana non chegou por pouco e despois cun saque de banda con disparo de Paula Fandiño e toque de Adriana que desvíaba a porteira visitante. Aos catro minutos despois dun saque de esquina era Saray a que facía o primeiro gol local nun tiro cruzado.
As visitantes querían desperezarse e poñían a proba a Lía despois dun lanzamento de esquina. Eran uns minutos de toma e daca con ocasións para os dous lados na que as porteiras colleron protagonismo. Adriana por parte costeira era a punta de lanza. Ata que nunha contra Paula Fandiño facía o segundo gol do Fisober aos catorce minutos de xogo.

No comezo da segunda metade buscaban as visitantes recortar distancias e seguían percutindo sobre Lía. Saray respostaba pola banda costeira e as visitantes seguían a ter ocasións para apretar o electrónico. Unha combinación entre Paula Fandiño e Adriana acababa cunha gran ocasión desta última. Unha Adriana que non fallaría a pase de Saray aos seis minutos da reanudación. De novo Paula e Adriana buscaban o gol pero atopábanse ca porteira visitante. Chegado a este punto as do Meigas buscaban arriscar co xogo de cinco. Pero un roubo de Uxía poñía o cuarto gol local e as cousas moi complicadas para as visitantes.
A vindeira semana as costeiras visitan ao filial do Burela Pescados Rubén.

Categorías inferiores

Fisober Cadete Feminino 2021
As cadetes do Fisober

Tamén volveron ás pistas os equipos da base dumbriesa. O cargado de abrir a veda foi o cadete feminino, que visitaba a pista da Sagrada Familia coruñesa para enfrontarse ao Viaxes Amarelle. O triunfo foi para o Fisober cun resultado de 2 a 3 a favor das costeiras.cos goles Saray en dúas ocasións e Uxía nunha.

O sábado tamén disputaban o seu partido os rapaces do infantil masculino no seu partido de debut en Liga Autonómica Infantil Masculina no seu subgrupo Norte C 1ª fase e dentro da primeira xornada. O debut era na pista dun histórico coma o Santiago Futsal, no P.M. de Fontiñas na tarde do sábado. O triunfo foi para os locais por 1 a 0 cun gol no primeiro minuto de xogo.

Para o domingo quedaba o partido do cadete masculino no seu debut tamén na Liga Autonómica Cadete Masculina no seu grupo Norte D 1ª Fase e dentro da primeira xornada. O debut era nas I.D. de O Conco en Dumbría fronte ao A.J. Pombo Hércules F.S. con triunfo por 2 a 7 para os herculinos, cos tantos de Carlos para os costeiros.

comentarios