Xoves. 18.04.2024
El tiempo

FSF: O Fisober complícase a vida

Fisober FSF en Outomuro
O Fisober FSF facendo publi do torneo ourensán de Outomuro
FSF: O Fisober complícase a vida

O Fisober de novo quedouse as portas de puntuar (van 3 derrotas consecutivas) nun partido no que incluso errou un penal pero a sorte segue a ser esquiva as costeiras. As de Fran Toba, que agora fican empatadas con 23 puntos co propio Couto, non se poden despistar pois están agora mesmo na 11ª praza, pero a só 1 punto do descenso, que marca o Fervenza B a falta de 6 xornadas.

Na Copa 1ª Galicia, tamén houbo protagonismo único para a familia Fisober porque descansaba o Amarelle Santa Comba, e o Atletes decidía retirarse da competición tralos continuos problemas de efectivos. O filial dumbriés vencía 1-4 ao Pontedeume.

Na máxima categoría do FSF estatal, o Viaxes Amarelle de Patri e Inés colleitaba unha nova derrota ante todo un Pozo de Murcia que as segue deixando en postos de descenso.

Campus Fisober

Ademais o Fisober F.S.F. xa ten preprarado coma cada Semana Santa o seu campus que vai pola quinta edición.

Campus Fisober FSF Semana Santa 2019

Preferente Galicia, xornada 24

  • Resultado: COUTO OURENSE F.S. – FISOBER F.S.F. : 3-2.
  • FISOBER: Lía, Mai, Ana, Paula Fandiño, Adriana; tamén xogaron: María Dumbría, Carre, Kenny, Laura.
  • Goles: 1-0 min 3 Tere, 2-0 min 10 Aranzazu, 2-1 min 18 Kenny, (descanso), 2-2 min 27 Mai, 3-2 min 37 Cris.

Comezaba o partido cun saque de esquina a prol das locais que sacaba Lía e a resposta das costeiras era por parte dunha falta sacada por Paula Fandiño que case se coa na portería local. Ao pouco de comezar estreaban o seu taboleiro as locais poñendo costa arriba xa dende o principio o partido para o Fisober. Nunha contra visitante levada por Mai e con asistencia para Ana a piques está de igualar o partido. Mai enviaba ao longueiro, pouco antes de que outra chegada do Couto e outro gol cando máis ocasións estaban a ter as costeiras.

Seguían percutindo as costeiras que mesmo fallaban un penalti por medio de Paula Fandiño. As locais puideron case sentenciar en dúas contras, pero cando se chegaba ao fin da primeira metade Ana asiste para que a cadete Kenny reduza diferencias no electrónico, un dous a un co que se chegou ao tempo de lecer.

A volta de vestiarios foi cunha dobre ocasión para Laura pero a porteira local paraba nas dúas ocasións. Paula Fandiño tamén tería a súa ocasión. Quen si acertou foi Mai mediada esta segunda metade poñendo a igualada no marcador. No intermedio desta segunda metade as costeiras xa estaban con cinco faltas, en un dobre penalti tiña que aparecer Lía, na contra Kenny manda un balón a escuadra que desvía a porteira local.

O Couto apreta e ten un lanzamento que peta en ambos paus e salva na liña Paula Fandiño e na contra a piques está de marcar Adriana, nun partido tolo por momentos. A falla de tres minutos recibía un duro golpe o Fisober co terceiro local. Apretaron as costeiras ata o fin incluso cun tiro o longueiro de Paula Fandiño pero a sorte foilles esquiva.

Copa 1ª Galicia, Grupo A, xornada 3

  • Resultado: T.C.A. INSTALACIONES F.S. PONTEDEUME – FISOBER B (1-4).
  • Fisober B : Sharay, María Maroñas, Lucía Canosa, Saray, Nerea; tamén xogaron: Lucía Martínez, Uxía, Andrea, Lucía Rodríguez.
  • Goles: 0-1 min 23 Saray , (descanso), 0-2 min 26 Lucía Canosa, 0-3 min 35 Lucía Rodríguez, 0-4 min 36 Nerea, 1-4 min 40 Yaiza.

Lu Martinez co filial do Fisober
Lu Martínez

O filial costeiro fixo un moi bo partido de Copa con moita xuventude nas súas filas e con Sharay baixo paus e levouse un merecido triunfo de Pontedeume. Comezou moi enchufado o filial do Fisober e xa no primeiro minuto Lucía Canosa tiña unha boa ocasión pero unha moi inspirada Marta paraba o man a man. A resposta era cun tiro lonxano que desvíaba Sharay. O filial costeiro foi acumulando ocasións de bo xogo pero sen o premio desexado grazas a gran actuación de Marta na porta local. Nerea despois dun rexeite a tiro de Lucía Canosa, a propia Lucía Canosa e Saray dispuñan de moi boas ocasións. A contra aparecían as locais tendo a mellor ocasión das de Ferrolterra Laura. A resposta era novamente de Lucía Canosa pero o gol costeiro non quería chegar. Ata que a pouco menos de dous minutos para o fin da primeira metade as costeiras aproveitaban un libre indirecto para adiantarse con gol de Saray na xogada ensaiada.

O inicio do segundo tempo foi aínda mellor por parte do filial. Xa no primeiro minuto Lucía Canosa anotaba un penalti para poñer dous goles de vantaxe. Despois chegaron ata tres moi boas ocasións para Lucía Martínez despois de grandes combinacións das visitantes e outra gran oportunidade para unha Lucía Canosa moi incisiva todo o partido. Ata que se rompeu definitivamente o partido mediada esta segunda metade. Primeiro co gol de Lucía Rodríguez que por fin anotaba o seu primeiro gol e despois co cuarto despois dunha gran xogada de Uxía e col gol remachado por Nerea na liña para o cero a catro.

Lu Canosa co filial do Fisober
​Lu Canosa

Todas as novas do FSF

 

Todas as novidades do FutFem

Comentarios