Martes. 19.03.2024
El tiempo

FSF: As lesións machacan os equipos costeiros

Imaxe do derbi entre Amarelle Santa Comba e Fisober B
Imaxe do derbi entre Amarelle Santa Comba e Fisober B
FSF: As lesións machacan os equipos costeiros

A can fraco todo son pulgas, e é que a sorte parece que abandonou ao Fisober, xa que cando o venres estaba co partido igualado as lesións de Noe e Nuriña, ningunha delas ten boa pinta, trastocaron o partido e deixaron as costeiras sen puntos e sen dúas xogadoras. Un minuto en cada periodo no que recibiu tódolos goles, foi decisivo para que volveran de Ferrol sen premio.

Máis do mesmo acontécelle ao Atletes e ao Fisober B, moi mermados para sufriren sendas e crúas derrotas ante Melide e Villestro.

A única alegría da xornada foi das de sempre, as xa campionas do Viaxes Amarelle Concello de Santa Comba, que sufriron en casa do Cruces FSF, pero terminan remontando o encontro.

Preferente Galicia, xornada 20

  • Resultado: ORTEGAL OIL A FERVENZA B – FISOBER F.S.F. (4-2).
  • FISOBER: Lía, Paula Fandiño, Ana, Nuriña, Noe ; tamén xogaron : Carre, Mai, Adriana, María Dumbría.
  • Goles: 0-1 min 11 Nuriña, 1-1 min 19 Cris Loures, 2-1 min 19 Carol, (descanso), 2-2 min 26 Noe, 3-2 min 33 Sofía, 4-2 min 33 Blanca.

Ana no choque de primeira volta

Arrancaba o partido cunha ocasión clara de Ana despois dun envio longo de Paula Fandiño. Na contra unha longa xogada local remata cun tiro ao pau da local Cris Loures. O Fisober esperaba a media pista e a posesión era para as locais. Tería Ana unha boa ocasión a envio de Adriana. E outra boa de Ana despois de parede con Noe que despexa a porteira local. E no saque de esquina desa xogada Noe envía para Nuriña que fai o gol para as visitantes no minuto once.

Tralo gol tiña moito perigo o Fisobe e Noe case fai o segundo. E cando parecía que se ía chegar ao tempo de lecer con triunfo costeiro todo trocou. Igualaba o filial da Fervenza cun gol de Cris Loures xa dentro do último minuto. No saque de centro envíaba ao longueiro un tiro o Fisober. E a falla de sete segundos Carol facía o dous a un para as locais co que se chegaba ao tempo de lecer. De irse en vantaxe a irse perdendo nun fatídico último minuto.

O inicio da segunda metade foi coma o fin da primeira cun equipo local moi intenso. Pero a contra as costeiras chegan con perigo por medio de Adriana e Paula Fandiño. No minuto seis a presión do Fisober tivo os seus froitos co gol de Noe para igualar o partido. As locais respostaban cun tiro da porteira dende campo propio con moito perigo.

Pero todo cambiaba nun fatídico minuto 28 coa lesión de xeonllo de Noe e tan só dous minutos despois ca lesión de xeonllo de Nuriña. As dúas lesións, curiosamente das dúas goleadoras da noite, foron un duro golpe para as costeiras. Máis aínda cando no minuto 33 primeiro co gol de Sofía e pouco despois co de Blanca para poñer o catro a dous que a postre foi definitivo. O último minuto da primeira metade e o 33 da segunda mataron ao Fisober. Nos últimos minutos o Fisober tentouno con Adriana de porteira – xogadora pero xa sen froito.

1ª Galicia, xornada 17

  • Resultado: Cruces FSF - Amarelle Concello Santa Comba (3-4)
  • Amarelle Concello Santa Comba: Nerea, Alba, Tania, Nuria, Elsa (cinco inicial), Sandra, Paula, Violeta, Ge.
  • Goles: 0-1 Nuria (min. 7); 1-1 Ana (min. 16); 2-1 Begoña (min. 20); 3-1 Elsa (propia porta) (min. 24); 3-2 Nuria (min. 28); 3-3 Violeta (min. 44); 3-4 Nuria (min. 45).

O Amarelle Concello Santa Comba, dirixido por Suso Yanes, medíase este fin de semana ao Cruces FSF, e o conxunto local poñía moi complicado o partido ás xalleiras do Amarelle Concello de Santa Comba, que tiveron que dar a volta ao marcador na segunda parte, para remontar un 3-1 en contra, e terminaron o partido cun 3-4 a favor, que lles dá tres puntos máis, e déixalles un pouco máis campioas; a falta de disputarse a última xornada.

1ª Galicia, xornada 17

  • Resultado: Melide FSF - A.D. Athletés (9-0).
  • A.D. Atletes FSF: Julia (P); Cris; Laura (1); Antía; Ana.

O Athletés, moi mermado neste partido polas lesión é ausencia de xogadoras, saíu a xogar no seu propio campo sin que o Melide tampoco avanzara as súas liñas, xa que procuraba esperar na súa pista as xogadoras de Esteiro. As esteiranas defendíase ben contra os ataques das locais, que sin grandes esforzos dominan o encontro, pero sen crear moito perigo. Ata que chegado o minuto 5 en unha xogada sin perigo, dende fora da área de tiro froxo, Carla introduce a pelota xunto o poste izquerdo da porteira visitante. Antes do descanso facían o segundo as locais.

A partir de aquí, o Athletés avanza un pouco as súas liñas é consegue chegar a porta das visitantes, conseguindo sacar tres saques de esquina, aínda sen perigo para a porteira local. Estes avances supoñen un desgaste extra para as de Esteiro, que xa se lles empeza a notar o cansancio. O Melide, sigue co seu mesmo ritmo é no minuto 21, a súa mellor xogadora, María Valcarcel, marca o terceiro gol das locais, co que termina a primeira metade.

A segunda parte foi un paseo para as locais. As visitantes, coma sempre, sin forma física adecuada, sin poder facer cambios é ca metade das xogadoras lesionadas, defendéronse como pudieron é excesivamente agotadas.

Derbi Atletes Fisober

1ª Galicia, xornada 17

  • Resultado: FISOBER B F.S.F. – VILLESTRO S.D. (0-6)
  • FISOBER B: Naira, María Maroñas, Paula Fandiño, Sharay, Serena ; tamén xogaron : Andrea, Uxía, Kenny.

As dos arrebaldos de Santiago foron mellores e superaron con solvencia ao filial costeiro guiadas por unha ex do Fisober como é Carla. Aguantaron ate case a metade do primeiro periodo as xogadoras do filial apoiadas na boa actuación de Naira na portería. Pero un gol de Paula para as visitantes abría a lata. E antes do descanso chegaban dous novos tantos.

Na segunda metade o mesmo guión. Ampliaría diferenzas Lidia, pouco despois a ex do primeiro equipo Carla facía o típico gol da ex que sempre aparece , para rematar co sexto de Eva. Despois o resultado xa non se moveu.

Todas as novas do FSF

 

Todas as novidades do FutFem

Comentarios