FSF: O Fisober consegue endosarlle a primeira derrota ao líder e o Amarelle Santa Comba segue imparable
O Fisober foi quen de dar a sorpresa remontando un 0 a 2 ante o líder ata daquela invito e que tan só permitira un empate en toda a tempada. Certo é tamén que o Fisober nas I.D. de O Conco tamén estaba invito xa que a derrota coma locais fora nun partido no exilio.
Ademais, a vitoria segue acompañando ao Amarelle Concello de Santa Comba tras impoñerse ao CD Seguridade Galega 5 Coruña FSF con facilidade noutro partido disputado no municipal da Baña. As xalleiras van camiño do ascenso, tras sumar 10 vitorias en 10 partidos, e 12 puntos de vantaxe sobre as 2ª.
Liga Autonómica-Preferente, xornada 17
- Resultado: FISOBER F.S.F. – F.S. CIDADE DE PONTEVEDRA (5-3)
- FISOBER: Sharay, Uxía, Adriana, Paula Fandiño, Lucía Canosa; tamén xogaron: María Dumbría, Carre, Lucía Martínez, Saray.
- Goles: 0-1 min 1 Diana, 0-2 min 14 Laura, ( descanso), 1-2 min 21 Paula Fandiño, 2-2 min 22 Adriana, 3-2 min 34 Paula Fandiño, 3-3 min 36 Tamara, 4-3 min 37 Paula Fandiño, 5-3 min 40 Adriana.
Non podían comezar peor as cousas para as locais xa que no primeiro minuto Diana adiantaba as visitantes. Respostaba o Fisober cunha xogada de Uxía para Adriana que salvaba baixo paus unha xogadora visitante. Novamente Adriana atopabase cunha xogadora visitante para evitar o gol. Despois era Paula Fandiño a que o intentaba. As visitantes tamén tiñan as súas e poñían a proba a Sharay en dúas ocasións, na segunda delas incluso co balón tocando no longueiro. A resposta era por parte de Saraya en xogada individual que tira rozando o pau. Tamén Paula Fandiño o intentaba dende lonxe mandando o balón a escadra. As visitantes tamén tiñan as súas e Laura atopaba o segundo gol a pouco máis de cinco minutos para o tempo de lecer.
Voltou moi forte de vestiarios o conxunto costeiro xa que no primeiro minuto un gran lanzamento de Paula Fandiño reducía distanzas no electrónico. Pouco despois unha xenialidade de Paula Fandiño con envío cara Adriana poñía a igualda no tanteador, con este gran inicio do Fisober. As visitantes tamén tiñan as súas e poñían a proba a Sharay. Era Uxía a que tiña a ocasión para as costeiras esta vez.
Os minutos ían pasando e as da cidade do Lérez vían como Sharay facía as súas paradas. Chegaban os últimos minutos e as visitantes xa con cinco faltas, así que Paula Fandiño despois de aproveitar o rexeite a un dobre penalti lanzado por ela mesma dáballe a volta ao partido e poñía ao Fisober por diante.
O partido estaba tolo e as visitantes igualaban por medio de Tamara. A resposta era unha oportunidade de Carre. Pero un roubo de María Dumbría con pase para Adriana e no rexeite o balón chegaba a Paula Fandiño que de espectacular volea poñía de novo as costeiras en vantaxe. As visitantes arriscaba co xogo de cinco e vían coma nos últimos segundos un roubo permitía a Adriana pechar o partido co cinco a tres definitivo ante o delirio das xogadoras e público local.
1ª Autonómica Feminina, xornada 11
- Resultado: Amarelle Concello Santa Comba - CD Seguridade Galega 5 Coruña FSF (6-1)
- Amarelle Concello de Santa Comba: Eva Igrexas, Elsa, Tania, Nuria, Eva Lema (cinco inicial), Sheila, Violeta.
- Goles: 1-0 Elsa (min. 5); 2-0 Sheila (min. 12); 3-0 Violeta (min. 40); 3-1 María Sequeiros (min. 45); 4-1 Nuria (min. 47); 5-1 Eva Lema (min. 47); 6-1 Eva Lema (min. 50).
O equipo xalleiro do Amarelle Concello de Santa Comba, dirixido por Nacho Tuñas, enfrontábase na tarde deste sábado a un rival directo na zona nobre, ao que lle custou gañar na primeira volta. O partido daba inicio cun conxunto local que quería levar o peso do partido, e adiantarse canto antes no marcador, e faríano aos cinco minutos de xogo cun tanto transformado por Elsa, e que levaba o 1-0 ao marcador. As visitantes intentaban igualar a contenda, pero na medianía do periodo, Sheila conseguía subir o 2-0 ao marcador, e poñer un pouco máis de face o partido
Na reanudación, as do Amarelle seguiron atacando e buscando ampliar distancias; o que conseguiría Violeta a dez minutos do final, subindo o 3-0 ao marcador. No tramo final do partido, o CD Seguridade Galega 5 Coruña FSF conseguía recortar distancias cun gol de María Sequeiros; pero o Amarelle Concello de Santa Comba reaccionaría de inmediato con dous goles de Nuria e Eva Lema, que volvían levar a calma ao partido, cun marcador de 5-1. Xa co partido resolto, chegaría o definitivo 6-1, obra de Eva Lema nas postrimerías do encontro.
A ex do Fisober Eva Lema coa camiseta laranxa
Novas do FSF
- FSF: O Fisober afianza un empate no Carballiño que alonxa o perigo.
- FSF: O Fisober escapa do perigo dende Vigo.
- O Fisober despide o ano con sorriso.
- FSF: As televisivas do Fisober volven cun empate de Vigo.
- FS: O traveseiro evitou alegrías para Fisober e Villa de Cee.