Luns. 04.11.2024
El tiempo

FSF: O Fisober afianza un empate no Carballiño que alonxa o perigo

carballino-fisober
¡
FSF: O Fisober afianza un empate no Carballiño que alonxa o perigo

Ata o Pavillón Paco Chao de O Carballiño se desprazaba na tarde do sábado o Fisober para enfrontarse ao cadro local, acadando un empate, que tamén lle serve para sumar o golaveraxe individual ante un rival directo na zona baixa. O Fisober está na 9ª praza, con 21 puntos, son 8 puntos sobre o propiocadro ourensán, que marca a salvación.

As costeiras chegaron a dominar por 0-2, pero ademais de chegar moi cortas de número, perderon por moitos minutos do mesmo a Saray aturdida despois dun forte balonazo.

Liga Autonómica-Preferente, xornada 16

  • Resultado: GRI CARBALLIÑO-FISOBER FSF (2-2)
  • FISOBER: Sharay, Paula Fandiño, Carre, Uxía, Saray; tamén xogaron: Lucía Martínez, Adriana, María Dumbría.
  • Goles: 0-1min 11 Paula Fandiño, 0-2 min 15 Adriana, ( descanso), 1-2 min 38 Letizia,2-2min 39 Almu.

Comezou forte o Fisober primeiro cunha boa ocasión despois de saída de presión por parte de Saray que envíaba para Uxía pero evitaba o gol a porteira local. As locais conseguían desperezarse e chegaban nun par de ocasións con bastante perigo. O partido abríase con ocasión para ambos lados, primeiro Saray probaba a porteira local e logo eran as do Carballiño as que probaban a porteira costeira Sharay.
Quen si anotaba era cun tiro exterior que petaba nunha xogadora local Paula Fandiño para o cero a un a prol do Fisober. Novamente respostaban as locais pero Sharay paraba o lanzamento. A cinco para fin unha boa ocasión para Uxía, unha Uxía que collía o rexeite e mandaba para que Adriana fixera o cero a dous.
O Carballiño quería reducir distanzas pero entre Sharay e Adriana baixo paus evitábano. Un pase de Paula Fandiño para un remate acorbático de Adriana a piques estivo de ser o terceiro visitante.

A volta de vestiarios algo trocou no partido con menos ocasións para ambos equipos. Os minutos ían pasando e o resultado non trocaba. A mellor ocasión local era desbaratada por Sharay. E na mellor para o Fisober era Paula Fandiño a que facía o mesmo ca outra porteira.
As locais decidiron arriscar co xogo de cinco nos últimos minutos e a tolemía sailles ben. Dous goles case consecutivos nos últimos minutos de Letizia e Almu desfixeron o bo traballo costeiro do resto do partido. Despois da igualada unha dobre ocasión para o Fisober e un dobre penalti ao pau para as locais nos últimos segundos.

A vindeira semana chega o intratable líder a Dumbría o Cidade de Pontevedra, que suma 13 vitorias e 1 empate en 14 partidos.

Categorías Inferiores

Tres encontros das categorías inferiores do Fisober este fin de semana que xogaron coma locais en Corcubión.

O cadete feminino iniciaba a súa andadura na liguiña de Copa Galega no seu grupo Norte dentro da primeira xornada recibindo na tarde do sábado ao Ribeira Lieders no P. Augusto César Lendoiro de Corcubión con triunfo para as visitantes por 0-5. A vindeira semana o Fisober visita ao Viaxes Amarelle.

Na Liga Galega Cadete masculina e dentro da 16ª xornada de liga no grupo Norte o Fisober iniciaba a segunda volta recibindo na tarde do sábado ao Seamo FS Pontedeume no P. Augusto César Lendoiro de Corcubión con triunfo para os costeiros por 7-4. Os goles costeiros foron obra de Adan e Adrián cadanseu dous goles, Leo, Iago Larrañaga e Álex.

Ademais, na Liga Galega Infantil masculina e dentro da quinta xornada de liga no grupo Norte na fase polo título o Fisober visitaba na mañán do domingo ao SDCR Narón O Freixo no P. As Lagoas de Narón con triunfo por 5-0 para os locais.

Novas do FSF

Crónicas do FUTFEM

Novas do Álbum do FUTFEM Galego

Comentarios