Sábado. 20.04.2024
El tiempo

FSF: O Fisober perde o tren de cabeza

Un os cadetes do Fisober
Un dos cadetes do Fisober que tamén competían esta fin de semana
FSF: O Fisober perde o tren de cabeza

Descansaba a familia laranxa do Viaxes Amarelle, tanto na 2 División Nacional como o cadro xalleiro de 1ª Galicia. As que non descasaban foron as do Fisober que, a pesar de facer un gran partido e prantar cara na difícil pista viguesa do segundo clasificado, perde o tren de cabeza, pois o Celanova fica xa a 11 puntos, mentres que propio Bembrive faino a 8 puntos.

No igualado choque, un gol en propia porta rachou un partido igualado. Pero a mala sorte segue cedábdose coas costeiras, que trouxeron de volta unha nova lesión de Vigo, desta vez de Adriana e van infinitas xa esta tempada.

PREFERENTE, XORNADA 8

  • Resultado: BEMBRIVE F.S. – FISOBER F.S.F. (3-1)
  • Fisober: Lía, Adriana, Mai, Paula Fandiño, Carre; tamén xogaron : Kenny, Uxía, Sharay, Saray, María Maroñas.
  • Goles: 0-0 ao descanso, 1-0 min 23 Saray en p.p. , 2-0 min 26 Clau, 3-0 min 31 Isa, 3-1 min 36 Paula Fandiño.

Fisoer en Vigo ante o Bembrive

Comezaban moi fortes as locais facendo intervir xa a Lía nas primeiras xogadas. O Fisober non se amilanaba e respostaba cunha combinación entre Paula Fandiño e Adriana que non era quen de rematala en gol.
Outra ocasión a contra foi unha combinación entre Mai e Carre que non chegou a bo porto. As locais tampouco renunciaban e Lía volvía aparecer de forma milagrosa.
Ademais chegaba a lesión de Adriana que era un inconvinte máis para as costeiras esta tempada. O Fisober comezou a defender de forma moi intensa e as locais intentabano con tiros exteriores. Nun saque de esquina case acadan o gol as olívicas. A resposta foi por parte de Paula Fandiño pero o resultado xa non trocaba nesta primeira metade.

A volta dos vestiarios co resultado gafas, comezaban golpeando as costeiras cun lanzamento de Paula Fandiño que case poñe por diante as visitantes.
O Fisober creaba moitas ocasións e as locais menos pero con gran perigo para Lía. Pero todo trocou cando despois dun saque de esquina Saray introducía o balón na propia portería para poñer en vantaxe as olívicas.
O gol mudou o partido e despois dun roubo chegaría o segundo gol local obra de Clau. O Fisober decidiu arriscar cunha presión moi intensa pero os froitos non chegaban. Quen si se aproveitou foi o conxunto local co terceiro obra de Isa.
As costeiras non se rendían e Paula Fandiño acurtaba distanzas pero o resultado xa non se moveu máis.

A canteira do Fisober

Un dos infantis do Fisober
Un dos infantís do Fisober

Esta fin de semana tan só competían as inferiores masculinas do Fisober e fixérono na tarde do domingo en dobre enfrontamento co Academia RedBlue 5 Coruña nas I.D. de O Conco en Dumbría.

O primeiro partido sería para o Infantil do Fisober en partido correspondente a quinta xornada de Liga Primeira Galicia Infantil Masculina, disputado no Conco fronte ao Academia RedBlue 5 Coruña. O resultado foi de 1-2 a prol dos herculinos con Pablo Bouzas coma colexiado asignado.
Polo Fisober participaron: Brais Dono, Mario, Pablo, Iago, Alex; tamén xogaron: Borja, Martín, Javi, Julián, Suso. O gol costeiro foi obra de Javi nun partido moi igualado.

No segundo partido da tarde xogou o Cadete do Fisober en partido correspondente a quinta xornada de Liga Primeira Galicia Cadete Masculina, disputado no Conco fronte ao Academia RedBlue 5 Coruña. O resultado foi de 2-3 a prol dos heculinos con Pablo Bouzas coma colexiado asignado.
Polo Fisober participaron: Alex Sánchez, Manu, Carlos, Brais Noceda, Mario; tamén xogaron: Leo, Álvaro, Adan Cernadas, Sergio, Manu Vila.
Os goles costeiros foron obra de Manu, nun partido no que os costeiros dispuxeron de catro disparos aos paus co resultado de igualada a cero.

CRÓNICAS DO  FSF

Novas do Futsal

Novas do FutFem

Comentarios