Venres. 11.10.2024
El tiempo

FSF: O Fisober suma e segue

Fisober onde
FSF: O Fisober suma e segue

O Fisober sacaba adiante con solvencia o partido desta pasada celebrado en Lugo no no que recuperaba a Adriana, Patri e Barca pero no que no podía contar con Ana, Uxía, Lucía Martínez, María Dumbría e Saray o cal fixo que Paula Fandiño lucise o brazalete de capitana.

Desta forma o Fisober consegue os seus primeiros puntos a domicilio na tempada e tamén xuntar dos triunfos seguidos por primeira vez na tempada.

Liga Autonómica Preferente Galicia, xornada 4

  • Resultado: ADC LUGO SALA PSICOTÉCNICO DINAN – FISOBER FSF (3-7).
  • FISOBER: Sharay, Adriana, Paula Fandiño, Nuria, Barca; tamén xogaron: Patri, Claudia, Mai.
  • Goles: 0-1 min 5 Mai, 0-2 min 10 Nuriña, 0-3 min 16 Paula Fandiño, 0-4 min 19 Patri, (descanso), 0-5 min 23 Patri, 1-5 min 31 Jenny, 1-6 min 32 Claudia, 1-7 min 38 Barca, 2-7 min 38 Jenny, 3-7 min 39 Jenny.

Aos cinco minutos Mai poñía por diante as costeiras e fixo que todo fora moito máis fácil na visita a terras lucenses no medio das festas do San Froilán. Mediada a primeira metade era Nuriña a que facía o segundo e pouco despois era Paula Fandiño a que poñía xa tres goles por enriba ao conxunto costeiro. Antes de chegar ao tempo de lecer era Patri a que facía o cero a catro e que deixaba encamiñado o partido.

A vindeira semana novo partido a domicilio para o Fisober que nesta ocasión visitará ao Gaiola en Santiago de Compostela.

Categorías inferiores

Foi ademais unha semana intensa para as inferiores do Fisober.

O equipo da Liga Galega Infantil Masculina e dentro do Grupo Norte A o Fisober recibía a visita do Transricard Distrito Ventorrillo FS no pavillón de Corcubión e con triunfo dos visitantes por 2-6.
A semana anterior os costeiros venceran 3-5 na Coruña ao Liceo.

Mentres, na Liga Galega Cadete Masculina e dentro do Grupo Norte o Fisober sumou doble vitoria nestas semanas.

Cadete masculino do Fisober
Cadete masculino do Fisober

Ademais, este mércores día 12 hai a concentración da Liga Galega Alevín Feminina que se disputa no seu grupo B desta vez nas ID de O Conco en Dumbría.
O Fisober xoga a partires das 16 horas fronte ao Lago Dvsport dentro da primeira xornada e dentro da segunda a partires das 19 horas ao SDCR Narón o Freixo. Durante a mañá e a tarde disputaranse outros dous partidos nos que ademáis participa o Arealonga Chapela.

Máis crónicas do FSF.

Novas do FUTFEM

Comentarios