Domingo. 28.04.2024
El tiempo

FSF: O Fisober tamén sabe sufrir

FSF Fisober no banco
FSF: O Fisober tamén sabe sufrir

Segundo partido e segunda vitoria para o Fisober. Desta volta foi no pavillón de Bembrive, en Vigo ante o filial do Mosteiro onde as costeiras acadaron un importante triunfo do Fisober, nun igualado partido e nunha das pistas máis difíciles da competición.

LIGA AUTONÓMICA - PREFERENTE, XORNADA 2

  • Resultado: CD MOSTEIRO BEMBRIVE B - FISOBER FSF (2-3)
  • FISOBER: Sharay, Patri, Paula Fandiño, Andrea, Nuriña, tamén xogaron: Barca, Ana, Saray, Adriana.
  • Goles: 0-1 min 22 Andrea propia porta, 1-1 min 31 Andrea, 2-1 min 32 Andrea, 2-2 min 34 Paula Fandiño, 2-3 min 36 Barca.

O partido comezou moi igualado como se supoñía xa que o filial olívico viña de perder pola mínima fronte o Cidade de Pontevedra e vai dar moita guerra na competición dado o gran nivel das súas xogadoras. As locais tomaron o mando, moi intensas e con moitas gañas de sacar algo positivo do partido. Co paso dos minutos o Fisober foi tomando o tento o partido e tendo as primeiras ocasións claras sobre todo a partir da metade deste primeiro tempo. Pero sen chegar a desnivelar o tanteador.

A volta de vestiarios o Fisober no minuto dous adiantouse mercede a un gol en propia porta da local Andrea. Pero co gol as locais viñeronse arriba e as costeiras baixaron o seu nivel. Así foi como mediada esta segunda metade Andrea rectificou o seu gol en propia cun novo gol pero desta vez para o seu equipo. E case sen dar tempo marcaba un segundo para dar a volta ó electrónico en poñer en vantaxe as locais.

Con estes dous goles as costeiras voltaron a despertar e mostraron os seus mellores momentos. Primeiro era Paula Fandiño a que igualaba cun golazo. E pouco despois era Barca a que facía o terceiro gol costeiro, para darlle novamente a volta ó electrónico.

Nos últimos instantes as locais arriscaron co xogo de cinco pero non acadaron o seu obxectivo, co cal os tres puntos viaxaban co Fisober nun partido moi emocionante e non apto para cardíacos.

A vindeira xornada o Fisober recibe ó Rúa-Valdeorras.

MÁIS CRÓNICAS DO FSF.

OUTRAS NOVAS DO FUTFEM

Comentarios