Domingo. 28.04.2024
El tiempo

FSF: O Fisober arrrinca o curso vencendo a todo un 5Coruña

Xogadiras di Fisober 2023
Xogadoras di Fisober celebrando o 3-2 definitivo
FSF: O Fisober arrrinca o curso vencendo a todo un 5Coruña

Aspira a todo este Fisober, na súa 19ª temporada, tras quedar o curso pasado ás portas do ascenso, e coa volta de grandes xogadoras como Myre ou Patri Romaní. Así o demostraron na durísima proba que tiveron na primeira xornada, no choque disputado no Pavillón de Cee ante o recén descendido, e un dos candidatos ao título, 5Coruña.

Liga Autonómica - Preferente, xornada 1

  • Resultado: FISOBER FSF - 5 CORUÑA (3-2).
  • FISOBER: Sharay, Patri, Paula Fandiño, Adriana, Saray; tamén xogaron: Ana, Barca, Andrea, Nuriña, Myre.
  • 5 CORUÑA: Natalia, María, Leny, María Romero, Sandra; tamén xogaron: Rosalía, Alba, Sainza, Claudia, Ainho, Alba Vázquez, Sarai.
  • 1-0 Barca min 11, 1-1 Claudia min 19, 2-1 min 19 Paula Fandiño, (descanso), 2-2 min 37 Alba, 3-2 min 39 Paula Fandiño.
myre co Fisober
Myre volvía vestir a camisola negra

Partidazo o que se viviu para iniciar a tempada por terras de Cee cun gran ambiente no pavillón, nun enfrontamento intenso, emocionante, vibrante, cheo de goles e de bo fútbol sala.
O Fisober iniciaba o partido moi concentrado e impoñendo o seu ritmo o partido. Co paso dos minutos as coteiras foron sentíndose cada vez máis cómodas sobre a pista e poñendo a proba a Natalia que desvíaba con solvencia as primeiras ocasións locais.
Non foi ata mediada esta primeira metade cando Barca aproveitaba un balón para facer o primeiro gol local.
Co gol seguiron ó seu as locais na busca de poñer máis terra de por medio. Ata que nos últimos minutos as herculinas deron un paso adiante e foron pechando as costeiras que estaban a sufrir o dominio final visitante. Así foi como Claudia despois dun saque de esquina igualaba a pouco máis dun minuto para o fin da primeira metade.
Pouco lles durou a ledicia as visitantes xa que na xogada tralo saque de centro Paula Fandiño voltaba a adiantar o Fisober cun auténtico golazo. Co dous a un chegouse o tempo de lecer.

Na segunda metade os dous equipos desperezaron e apareceron as porteiras que evitaban que o resultado se movese. O partido era unha delicia para os siareiros. Pasaban os minutos e nada trocaba, ata que a pouco máis de dous minutos para o fin igualaban de novo as herculinas por medio de Alba.
Era todo un mazazo para as costeiras, pero como sempre demostran non se renden e a un minuto vinte para o fin Paula Fandiño novamente poñía o definitivo tres a dous no electrónico. O 5 Coruña arriscou co xogo de porteira xogadora pero quen case marca foi Paula Fandiño cun tiro que deu nos dous postes e saíuse.

andrea co Fisober
Andrea foi a outra redebutante

A vindeira semana visita posiblemente o domingo a Vigo.

MÁIS CRÓNICAS DO FSF.

OUTRAS NOVAS DO FUTFEM

Comentarios