Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O FSF Vila de Cee rexeita competir e exponse ás duras sancións da Federación

FSF VIlla de Cee retirase da competicion
O FSF Vila de Cee rexeita competir e exponse ás duras sancións da Federación

”Por responsabilidade, o FSF Vila de Cee recentemente ascendido á 3ª División Nacional de Futbol Sala, decide non iniciar a liga e exponse a duras sancións por parte da federación”. Así de rotunda se amosa a directiva do club ceense, tras ter solicitado o adiamento á federación do inicio da competición como consecuencia da segunda ola do Covid-19.

Unha petición que tamén fixeron o Baíña FS, Outeiro de Rei e Unión GR9, clubs que tamén consideran que “mobilizar cada semana a máis de 15 persoas para adestramentos e partidos por toda Galicia non é conveniente e só axudaría á propagación do virus”. De feito a día xe hoxe hai vilas como Carballiño ou Ourense con confinamentos parciais que teñen clubs na categoría.

Os clubs cren ademais que “os protocolos non son os correctos e son caros, o cal elevaría os custos do club nun ano onde a situación non é nada boa”, nestas categorías amateur. “É o momento de priorizar a saúde da xente, os empregos e a educación regulada de nenos e novos”, explican. De feito, no caso do FSF Vila de Cee , a maioría dos xogadores son ou traballadores, estudantes e conviven coas súas familias. “O xogar nestes momentos expoñeríaos xa non só a contagios, senón tamén a confinamientos constantes como está pasando noutras ligas que se están intentando disputar por Galicia (véxase o caso do Balonmano Cangas con máis de 11 positivos ou o Leis Pontevedra de 2ªB que levan máis de 5 días confinados nas súas casas)”.

Dende a directiva centoleira, explican que ”o FSF Vila de Cee sempre foi un club cunha gran actividade social e, os seus directivos consideran que comezar a liga agora sería un acto enorme de irresponsabilidad con toda a sociedade ceense e comarca de Costa dá Morte, así como para toda Galicia, unha irresponsabilidade coa xente maior, coa poboación de risco, cos autónomos, cos pequenos comercios de, cos estudantes e cos sanitarios que outra vez volven estar nunha situación complicada”.

A renuncia, como única saída

Logo de varias reunións coa Federación, o club sinala que “a única solución que nos ofrecen é a renuncia á praza de Terceira e/ou expoñerse a posibles sancións. En ambos casos o club descendería á última categoría (liga local) e non podería volver xogar nesa categoría durante un número de anos”.

Unhas sancións que comprometerían o futuro do club. “Isto sería un gran prexuízo para un club, que chegou a Terceira a base dun proxecto e un traballo constante desde fai máis de 10 anos. Crear un proxecto serio cunha ampla base social, con xogadores da canteira (unha canteira que conta con máis de 100 xogadores), cun gran traballo non só de xogadores, técnicos e directivos, senón tamén de todo un pobo como Cee que apoiou ao club en todo momento, cun gran esforzo de moitos patrocinadores, e un gran traballo das institucións que desde o minuto 1 do proxecto aportaron aos ceense a crecer e ir ascendendo categorías ano a ano”.

En todo caso, “o club non se dará por vencido e loitará por non iniciar a liga nestes momentos. Seguirá solicitando o adiamento ata xaneiro xa que nada indica que nas próximas datas a situación mellore senón todo o contrario. En caso de ser sancionados de forma tan grave, levarán a cabo distintas medidas, movilizaciones e recorrerán á Xunta de Galicia ou outras institucións para evitar esta situación tan gravosa e que por querer ser responsables e apostar pola saúde, castiguen ao club dunha forma tan dura”.

Rematan cun claro: “Nunca nos perdoariamos ser responsables de contagios ou mortes por empezar unha liga amateur sen garantías. Queremos ter a conciencia tranquila, aínda que iso supoña desaparecer como club ou ter que arrincar de cero”.

Comentarios