O Fútbol da Costa volve cun ollo no Cairo e outro nas 1ª e Preferente

Imaxe dun choque entre Baio e Fisterra esta pretemporada
Imaxe dun choque entre Baio e Fisterra esta pretemporada
O Fútbol da Costa volve cun ollo no Cairo e outro nas 1ª e Preferente

Primeira fin de semana de setembro e volven as competicións ao Fútbol da Costa. Un Fútbol da Costa que está moi pendente do Triangular Solidario polos lumes que se celebra o domingo no Cairo, pero que terá os primeiros partidos oficiais na Preferente e na 1ª FUTGAL.

Na Preferente, arrinca o proxecto do Dumbría e faino ás 19:30h ante o Dubra. Os de Pablo Conde, con novidades como o ceense Berto Fandiño (Betanzos), o camariñán Javi Souto (Sofán) ou o fisterrán Juan Trillo (Fisterra), pero cun bloque que xa demostrou o seu poderío gañando a campaña pasada.

Precisamente ata Betanzos desprazarase o Sofán para abrir a campaña. Os de Pablo Torreira, manteñén o bloque que tan ben competiu o ano pasado, chegando á promoción, e suman xogadores da talla de ván Rosero (Orillamar), Isma (Arzúa), Julián Cortes (Orillamar), Pastoriza (Atlético Arteixo) ou Izán (Atl Coruña Montañero).

Na 1ª

Poucas revolucións hai tamén nos equipos costeiros da 1ª. O recén ascendido, Camariñas, confía no seu equipo da casa para afrontar o desafío da liga provincial, con poucos nomes novos como Anxo, que volve a casa, o xaviñán Anxo (procedente do Cee) e Asier (xuveníl). Os de Cabrejo estréanse na casa ante o Bertamiráns nunha tarde de festa.

O Muxía de Pataca estrea a temporada en Tordoia, con novos xogadores como o porteiro cormelán Joel, o dumbriés Charly (do Pereiriña), o muxián Antón Pose (Dumbría) e Brais Fernández (Dumbría).

Si que hai grandes novidades no Castriz de Miguel Chouza. O brigadista terán un ollo no Cairo, onde sairá tamén o seu nome en agradecemento ao seu traballo na extinción dos lumes do país, pero non poderá acodir porque debuta no municipal da Laracha ante o Caión. Chouza ten moitas sorpresas, combinando experiencia como o mítico Chapela (ex de Zas, Soneira, Mazaricos ou Agrón, onde marcou 40 goles en 40 partidos como titular, e Juanjo (Dumbría); con rapazada como Salama (Bertamiráns), Íker Muiño (o porteiro procedente da base do Dumbría), Fabio Blanco (procedente dos xuvenís do Compostela), Óscar Feal (ex da base do Bergan e do Conxo), ou Fabio Barbeira (ex do Mazaricos e Xallas).

Pola súa parte, a Esteirana trae moitas novidades, como o propio banquillo que estará dirixido por Adán Vara, que aínda o ano pasado estaba no campo. Xa na portería contará con Alejandro Guillermes (do Bertamiráns), Anxo (aínda xuvenil do Bertamiráns), Raúl (Lira e Dumbría), ou o muradán Hugo. O equipo estréase ante a súa afección ante o Cacheiras.

A meirande revolución aconteceu en Fisterra, con ata 9 baixas, e caras novas como Juan Formoso e Lois (do Lira), o porteiro Adrián Suárez (Muxía) ou os xuvenís Aarón Domínguez, Guille e Martín Canosa , xa que eran habituais o ano pasado. O equipo estará comandado por Leo Picallo e Adrián Makaay, que compaxinará o banco co campo. A estrea, este domingo ás 19:30h en Ara Solis ante o Calo.

Os horarios en www.futboldacosta.com.

Comentarios