Conta atrás para o triangular solidario polos lumes

Xa non queda nada para o Triangular Solidario polos lumes que se vai desenvolver este domingo 7 de setembro no Cairo. A partir das 17:00h da tarde, o campo cormelán convertirase no centro solidario da rexeneración, acollendo un triangular que servirá para recadar fondos para un proxecto de rexeneración forestal, pero ademais será unha homenaxe aos brogadistas e tractoristas que traballaron arreo na extinción dos lumes de Corme e Ponteceso.
Ás 17:00h, saltarán ao campo o Corme CF e un equipo formado por brigadistas da Base Helitransportada da Lomba que están vinculados co Fútbol da Costa, dando conta de novo do poder social do noso deporte. De seguido enfrontaranse o equido BH Lomba co Ponteceso SD, pechando a xornada o derbi que preparará aos dous equipos para o comezo, a semana que vén, na Liga da Costa.