Sábado. 18.05.2024
El tiempo

Fútbol Feminino: Sufrindo na adversidade

Fútbol Feminino: Sufrindo na adversidade
Barbara coas Miudas Bárbara no choque das Miúdas-Foto-Chema Caamaño

Sufriron as Miúdas máis dunha hora cunha menos sobre o céspede do Eleuterio Balayo ante unhas das favoritas. Pero a ampla derrota non minimiza o esforzo das guerreiras muradás.

Nas Eiroas, reparto de puntos entre dous equipos da zona media da táboa tras un choque sen goles, no que as de Gueli tiveron máis ocasións pero non estiveron acertadas.

 

2ª División, Grupo 2, xornada 12

  • Resultado: As Miúdas - Villestro (0-6)
  • As Miúdas: Julia, Paula, Gala, Isa, Antía, Laura, María, Leti, Marta, Sara Cubelo e Bárbara. Entraron: Lucía, Iria, Yaiza, Irea e Melody.
As Miudas no Eleuterio Balayo As Miudas no Eleuterio Balayo-Foto-Chema Caamaño

Chegaban a Muros as segundas clasificadas da competición, despois de vencer con comodidade na primeira volta. As de Fran Figueroa saían conscientes da superioridade visitante e que tiñan que dar o 200% e empezaban cun alto ritmo, ante un Villestro que combinaba e combinada. As Miúdas esperaban en campo propio e meténdolle intensidade na disputa cando as de Roxos poñían un pe no campo “rosinegro”, impedindo atacar con claridade. Pero un erro de Antía no control tras un balón permitiulle á dianteira do Villestro abrir o marcado.

Continuaba o mesmo guión, ata que no ecuador do primeiro tempo o partido se rompía cin penalti e un excesivo cartón vermello a Isa. Con 10, as muradás aguantaron a primeira metade e mesmo tiveron varias chegadas da man de Bárbara, Marta e Leti.

A segunda foi de claro cor visitante, pero as locais nunca lle perderon a cara ao partido e non se deixaron levar. Só cando as forzas das Miúdas afogaron, o Villestro ampliu a vantaxe ata endosar un set en branco que, en todo caso, non impide analizar o partido como unha demostración de saber sufrir das guerreiras da Costa da Morte.

Fernando coas Miudas Fernando coas Miudas-Foto-Chema Caamaño  

2ª División, Grupo 1, xornada 16

  • Resultado: Bergantiños - Bexo Lema (0-0)
  • Bergantiños: Lucía, Laura Rabuñal (A. García 58), Eva (L. Fariña 80), Seo, Paula (Sabrina 65), Lore, Noe, Laura Torrado (Ale 73), Isa, Tamy e Laura Cambón (Lucía Canosa 45).
Bergantinos Feminino nas Eiroas Bergantiños Feminino nas Eiroas

Partido igualado e moi competido no que si se decidise aos puntos gañaría o Bergantiños ao dispoñer das ocasións máis claras. Os primeiros minutos, as visitantes fixéronse co dominio, pero non creaban ocasións claras debido á boa disposición da zaga local. O Bergantiños atopábase cómodo saíndo á contra. Tamy e Noe terían as ocasións mais claras para as locais, pero a porteira visitante Anabel estaría moi segura en todas as súas accións. Algunha chegada do Brexo sen demasiado perigo antes do descanso.

Tralo descanso, a mesma tónica dos primeiros 45 minutos, moita igualdade e poucas ocasións. Alicerce poñería en apertos á porteira carballesa Lucía, que estaría acertada baixo paus. Nos minutos finais, as xogadoras de Gueli buscaron a portería rival con mais ahínco, e a raíz diso chegarían as ocasións máis claras. Outra vez Anabel sacaría un gol case cantado a un tiro de Laura Torrado, e Tamy nun man a man non estaría acertada na última xogada de perigo do partido.

 

Crónicas da tempada do Fútbol Feminino

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios