Mércores. 24.07.2019
El tiempo

O Fútbol Galego recoñeceu a labor dos Rapacollóns, o traballo de canteira do Outes e toda unha vida de Manuel Vecino adicada ao Coristanco

Expedición da SD Fisterra recollendo o premio a Mellor Afección do Fútbol Galego
Expedición da SD Fisterra recollendo o premio a Mellor Afección do Fútbol Galego
O Fútbol Galego recoñeceu a labor dos Rapacollóns, o traballo de canteira do Outes e toda unha vida de Manuel Vecino adicada ao Coristanco

Xa co ollo posto na VI Gala do Fútbol da Costa - QPC, o fútbol costeiro fixo parada na Cidade da Cultura. Alí, a Real Federación Galega de Fútbol facía entrega dos Premios do ano na Gala do Fútbol Galego.

Dous deles repártense en cada delegación (a RFGF toma a Costa como tal, máis que como subdelegación que é). Aí, o Outes FC levou o premio polo seu traballo no fútbol base. Ademais, a longa lista de premios “Toda unha vida”, a directivos ou colaboradores dos clubs, este ano recae nun dos grandes veteranos da Costa, Manuel Vecino, eterno presidente do SD Coristanco.

Pero ademais hai un galardón a nivel galego que recaeu na Costa, que non é outro que o de Mellor Afección de Galicia, como non, para os Rapacollóns da SD Fisterra.

Manuel Vecino con Silvia Cancela-Toda unha vida adicada ao Coristanco
Manuel Vecino recibindo o premio a Toda unha vida adicada ao Coristanco da man de Silvia CancelaBenedicto recibindo o premio ao traballo de base do Outes
Benedicto recibindo o premio ao Outes polo traballo de canteira da man de Manuel Corredoira

Bebeto e Juan Jesus recibindo o premio do Futbol Galego
Bebeto e Juan Jesús recibindo o premio aos Rapacollóns como Mellor Afección do Fútbol Galego

ano pasado foron Suso da Torriña e Os Miúdos os recoñecidos. No 2017 a RFGF recoñeceu a labor de Vicente Carril, Severino Amarelle, Desi e o Dumbría, mentres que en 2016 o ente federativo lembrouse de Abdoulaye e do Muxía.

Novas relacionadas

Comentarios