O Fútbol Galego recoñeceu a labor dos Rapacollóns, o traballo de canteira do Outes e toda unha vida de Manuel Vecino adicada ao Coristanco
Xa co ollo posto na VI Gala do Fútbol da Costa - QPC, o fútbol costeiro fixo parada na Cidade da Cultura. Alí, a Real Federación Galega de Fútbol facía entrega dos Premios do ano na Gala do Fútbol Galego.
Dous deles repártense en cada delegación (a RFGF toma a Costa como tal, máis que como subdelegación que é). Aí, o Outes FC levou o premio polo seu traballo no fútbol base. Ademais, a longa lista de premios “Toda unha vida”, a directivos ou colaboradores dos clubs, este ano recae nun dos grandes veteranos da Costa, Manuel Vecino, eterno presidente do SD Coristanco.
Pero ademais hai un galardón a nivel galego que recaeu na Costa, que non é outro que o de Mellor Afección de Galicia, como non, para os Rapacollóns da SD Fisterra.
Manuel Vecino recibindo o premio a Toda unha vida adicada ao Coristanco da man de Silvia Cancela
Benedicto recibindo o premio ao Outes polo traballo de canteira da man de Manuel Corredoira
Bebeto e Juan Jesús recibindo o premio aos Rapacollóns como Mellor Afección do Fútbol Galego
O ano pasado foron Suso da Torriña e Os Miúdos os recoñecidos. No 2017 a RFGF recoñeceu a labor de Vicente Carril, Severino Amarelle, Desi e o Dumbría, mentres que en 2016 o ente federativo lembrouse de Abdoulaye e do Muxía.
Novas relacionadas
- Dumbría acolle a VI Gala do Fútbol da Costa - QPC, o broche de ouro á temporada.
- 2018: Suso da Torriña e Os Miúdos, recoñecidos na Gala da RFGF.
- 2017: Vicente Carril, Severino Amarelle, Desi e o Dumbría, presentes na Gala do Fútbol Galego.
- 2016: Abdoulaye e o Muxía, e a nova sede de Baio, protagonistas das Galas da Federación.