FutFem: O Bergan arrincou a tempada cunha vitoria no debri ante o Paisaco
Se ben o Gr.3, o das Miúdas e o Cee, non comeza ata o día 22, si que arrincou o Gr.1, onde compite o Bergantiños, ante os equipos da área da Coruña e Ferrolterra. E o cadro de Gueli comezaba cun bonito derbi ante o Paiosado de David Castro, nun ambiente espectacular vivido nas Eiroas.
Bergantiños - Paiosaco (2-1)
- Bergantiños CF: Lara Sánchez, Lara Rabuñal, Ali, Seo, Tati, Lore, Vimi (Torrado, min.70), Noe (Lucía Canosa, min.65), Claudia (Isa, min.72), Cruz, Alba (Carla, min.82).
- UD Paiosaco: Colo, Nuria, Vero, Muíño, Érika (Ana, min.85), Ainhoa (Marta, min.61), Chus, Leti, Carla, Amanda, Fanny (Almu, min.73).
- Goles: 1-0, min.12: Alba a pase de Cruz; 1-1, min.39: Fanny; 2-1, min.72: Isa a pase de Cruz.
O choque non deixou tempo para probaturas, e antes do primeiro cuarto de hora, un erro na saída do balón das verdibrancas era aproveitado por Cruz, que cedía para que Alba abrise o marcador. Cruz e Alba puideron sentenciar nos minutos posteriores pero Colo estivo acertada, como ao longo do encontro.
Antes do descanso, o erro cometíano as locais e era Fanny a que empataba o choque.
A segunda foi tremendamente igualada, cunha ocasión doble inmellorable para as locais á saída dun córner que salvaría Colo; e outra para o Paisaco, na que Muíño non chegaba a rematar. Foi de novo Cruz a que rompía a liña defensiva rival cunha internada por banda e un pase da morte que non desaproveitaría Isa para poñer por diante ás vermellas.
Os últimos minutos foron de tensa igualdade, pero sen chegadas claras, deixando os puntos nas Eiroas.