Luns. 18.11.2019
El tiempo

Futfem: Bergantiños e Mazaricos suman de 3 en 3

Choque do Mazaricos Feminino na Picota
Choque do Mazaricos Feminino na Picota
Futfem: Bergantiños e Mazaricos suman de 3 en 3

Descansaban os equipos do Gr.3 da 2ª División Feminina, pero non o facían nin as do Gr.1 (que ten un equipo máis) non as do F7. E a fin de semana saíu positiva.

O Bergan rozaba a perfección en Abellá, e endosaba unha boa goleada con demostración de Noe Vimi.

Ademais, o Mazaricos segue competindo moi ben na casa, onde seguen invictas, e buscan seguir escalando posicións na táboa.

2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.3, XORNADA 9

  • Resultado: Abella - Bergantiños (3-6)
  • Bergantiños: Sánchez, Sabrina, Tati, Sei, Ali, Lore, Yaiza, Vimi, Cruz, Alba e Isa. Tamén xogaron, Noe, Canosa, Torrado, Eva e Rabuñal.
  • Goles: 0-1, m.5: en propia meta tras un córner botado por Noe Vimi; 0-2, m.19: Isa; 0-3, m.24: Noe Vimi; 0-4, m.28: Cruz; 0-5, m.32: Noe Vimi de vaselina; 1-5, m.58; 2-5, m.66; 2-56, m.69: Noe Vimi; 3-6, m.80.

Bergantinos Feminino en Abella

Partido precioso o que se puido ver baixo a choiva en Abellá. O Bergantiños non deu opción ningunha ao seu rival, e nos primeiros 45 minutos roldou a perfección. Comezou o partido cun Bergantiños disposto a dominar e ser o protagonista do partido e así foi, xa desde o minuto 1 con chegadas e ocasións claras e sen deixar respirar ao rival. Tanto era así que non tardaron en chegar as primeiras ocasións, nos pés de Isa, Cruz, e Alba, pero non atinaban. No minuto 5 tras un córner botado por Vimi e que se coaba directo na portería do Abellá, foi tocado por unha rival e o balón acababa no fondo das mallas do Abellá.
Non cesaría o Bergantiños co seu gran xogo e chegadas con perigo que no minuto 18, Isa cunha gran definición, subía o 0-2 ao marcador.
Non tardaría moito en chegar o terceiro obra de Vimi que no minuto 24 e desde o lado dereito e cun gran disparo metería un golazo e empezaría así o seu día triunfal cun recital de traballo, xogo e goles.
Dúas ocasións mais seguidas en senllas internadas por banda de Alba que cedería a Isa e a Cruz, pero estas non serían quen de aumentar a renda. No minuto 28 Cruz subía o 0-4 nun gran xogada levada de esquerda a dereita, o balón chégalle a Alba, á que só lle faltaría o gol logo dun gran encontro, que cedería a Cruz e esta non perdoa ante a porteira rival.
Sucedíase o gran xogo e as ocasións, e de novo Cruz tras un gran pase de Vimi non perdoaba cunha vaselina e subía o 0-5 ao marcador, unha Cruz que nesta xogada lesionábase e tiña que ser substituída.

Saltaban os dous equipos de novo ao terreo de xogo trala reanudación cunha segunda metade diferente á primeira xa que o Bergantiños baixaba a súa intensidade debido ao resultado e ao seu gran traballo físico, e un Abellá que empezou a poder practicar algo máis o seu fútbol e con intensidade e xogo directo, cambio bastante de imaxe.
No minuto 58 o Abellá reducía diferenzas nun erro defensivo vermello que aproveitaría o equipo local para poñer o 1-5 no marcador, a raíz disto o Abellá, sentiríase máis cómodo e ocasionou algunha ocasión, e no minuto 66 e tras unha gran xogada do equipo local chegaría o 2-5 ao marcador.
Tras isto reaccionaría o Bergantiños que vía como o Abellá estaba mellor neste inicio de segunda metade e tanto foi así que Vimi no minuto 69 tras unha gran xogada individual definía cun golpeo cruzado e poñía terra polo medio co 2-6 . Tras isto intercambio de acciónes no que o Abellá lanzóun balón ao poste e tivo algunha chegada, sen moito perigo ante a meta defendida por Lara, e o Bergantiños con colocación rexeitaba ben as chegadas.
Pero no minuto 81 o Abellá acurtou distancia cun gran remate desde a frontal que se coaba preto da escuadra vermella.

LIGA F7, GRUPO SANTIAGO, XORNADA 8

  • Resultado: Mazaricos - EF Lalín (3-1)
  • Mazaricos: María Pedrosa, Graci, Yas, Ainara, Tamara, Anxe e Lúa. Tamén: Iza, María Senra, Lucía Freire, Sheila, Rita, Daniela e Katia.
  • Goles: 0-1, m.8; 1-1, m.12: Yas; 2-1, m.14: Graci de falta; 3-1, m.59: Yas.

7 inicial do Mazaricos Feminino

Bo partido das amarelas, que comezaban moi mentalizadas de que na casa hai que ir polo partido e xogaron con moito ritmo dende o primeiro. A mala sorte púxolles, en todo caso, por detrás no marcador. Pero souberon reaccionar ben facendo un xogo moi vistoso. E conseguiron igual o partido 4 minutos despois, por medio de Yas.

As costeiras levaron sempre a iniciativa do partido, e estaban moi serias atrás, e aproveitando a inercia Graci facía o segundo de falta pouco despois. Aparecíu tamén Daniela, nova fichaxe das amarelas, que vai aportar moito en ataque.

As visitantes tiñan algunhas ocasións de tiros lonxanos que detivo moi ben María, que fixo un gran partido incluso tivo a piques de meter gol dunha portería a outra. Gran parrido tamen de yas que metiu o segundo gol na sua conta particular cara o final do partido para sentenciar.

Novas do FutFem

NOVAS DO FSF

Comentarios