Futfem: O Bergantiños ponse líder en solitario

Poucos partidos para os equipos costeiros na Futfem, xa que no Gr.C descansaba o Cee e As MIúdas viron suspendido o seu partido ante o Pastoriza B.
No B, o Bergantiños de Gueli e René quedan líderes en solitario tras superar ao Crendes, mentres que o Cerqueda caía ante o Victoria.
2ª Div. Feminina, Gr. B, xornada 3
- Resultado: Victoria - Cerqueda (2-1)
- Cerqueda: Nuria, Mónica, Paula Veiga, Lucía Canosa, Almu, Raquel, Ana María, Eva, Uxía, Lucía Dourado, Lorena Chouciño. Tamén: Michelle, Ludia, Isabel e Nayara.
Goles: 1-0, m.7: de penalti; 2-0, m.37: Mirian; 2-1, m.86: Lidia
Comezaban regular as de Jorge Guillamet, e parecía dende o comezo ía ser un deses días nos que non sae nada. Xa se adiantaban, dende os 11 metros, as locais, polo que dinámica das malpicás foi decanedo. O Victoria cun partido moi serio, puxo o 2-0 antes do descanso.
Melloraron as costeiras pero só conseguiron recurtar distancias no treito final, sen tempo para empatar.
2ª Div. Feminina, Gr. B, xornada 3
- Resultado: Bergantiños - Xuv. Crendes (3-0)
- Goles: 1-0, m.15: Noe; 2-0, m.77: Alba de vaselina; 3-0, m.90: Carla.
Chegaban ás Eiroas os dous equipos como líderes empatados a 4 puntos, e xa se notaba desde o quecemento que sería un partido moi disputado. O Bergantiños levaría a batuta e Crendes esperaba, defendía e saía á contra. Así comezou, pero o Crendes sorprendía cunha presión adiantada e unha intensidade alta, que dificultou ás bergantiñás. Así e todo ían chegando as ocasións e ao cuarto de hora, un bo pase en profundidade chegaba a Noe que non fallaba diante de Andrea e subía o 1-0 ao marcador. De aí ao descanso, control local pero con moita desputa no medio campo e poucas chegadas ás áreas.
Na segunda metade o Bergantiños adianto liñas e apretou máis arriba querendo pechar o partido e cunha Lore estelar que se facía con todo balón ao seu paso, e Yaiza no traballo de asociación. Ambas conseguían manter a raia ás xogadoras visitantes e nunha desas asociacións de Yaiza con Alba, esta meteulle o balón en profundidade a Noe que se planta ante a porteira visitante Andrea e lle fai un paradón. Noutra saída de Yaiza co balón, combina con Cruz que mete para que Alba faga unha fermosa vaselina.
As bergantiñás visitasen a próxima xornada a un rival sempre incómodo como é o Ordes.