Futfem: O Cee e o Bergan manteñen o pulso na zona noble
Boa semana para ceenses e bergantiñás. O Bergan, coa goleada na Coruña, fica no pelotón de cabeza, a só unha vitoria do liderato, nunha situación practicamente idéntica que este novo Cee, que segue demostrando un poderío fantástico e se mantén no podio. Mentres, as Miúdas caes á zona media da táboa tras caer en Rianxo ante unha discutida actuación arbitral.
Pola súa banda, as mazaricás saíron á Estrada co partido gañado e aos 7 minutos xa levaban 3 tantos na mochila. Unha renda imposible de recuperar.
2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.3, XORNADA 5
- Resultado: Unión - As Miúdas (3-1)
- As Miúdas: Adriana, Marcela, Paula, Martina, Isa, Antía, Laura, Leti, Gala, María e Pati. Tamén xogaron: Eva, Sofía, Mariña, Saray e Ana.
- Goles: 1-0, m.40; 2-0, m.56; 3-0, m.80; 3-1, m.84: Pati.
As Miúdas tinguiron as mans de rosa polo Día Internacional contra o Cancro de Mama
Duelo de igual a igual o vivido en Vilas, que se decantou polo maior acerto das locais. O dominio inicial era para as Miúdas, que coa leción aprendida de outras citas sairon máis concentradas que en envites anteriores e conseguiron levar o xogo a campo rival, aínda que nesta ocasión non se concretaron as boas ocasións ante a gardamallas de Rianxo. Marcela disporía de 2 clarísimas pero unha foise a rentes do pau e a máis fácil chutaría forte por riba do longueiro cando case cantaban gol. As de Asados creaban perigo ás costas da zaga visitante aproveitando os erros nas coberturas das centrais pero tampouco afinarían ante Adriana.
Pasada a media hora o colexiado expulsaba ao adestrador local por “abandonar” o campo e paraba o partido ata que chegaran os axentes da orde, ante a sorpresa de xogadoras, corpos técnicos e afeccionados.
Tras un cuarto de hora de parálise, as locais saían máis listas e aproveitaban un erro para abrir o marcador. Antes do descanso Leti tivo o empate para as de Muros, pero ca meta xa batida confiouse en exceso e a central rouboulle a carteira.
Na volta de vestiarios a primeira xogada sería o colmo do despropósito: balón en largo que outra vez sorprende ás centrales e planta a Alejandra ante Adriana, a porteira choca na saída coa atacante pero non evita que marque gol, quen si o evita é o colexiado que sinala penalti e expulsión ante a sorpresa de todas. Laura asume (outra vez máis) poñerse baixo paus, e por duas veces detén o penalti lanzado pola propia Alejandra que se víu privada dun gol legal, tendo que repetir o lanzamento porque según o trencilla había xogadoras pisando a media luna da area no momento do lanzamento. Estiveron o resto do encontro máis metidas as locais, facendo dous goles antes do arreón final das muradás, que só puideron facer o gol da honra a 5 do final por medio de Pati.
Xusta vitoria para as de Asados que manexaron mellor o nerviosismo provocado polo colexiado e estuveron máis acertadas cara a porta.
2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.3, XORNADA 5
- Resultado: Cee - Victoria (2-1)
- Cee: Noemi, Lucía Sendón, Lucía Barreiro, Marta Sambade, Nerea, Lucía Canosa, Saray, Sharay, María Lijó, Uxía e Laura Garrote. Tamén: Naira, Laura Blanco, Lucía Brión e Lucía Martínez.
- Goles: 0-1, m.7: de penalti; 1-1,m .60: Saray; 2-1, m.92: Saray.
Adiantáronse as visitantes nun penalti aos 15' e pese a non facer o mellor partido, as de Rafa tiveron tres claras ocasións para darlle a volta ó resultado antes do descanso pero a boa actuación da porteira rival e dous paos evitaron que anotaran.
Na segunda metade seguían imprecisas as locais ante un equipo moi ordenado pero cando máis igualado esta o partido, Nerea baixa un balón nun córner moi pasado e deixa ó borde da área para que Saray Duarte meta un golazo por toda a escadra. No último suspiro, xa no desconto, de novo Saray Duarte cunha volea lonxana deu a vitoria as ceenses que se manteñen na zona noble.
2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.1, XORNADA 7
- Resultado: Silva- Bergantiños (0-11)
- Bergantiños: Sánchez, Torrado, Eva, Seo, Tati, Yaiza, Claudia, Carol, Vimi, Alba e Cruz. Tamén xogaron: Carla, Rabuñal, Saskia, Lore e Sabrina.
- Goleadoras: Cruz (2), Alba (3), Carol, Torrado, Carla (3) e un en propia.
Gran partido para o cadro de Gueli o que se puido ver na Grela cun Silva moi renovado que non cesou na súa idea de aguantar atrás e buscar roubos e saídas rápidas, e un Bergantiños que dominou por completo e que aproveitou cada erro das locais. Cruz abríu o marcador moi pronto nun córner, e aos 20 minutos xa facía o segundo a pase de Seo. Antes do descanso xa chegarían dous goles máis, o terceiro nunha xogada de mala sorte das locais (tras unha fermosa vaselina de Cruz, iso si), e o cuarto da man dunha Carol, que asinou un gran encontro con tan só 13 anos e cun futuro moi prometedor.
Alba e Carla fixeron sendos tripletes nos segundos 45 minutos.
LIGA F7, GRUPO SANTIAGO, XORNADA 6
- Resultado: Estrada - Mazaricos (4-1)
- Mazaricos: María Pedrosa, Graci, Yasmi, Lucía Freire, María Senra, Tami, Fátima. Tamén: Inés, Ánxela, Lúa, Iza, Jeni e Sheila.
Saíron durmidas esta fin de semana as amarelas, moi perdidas en defensa, e aos 7 minutos xa levaban 3 tantos ao lombo. A partir do cuarto de hora espertaron e comezaron a combinar, pero as locais xa decidiran afianzarse atrás e non cometer riscos. Yas e Graci non tiñan espazos para facer dano.
Tralo descanso, saíron moi enchufadas as visitantes. Gracias recurtaba pronto cun golazo de tiro lonxano, pero non era o día e non foron quen de meterse no partido.
Novas do FutFem
- Xornada de boas sensacións.
- Trío de derrotas.
- Trío de vitorias.
- FútFem: Un trío de potencias para levar ao Mazaricos á súa primeira vitoria.