FutFem: Cee e As Miúdas colócanse ben arriba mentres o Mazaricos non sae da zona baixa
Segue este Cee feminino facendo historia e o domingo non tiveron piedade do pechacancelas, ese manteñen no podio da clasificación, a só 3 puntos do liderato tras sumar 5 vitorias en 6 partidos. Xusto por detrás colócanse xa As Múdas. Foi o desta semana o mellor partido da temprada para o cadro de Fer e Fran, que dominaron dende o comezo ao Bandeira, e venceron con rotundidade.
Ademais, se ben o Bergan descansaba, o Mazaricos caía na súa visita ao Vista Alegre.
2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.3, XORNADA 6
- Resultado: As Miúdas - Bandeira (3-0)
- As MIúdas: Laura, Gala, Paula, Marcela, Antía, Leti, María, Pati, Ainoa, Eva e Iria. Tamén xogaron: Ana, Sabela, Aitana, Saray e Mariña.
- Goles: 1-0: Antía tras penalti cometida sobre Ainoa; 2-0: Ainoa; 3-9: Gala.
As Miúdas-Foto-Sesi Arcos
Pronto empezaron a dominar as Miúdas metendo as de Bandeira en campo propio e achegándose con perigo á meta de Denise, que en parte evitou un resultado máis claro. A presión era alta e os envites sucedíanse nos pes de Pati, capitana onte pola baixa de Martina, que rubricou un gran partido só empañado pola falla de acerto cara a rede. O duelo levaba a guía de Leti e María, coa batuta no medio do campo movían o balón con perigo e recuperaban rápido tras pérdida en campo rival.
Ainoa coas internadas facía moito dano e a defensa só a paraba con faltas. Nunha desas a falta era dentro da área e Antía non despediciou a ocasión para poñer por diante ás súas aos 20 minutos. Antes do descanso, Ainoa facía o segundo para o delirio da bancada.
Á volta das casetas mesma tónica e turno para as Miúdas máis novas, debut de Aitana, que con so 13 anos dou mostras de brega incansable dende o medio campo e pronto sacudeu o nervio no seu primeiro día de “traballo” oficial. Gala poría a puntilla de maneira espectacular, cun golazo olímpico dedicado a José María García, que esta semana saía de ton dicindo que “as futbolistas non teñen forza”.
2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.3, XORNADA 6
- Resultado: Nicrariaense - Cee (0-8)
- Cee: Nemi, Lucía Rod., Lucía Barreiro, Marta, Nerea Suárez, Alba, Saray, María Lijó, Lucía Martínez, Uxía e Sharay. Tamén: Laura, Nerea Miñones, Lucía Brión, Lucía Canosa e Paula Estalote.
- Goles: Uxía, Lucía Martínez (2), Lucía Canosa (2), Laura, Lucía Barreiro, e un en propia.
Empezaron as de Rafa o partido con algunhas dúbidas e imprecisións no pase, en parte pola boa presión que facían na saída de balón as visitantes. Pasados os primeiros minutos conseguiron superar a súa liña de presión e empezaron a xenerar ocasións sobre todo cas internadas de Uxía por banda, conseguindo ela os dous primeiros goles. A partir de aí estiveron moi cómodas no partido e foron aumentando a diferencia, marchando xa 0-4 ao descanso.
LIGA F7, GRUPO SANTIAGO, XORNADA 7
- Resultado: Vista Alegre - Mazaricos CF (6-2)
- Mazaricos: María Pedrosa, Yasmina, Lucía Freire, María Senra, Tamara, Ánxela e Lúa; Tamén xogaron: Rita, Inés, Iza, Katia, Yolanda, Sheila e Fátima.
Comezou ben o equipo amarelo, e mesmo se adiantaron cun gol de penalti xerado por Yasmina. Pero en tres despistes chegaron 3 goles consecutivos das locais. O partido era de ida e volta e conseguron recurtar cun tanto de Iza pero pero nos últimos minutos da primeira volveu dominar o cadro local colocando un claro 5-2 para ir aos vestiarios.
Na segunda parte saíron moito mellor as costeiras, combinando o balón. Marraba un claro un man a man e un remate de cabeza María Senra, dúas xogadas que puideron ter metido ás amarelas no partido. Pasaron os minutos con algunha ocasión máis pero non cambiou nada.
Novas do FutFem
- O Cee e o Bergan manteñen o pulso na zona noble.
- Xornada de boas sensacións.
- Trío de derrotas.
- Trío de vitorias.
- FútFem: Un trío de potencias para levar ao Mazaricos á súa primeira vitoria.