Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Futfem: O Cerqueda achégase arriba tras vencer a unhas entregadas Miúdas

A porteira da UD Cerqueda
A porteira da UD Cerqueda, Lidia, no choque ante o Cee
Futfem: O Cerqueda achégase arriba tras vencer a unhas entregadas Miúdas

Segue avanzando a competición nas Ligas Femininas. Na 1ª Galega, descansaba o Bergan (na súa liga foron adiados 2 dos 3 partidos…) pero mantén o liderato gracias á derrota do CD Lugo ante o Victoria CF B.

Na 2ª, outro derbi costeiro centraba a atención. Foi o Cerqueda, que viña de caer ante o Cee, o que levou o choque ante unhas Miúdas, que aínda non coñecen o sabor da vitoria. As de Jorge Guillamet suman xa 20 puntos, e están a só 3 puntos das 3ª.
Máis arriba está o Cee, ao que lle tocaba descansar, e que viu como o Noia se lle escapa lixeiramente na primeira praza.
Pola súa parte, o Xallas sumaba unha vitoria de gran valor anímico

Ademais, o Mazaricos acaba a primera volta invicto e no máis alto da Liga F7 de Santiago.

 

2ª División Feminina, Gr.3, xornada 12

Xallas - Victoria C (1-0)

  • Xallas: Xiana; Laura, Alicia, Rita e Maite; Michelle, Luchi, María e Andrea; Yoli e Yasmina. Tamén xogaron, Leti, Olalla, Rosio, Ines e Tania.
  • Gol: 1-0, m.30: Yasmina de penalti.

Gran ambiente en Fontenla na tarde sabatina para ver a sufrida vitoria, por 1-0 e de penalti, das de Rupper. As xalleiras aguantaron moi ben as acometidas dun Victoria moi técnico, e moi ben dirixido dende o banquiño por Zaira Blanco. Pero non descoidaron as chegadas á meta rival e ben pasaron apuros no final da primeira metade, e nalgún tramo da segunda, conseguiron acabar desfacéndose do dominio visitante. A raíz de dúas xogadas polémicas que lles anularon ás locais dous goles, o equipo envalentonóuse e tirou para arriba. Froito desa insistencia, chegaría a xogada do penalti sobre Yasmina que transformaría en gol ela mesma.

Esta vez si souberon as xalleiras soster a ventaxa para acabar ganando tres puntos iante dunha afección entregada, como vemos, na celebración do tanto.

 

Os Miúdos - Cerqueda (0-2)

  • Os Miúdos: Noa, Marta Verán, Sabela, Sofía, Saray, Marina, Uxía, Paula, Adriana, Clara e Patri.
  • Cerqueda: Lidia, Lucía Rod., Isa, Paula, Raquel, Ana, Cris Beres, Saskia, Lorena, Eva e Naroa. Tamén: Nuria e Lucía Dourado.
  • Goles: 0-1, m.75: Gabi; 0-2, m.89: Naroa.

Partido lento e sen ritmo o que se disputou na mañá do domingo, no que as baixas fixeron que o conxunto local contará con só 11 xogadoras e as visitantes con só 2 cambios.

A pesar diso, as visitantes saíron a buscar a vitoria desde o primeiro momento e xeraron perigo pola banda esquerda, pero unhas veces a defensa e outras os erros nos golpeos desbaratarian cada acción. O conxunto de Juan Carlos realizou un gran traballo defensivo durante todo o partido pero foi na segunda parte cando as de Jorge Guillamet conseguiron abrir a lata. Foi nunha acción a balón parado, cando Gabi aproveitou un balón dividido tras un rexeite para sumar o primeiro tanto ao marcador a 15 minutos para o final. Co partido roto Naroa ampliaría a vantaxe no último minuto aproveitando un gran pase ás costas que a deixaría soa diante da porteira.

Liga F7, Santiago, xornada 8

Mazaricos - SD Pino (4-4)

  • Mazaricos: Pedrosa, Ánxela, Lucha, Tamara, Katia, Lúa e María Jirra. Tamén xogaron: Fátima, Claudia, Daniela, Carla e Natasha.

Partido con pouco ritmo e moi embarullado. Púxosenos de cara nos primeiros minutos gracias a un penalti a favor no que Ánxela facía o 1-0. Pouco despois o partido volveuse de ida e volta, onde o Pino consegue igualar o partido. Pero na seguinte xogada Daniela volve a poñernos por diante. Intenamos saír co balón xogado e pero a alta presión do Pino fixo que aproveitaran dous erros para remontar o partido. Chegouse ao descanso cun 2-3.

Na segunda parte comezaron mellor as de Borja Sueiro, e conseguiron ter o dominio do balón, pero cando mellor estaban, chegaba o 2-4. Tocaba arriscar e deron un paso adiante ata que conseguiron empatar o partido por medio de Ánxela e Daniela. Nos últimos 10 minutos apenas houbo ocasións para ambos equipos.

Crónicas do FUTFEM

Novas do Álbum Futfem Galego

Comentarios