Futfem: O derbi quedou en Cee
Entre “sipi” e “nopi” do Álbum, as nosas xogadoras volveron competir unha xornada máis con algún partido aprazado. Así lle pasou ao Bergantiños, que non disputou o seu partido ante o Orzán pero aínda así as de Gueli e René manteñen o liderato, aproveitando a sorprendente derrota do CD Lugo ante o Val.
Na 2ª, había derbi, e o Cee tirou de oficio, desta volta non tanto de dominio, para sacar unha vitoria que as man a man na súa pelexa polo liderato co Noia.
Xallas - Calo (0-3)
- Xallas: Xiana; Laura, Inés, Rita e Maite; Michelle, Luchi e María, Andrea; Yoli e Xastia. Tamén xogaron, Alicia, Olalla, Rosio, Lucía e Tania.
As dúas porteiras
Partido igualado nalgunhas fase do mesmo pero cun Calo moi disciplinado en defensa e moi dominador do balón que apenas deixuu chegar a súa área as de Rupper. Moi poucas ocasións houbo no partido pero o cadro visitante aproveitou moi ben as súas chegadas adiantándose na primeira metade e pechando o partido xa na parte final do mesmo.
Cee - Cerqueda (2-0)
- Cee: Noemí, Lucía Rod., Lucía Facal, Alba, Nerea, Lucía Canosa, Antía, María Lijó, Lucía Martínez, Andrea e Laura. Tamén: Ruth, Lucía Barreiro e Marta.
- Cerqueda: Lidia, Gabri, Zeltia, Paula Veiga, Raquel, Ana, Natalia, Saskia, Lorena, Eva e Naroa. Tamén: Lucía Rod. Nuria, Cris Veres, Lucía Dourado e Isa.
- Goles: 1-0, m.8: Andrea; 2-0, m.60: Alba tras unha fermosa xogada colectiva.
Partido ante a ausencia de xogadoras importantes, as de Rafa non puideron levar o dominio como habitualmente fai. Pero tiraron de oficio e foron moi intensas para superar a un Cerqueda que tampouco tivo o seu partido. Foi un choque lento, sen apenas ocasións a efectividad das locais marco a diferenza.
Tiveron fortuna as locais que se metían pronto cun gol de Andrea, que intentaba un centro que acabou convertíndose en golazo. Co vento en contra, o Cerqueda intentaba chegar pero se atopaba cunha gran Noemí baixo paus.
Aos 15 da segunda unha gran combinación do Cee (a xogada da xornada) serviu para ampliar a vantaxe. De aí ao final, o Cee soubo sufrir e o Cerqueda intentou meterse no partido, pero primeiro Naroa e despois Paula, non foron capaces de bater á porteira local, unha das protagonistas.
As Miúdas - Victoria FC C (1-4)
- As Miúdas: Adriana, Pau, Mariña, Sofía, Uxía; Ana (Noa), Sabela, Lorena (Clara); Marta, Paty e Saray.
- Goles: 0-1, m.20; 0-2, m.32; 0-3, m.56; 1-3, m.78: Sofía; 1-4, m.85.
Moitas baixas aínda ten Juan Carlos, con problemas para xuntar 13 xogadoras, e mesmo a porteira Noa entrou na segunda metade facendo que Adriana pasase a un medio campo que bota de menos a Leti.
As muradás non saíron moi entonadas, e as santiaguesas controlaban o choque. Un pequeno erro da porteira local permitiu adiantarse ás locais, que a día de hoxe, sofren cada golpe como un mazazo.
Ata a segunda metade non volveron ao partido, pero o choque xa estaba encarrilado, ante un cadro visitante que xogaba o balón sempre por baixo e que deixou unha boa sensación no Eleuterio Balayo.