Xoves. 25.04.2024
El tiempo

#Futfem: O Cerqueda aproveita para meterse na loita

UD Cerqueda fem copia
Boa xornada para o cadro cerquedán
#Futfem: O Cerqueda aproveita para meterse na loita

Suspendidos os dous choques dos líderes, Noia e Cee, a mellor nova da xornada a protagonizaba o Cerqueda a última hora da tarde dominical, cunha vitoria ante o Praíña que as deixa con 17 puntos, empatadas na 3ª posición ante o Cacheiras.

1ª División, Gr.Norte, x.11

Tordoia - Bergantiños (0-4)

bergan fem copia

  • Bergantiños: Andrea, Noelia, Tati, Cruz, Alba, Elena, Laura Caamaño, Yaiza, Bárbara, Inés e Lara López. Tamén: Lara Sánchez, Seo, Lore, Laura Torrado e Vale.
  • Goles: 0-1, m.1: Cruz; 0-2, m.30: Alba; 0-3, m.70: Bárbara; 0-4, m.85: Elena.

Primeiro partido da segunda volta, ante un gran equipo, cos dous clubs con moitas baixas, pero que se puxo de cara no primeiro minuto co gol de Cruz. A raíz de aí o equipo fíxose co control, chegando a ter algunha ocasión, e Alba certificou a superioridade. Andrea só tivo traballo nun par de xogadas a balón parado.

Saíron fortes tamén na segunda as de Gueli e René, ante un cadro local que pegou un baixón físico, que aproveitaron para sentenciar Bárbara e Elena.

 

2ª División, Gr.3, x.10

Unión - Xallas (3-2)

Xallas fc fem copia

  • Xallas: Xiana; Laura, Inés, Rita e Maite; Michelle, Luchi e María Rosio; Yoli e Xastia. Tamén xogaron, Alí, Oli, Leti, Lucía e Tania.
  • Goles: 0-1, m.13; 1-1, m.55: Yoli a pase de Luchi; 1-2, m.60; 2-2, m.77: Ali a pase de Xastia; 3-2, m.87.

Partido moi con pouco ritmo, a primeira metade apenas houbo tiros a portería, aínda así adiantouse o Unión nunha acción de pillería da súa dianteira. Chegando o descanso por debaixo o equipo de Santa Comba.

Na segunda metade o Xallas foi máis dominador e grazas a esa insistencia chegou o empate de Yoli despois de un pase entre liñas de Luchi que a deixou man a man coa porteira. Co partido ben controlado polo Xallas, nunha xogada sen perigo, unha cesión á porteira, acabaría co balón dentro da portería, póndose de novo o Unión por diante.

O Xallas non se veu abaixo e seguiu insistindo e nunha boa xogada de Xastia cedería o balón a Ali, que se convertiría no 2-2 no marcador.
O Unión tería algunha ocasión pero o partido chegaba o seu fin co reparto no marcador dando por bo o empate, pero no desconto despois dunha decisión arbitral que confundiu ás xalleiras, o balón chegoulle a unha xogadora do Unión dentro da área e non perdou deixando o definitivo 3-2.
”Partido que nos ten que valer para aprender, e saber que no fútbol ata que pita o árbitro o final non se pode parar de correr”, sinala Rupper.

 

Cerqueda - Praiña (2-1)

  • Cerqueda: Lidia, Gabi, Paula Veiga, Zeltia, Naroa, Raquel, Ana, Natalia, Saskia, Lorena e Eva. Tamén: Lucía Rod., Nuria Varela, Cris Veres, Nuria Veiga e Lucía Dourado.
  • Goles: 1-0, m.13: Gabi; 1-1, m.15; 2-1, m.27: Naroa.

Partido moi parello e disputado o que se mollo en Xaviña, onde o Cerqueda inicio o ano recibindo ao Praíña.
Saíu enchufado o equipo de Jorge Guillament e xerou moito perigo durante a primeira metade. Foi Gabi, recentemente chegada ao equipo, a que abriu o marcador no minuto 13, aínda que pouco despois un disparo afastado das visitantes poñería o 1-1 no marcador. Naroa poñería de novo por diante ás locais e ata Paula fallou un penalti que ampliaría a vantaxe do equipo local.

Con 2-1 chegar ao descanso, e a partir de aí o equipo visitante mellorou e puxo en apretos ao equipo costeiro pero o marcador non se movería en toda a segunda parte, o que permite ao Cerqueda sumar os primeiros tres puntos do ano e pensar xa en pechar a primeira volta ante o Cee.

 

Calo - As Miúdas (8-2)

Sen novas dun cadro muradán.

 

Novas relacionadas

Comentarios