Venres. 26.04.2024
El tiempo

FUTFEM: O Dumbría CF tamén sacará equipo na 2ª Galega

DUmbria CF Feminino 22-23
Imaxe dun adestramento do Dumbria CF Feminino da 22-23
FUTFEM: O Dumbría CF tamén sacará equipo na 2ª Galega

Continúa sendo unha auténtica pasada a revolución do Fútbol Feminino na Costa da Morte. Ás creacións dos equipos do UD Corcubión, o Corme CF e o SD Ponteceso súmase hoxe a creación do equipo sénior feminino do Dumbría CF.

Un ano despois da creación da súa Escola de Fútbol Base, o club xa conta con suficientes xogadoras e apoios para sacar un equipo competitivo para a 2ª Galega ás ordes de Fran Figueiroa, un dos grandes promotores desta #revoltaFUTFEM.

Paula Fandino Capi do Dumbria CF Fem
A capi, e unha das líderes do proxecto é Paula Fandiño.
Fran Figueroa adestrador do Dumbria feminino
Fran Figueroa será o míster

Con cadro dumbriés, o curso que vén competirán 11 equipos costeiros na 22/23. O Bergantiños (de Gueli) na 1ª Galicia; o Dumbría, o Corme (de Rubén Souto), Ponteceso (de Curro), Cerqueda (de Jorge Guillamet), As Miúdas (de Lucho e Manu), Xallas (de Rupper), Cee (de Rafa) e o Mazaricos (de Borja) na 2ª; e o Corcubión (de Rubén Castillo) na Liga de F7 de Santiago.
A Costa está pendente ademais do segundo equipo do Bergantiños (de Anxo Garrido) que aínda non sabe en que competición inscribirse.

Novas relacionadas

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios