Dumbría anuncia a creación dun novo campo no Conco na presentación da Escola de Fútbol Base Feminina
Este pasado tivo lugar a presentación da Escola Municipal de Fútbol Base Feminina do CF Dumbría. Unha sesión moi especial, en presencia de Vicky Vázquez, seleccionadora galega e xogadora do Sárdoma de Vigo, e Nuria Rábano Blanco, futbolista de la Real Sociedad, acompañadas polo alcalde José Manuel Pequeño, ó concelleiro de Deportes, Iván Pequeño, o presidente César Ferrío, e @s renponsables deportiv@s, Ana Mouzo e Fran Figueroa.
”O obxectivo da Escola é a educacióne a formación no deporte, pero sempre está ben que as rapazas vexan que con esforzo e dedicación se pode chegar a xogar en 1ª División”, apunta Ferrío, contento de que as rapazas tamén poidan ter as súas referentes.
Son xa 30 as nenas (nadas de 2008 a 2013) de toda a comarca inscritas nas Escolas, e tras esta presentación agora realizarán adestramentos todos os sábados, que servirán de xornadas de captación, para ver cantas nenas hai para formar equipos. A idea é que polo menos se poida inscribir un equipo na liga comarcal infantil de F11.
Homenaxe sorpresa a Pequeño
A sesión doulle unha sorpresa ao alcalde e fundador do club, José Manuel Pequeño Castro, co gallo dos 25 anos de vida. Foi Manolo López, que tamén foi fundador e que segue ao pé do cañón, o que lle entregou unha camiseta co seu nome, en agradecemento ao legado que ten aportado para o club.
Anuncio da remodelación do campo e a construción dun novo
Daba conta o alcalde do novo acordo plenario aprobado a pasada semana, conforme se realizarán tres investimentos importantes na “cidade deportiva” do Conco. Por un lado vaise realizar a renovación do céspede do campo de fútbol, cun céspede de última xeneración con certificado FIFA.
Vanse facer tamén dous vestarios novos debaixo das bancas, tendo xa 8 vestiarios operativos.
E ademais aprobouse facer un campo novo nun terreo anexo (detrás da portería do fondo, onde xa se realizan outras actividades deportivas), co mesmo tipo de herba, pero con medidas de 90x45, non aptas para competición de F1, pero si para adestramento e F8, con dous vestiarios novos debaixo das bancadas, terendo 8 vestiarios operativos. “Vainos dar moito aire”, recoñece Ferrío, consciente de que os protocolos están para quedar.
Modelo renting
As obras realizaranse a través dun modelo de renting, un modelo de adquisición habitual por toda España pero novo na comarca, a través do cal o Concello pagará mes a mes unha cota durante 5-6 anos, incluíndo o seguro e o mantemento, e ao final dese tempo o campo será igualmente de propiedade municipal. “Cando non hai subvencións, e tes necesidade, hai que buscar solucións”, explica Ferrío.
Agora abrirase o prazo de licitación, contan con que polo menos as obras do campo principal rematen antes do comezo da liga, O prazo de execución de todas as obras será de 3 meses.
NOVAS RELACIONADAS
- Ana Mouzo e Fran Figueroa, aos mandos da Escola Feminina CF Dumbría.
- O Dumbría abre unha Escola de Fútbol Base Feminino.
- Unha hora con Fran Figueroa falando sobre o auxe do Fútbol Feminino.
- Fran Figueroa: O fútbol si é unha pandemia. Bendita enfermidade.
CRÓNICAS DO FSF