Venres. 19.04.2024
El tiempo

Futfem: Goleando para seguir arriba

As Miudas ante o Bandeira-Foto-Bancadas Miudas
As Miúdas, porén, non puideron batir ao Bandeira-Foto-Bancadas Miudas
Futfem: Goleando para seguir arriba

O Bergantiños goleaba esta fin de semana para seguir na cabeza do Gr.1. Está con 46 puntos, na 4ª praza pero a só 3 puntos das líderes, Abella (esta cun partido máis) e Tordoia.

No Gr.3, o Cee tamén endosaba un set ao ao pechacancelas e se mantén na terceira praza, en plena loito polo ascenso.
Pola súa parte volveu a acusar a falta de puntería o equipo das Miudas nun partido dominado prácticamente de principio a fin no que incluso nun achegamento o final puido vir de Bandeira sin sumar. As muradás están 4ª e seguen buscando a Promoción.
A vindeira semana, derbi costeiro do grupo que será unha gran festa do noso fútbol.

Pola súa parte o Mazaricos sucumbiu ante o poderío físico do

2ª División Galega, Gr.1, xornada 22

  • Resultado: Bergantiños - Silva (8-0)

Goles: 1-0: Isa; 2-0: Isa a pase de Vimi; (descanso); 3-0: Ali de cabeza tras un córner botado por Vimi; 4-0: Torrado; 5-0: Ali; 6-0: Vimi; 7-0: Isa de cabeza noutro córner; 8-0: Ali cun maxistral golpeo dende case o medio campo.

Partido placido e tranquilo para un Bergantiños que gañou con solvencia e xustiza ante un Silva que se defendeu moi ben na primeira parte, pero que na segunda, paso factura o esforzo. Non tivo moito tema o partido, o Bergantiños dominaba e o Silva a base de esforzo e gran colocación defendíase. Aos 20 minutos colocáronse 2-0 e deixaron pasar os minutos.

Comezaba a segunda parte e o partido non cambiaba de ton, pero co paso dos minutos o Silva, baixaría físicamente deixando máis espazos que serían aproveitados polo Bergantiños.

 

2ª División, Gr.3, xornada 19

  • Resultado: Cee - Nicrarianse (6-0)
  • Goles: 1-0: Lucía Canosa; 2-0: Lucía Martínez (descanso); 3-0: Uxía; 4-0: Uxía; 5-0: Violeta; 6-0: María Lijó.

Seguen as nosas bravas sumando vitorias no seu primeiro ano de competición, nesta ocasión ante a A.D. Nicrariense. Non o poñían nada fácil as visitantes, que saíron a por todas dende minuto 0. Ante iso, non hai coma contar coa abrelatas Lucía Canosa, que pasada a media hora inauguraría o marcador. Xusto antes do descanso, Lucía Martínez anotaría o 2-0 co que chegamos ao tempo de lecer.
Saíron aínda máis animadas as nosas dos vestiarios, e Uxía por partida dobre anotou para as nosas, case de maneira consecutiva rondando a hora de encontro.  E non tardou nin dous minutos en seguila Lucía Canosa, para anotar un novo doblete.
De aí o final, destacar o gol visitante da honra que a capitana Lijó, cando o partido esmorecía, encargouse de contrarrestar.

 

2ª División, Gr.3, xornada 19

  • Resultado: Bandeira - As Miúdas (0-0)
  • As Miudas: Siaba, Paula, Sofía, Mariña, Antía, Martina, Marta, Leti, Ainoa, Pati e Eva. Tamén xogaron: Laura, Gala, Iria, Ana e Saray.

As Miudas ante o Bandeira-Foto-Bancadas Miudas 2

Case que todo o fronte ofensivo visitante dispuxo de ocasións no primeiro acto, pero nublábase a claridade nos metros finais nos que incluso se fallaba no xeito de atacar o balón, nin sequera nas xogadas de estratexia se sacaría algo positivo pola falta de intensidade con respecto o esférico. As locais, ben agrupadas lograban deixar a cero a súa portería e centrando tamén unha marcaxe individual sobre Ainoa sabedoras do perigo da de Outes.

Na volta de vestiarios practicamente mesma película, cos cambios feitos, incluso sumando máis xente en ataque deixando só 3 defensoras, pouco máis, un balón o pau, e un gol anulado por posición adiantada de Leti na única ocasión que foi entre os 3 paus. Nos últimos intres as locais lanzaron unha contra aproveitándose que as rivales estaban á desesperada, pero o seu remate tamén saíu escorado, co que se poría fin a un encontro desesperante para as Miúdas que non mostraron nin un pouco dese equipo que viña en boa xeita de ganas, xogo e resultados, empate moi celebrado e pelexado polas locales.

 

Liga F7 Santiago, xornada 23

  • Resultado: Mazaricos - Vista Alegre (1-4)

Partido ao que chegaban as amarelas con algunhas baixas pero que comezaron ben. O choque estaba moi igualado o xogo e sen ocasións claras ata mediada a primeira parte que as visitantes empezaron a crear perigo sempre en xogadas de balón parado dada a superioridade fisica existente. De feito, os 3 primeiros goles que lles encarrilarian o parte chegarias de xogadas a balón parado, o primeiro nun saque de banda que colgan á área e os dous segundo de córner.

A partir de aí, desarmouse o cadro local ata final da primeira metade, cando Daniela sacou un disparo lonxano moi potente, dos seus habituais, para facer un dos goles da xornada pola mesma escuadra.

Na segunda as locais comezaron moito mellor, tendo o balón e algunha ocasión, pero non estiveron acertadas para encharse no marcador e contra final sentenciaban.

Todas as crónicas do FutFem

Comentarios