Venres. 26.04.2024
El tiempo

Futfem: Dúas ocasións perdidas e unha vitoria épica

pati capi das Miudas co colexiado e a capi do Xuventu Aguino
Pati, a capi das Miúdas, co colexiado e a capi do Xuventú Aguiño. Fotos de Ali Trillo
Futfem: Dúas ocasións perdidas e unha vitoria épica

As Miúdas puxeron fin o pleno de vitorias das líderes, un Xuventú de Aguiño que viña o Eleuterio Balayo sin conceder un so punto ás suas rivales en 15 encontros disputados, pero que toparon cun equipo local que, a pesar de contar con numerosas baixas, nublaron as posibilidades das barbanzanas mostrando a versión máis xenerosa como conxunto para deixar en Muros os 3 puntos, e volvendo soñar con meterse entre as 4 primeiras.
Unha derrota que non aproveitou o Cee para achegarse á zona de arriba. As azuis caeron ante o Arzúa nun duelo directo, deixando escapar a segunda praza xa a 6 puntos.

Pola súa parte, o Bergantiños deixouse dous puntos e o liderato nos últimos 10 minutos ante un Pastoriza guerrilleiro. Mágoa que as de Gueli non asegurasen os tres puntos, pois o empate entre o Narón e o Tordoia e a derrota do Abellá deixáballe o camiño franco para alzarse no liderato. Así e todo, as posibilidades están intactas, cos 4 equipos empatados a 40 puntos.

Ao Mazaricos tocáballe descansar na Liga F7 de Santiago.

2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.3, XORNADA 16

  • Resultado: As Miúdas - Xuventú Aguiño (1-0)
  • As Miúdas: Siaba, Isa, Sofía, Antía, Marcela, Laura, María, Pati, Ainoa, Marta e Eva. Entraron: Sabela, Iria e Saray.

As Miudas e o Xuventu Aguino-Foto-Ali Trillo

Partido intenso o vivido no Eleuterio, que arrincaba con dúas ocasións nos pés de Ruth, máxima artilleira das visitantes. Pero as muradás defenderon tremendamente e non permitiron máis chegadas en toda a primiera metade. E sacaron boas contras as de Fran, con Marta e Ainoa entrando en velocidade pero sen acerto. E chegou o momento. Unha falta lateral lonxana era botada por Antía á escuadra do pau longo, batendo no lateral da rede, para delicia da parroquia. Menudo golazo.

A batalla seguía no medio campo. Na segunda, as de Aguiño, con máis corazón que cabeza, empurraban pero desesperaban ante a tea muradá. A lesión de Sabela cos cambios feitos obrigou a chamar á épica. Cunha xogadora menos disputaron os últimos minutos de infarto, pero se agarraron ao triunfo con coraxe.

Fran Figueroa dirixindo as Miudas-Foto-Ali Trillo
Fran Figueroa dirixindo as Miudas-Foto-Ali Trillo

2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.3, XORNADA 16

  • Resultado: Arzúa - Cee (2-1)

Non puideron as ceenses sacar nada positivo da súa visita a Arzúa. Os dous equipos chegaban con 3 puntos de diferencia, e de ter podido acabar empatadas, as ceenses volven a 6. En todo caso, aínda teñen marxe na loita polos 4 primieros postos que dan acceso á promoción, pois suman 7 puntos máis que o Santiso, 5º clasificado.

2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.1, XORNADA 19

  • Resultado: Bergantiños - Pastoriza (3-3)
  • Goles: 1-0: Alba de falta; 2-0: Alba de falta; 2-1; (descanso); 3-1: Ali a pase de Isa; 3-2; 3-3.

Non se sentíu cómodo en ningún momento o equipo de Gueli, nun partido que se ben estaba dominando, sempre tivo a un aguerrido Pastoriza pelexando. Dúas faltas executadas de forma maxistral por Alba metían, así e todo, ás vermellas por diante. O Pastoriza metía balóns ás costas do defensa, e á media hora empataban, despois de que Isa, unha das mellores do partido, non fora quen de aproveitar tres claras chegadas.

Na segunda os cambios funcionaron e as locais dominaron e ampliaron a renda. Parecía que estaba sentenciado a só 15 minutos do final, pero as lesións de Isa e Yaiza notáronse demasiado. Chegou o segundo das visitantes e con el os nervios. E así, nun mal despexe chegaría o empate, perdendo así unha gran ocasión de asaltar o liderato.

Así e todo, a temporada das de Gueli está sendo espectacular

Todas as crónicas do FutFem

Comentarios