Mércores. 24.04.2024
El tiempo

FUTFEM: Unha liga de grandes diferenzas

Ponteceso feminino ante o Tordoia
Imaxe do choque do Ponteceso feminino
FUTFEM: Unha liga de grandes diferenzas

Notouse esta xornada máis que nunca a diferencia entre uns equipos e outros na 2ª Feminina. O proceso de revolución constante que vive o FUTFEM provoca estas cousas facendo necesaria esa 3ª División que sei instaurar o curso que vén.

Dos nosos, veremos na parte alta sempre a Cee, Dumbría e Xallas, e a ver como está as Miúdas. O renovadísimo Cerqueda, e os debutantes na competición Mazaricos, Ponteceso e Corme seguirán formándose.

 

2ª Div. Feminina, Gr.2, xornada 2

Cerqueda - Cambre B (0-4)

  • Cerqueda: Paula, Jimena, Lucía Rod., Uxía, Mónica, Pauliña, Irene, Raquel, Nuria, Inés e Isabel. Tamén: Sonia e Vanesa.
  • Goles: 0-1, m.8; 0-2, m.23; 0-3, m.50; 0-4, m.70.

Segundo partido deste renovadísimo Cerqueda, que probou cousas e saíu a competir contra o Cambre B con só 13 xogadoras. As visiatntes foron superiores e non deron opcións de Jorge Guillamet que apenas pisaba área contraria nalgún balón longo. Vitoria visitante e 90 minutos de aprendizaxe para as costeiras.

 

Ponteceso - Brexo Lema (2-5)

  • Ponteceso: María, Noe, Ainhoa, Sabrina, Myre, Silvia, Mel, Muíño, Eva, Lauriña, Andrea. Tamén xogaron: Colores, Manti, Amado, Saray e Vir.
  • Goles: 0-1, m.1; 1-1, m.8: Andrea; 1-2, m.13; 1-3, m.35; 1-4, m.50: de penalti; 1-5, m.61; 2-5, m.70: Lauriña.

Ponteceso feminino celebrando un gol

Partido moi bo o vivido no pinguel na mañá do dimingo con máis de 100 espectadores. E iso que as de Curro arrincaron con moito medo, e no primeiro minuto xa caían por 0-1. Repúxose de contado o cadro local e tras varios saques de esquina Andrea empataba. O partido era moi igualado, cunhas costeiras que prantaban cara en todo momento ás líderes, pero varias xogadas a balón parado permitían ás visitantes marchar con clara vantaxe ao descanso.

As da Ponte saíron polo partido na segunda, estrelando varios balóns os paus e tendo que intervir en numerosas ocasions locais. Intentouno pero foi imposible, pero o mérito destas rapazas aí queda, gracaias a ese gran esforzo e amplia progresión a pasos rápidos.

 

Juv. Almeiras - Corme (5-2)

  • Corme: Belén; Ana (Aurora), Irene (Aroa), Laura, Nati; Ana (Salomé), Olalla, Carla, Naroa, Cris e Julia (Candela).
  • Goles: 1-0, m.10; 2-0,m .26: 2-1, m.41: Julia; 3-1, m.43; 4-1, m.58: de penalti; 5-1; 5-2, m.82: Naroa.

Partido de aprendizaxe para o Corme, contra un equipo con moitas táboas, no qu e debutaron Salomé, Aurora e Candela, a mellor nova da xornada.

 

2ª Div. Feminina, Gr.4, xornada 2

Os Miúdos - Mazaricos (6-0)

  • As Miúdas: Adriana, Elba, Sofía, Marcela, Marta, Ximena, Marina, Ana, Clara, Bárbara e Paty. Tamén: Alba, Marta Verán, Noa, Gala e Laura.
  • Mazaricos: María Pedrosa, Daniela, Silvia, Claudia, María Tajes, Natasha, Iria, Fátima, Antía, Tamara e Ánxela. Tamén: Rocío, Ainara, Leire, Iria e Katia.
  • Goles: 1-0: Sofía; 2-0: Sofía; 3-0: Elba (descanso); 4-0: Marcela; 5-0: Marta; 6-0: Laura.

Mazaricos-As Miudas

Abafante calor para un partido de outubro, nun partido moi correcto, con moi bo ambiente nas gradas e no campo, e moito fútbol e deportividade. Comezou valente o Mazaricos de Borja, pero dúas chegadas por banda permitían ás de Lucho meterse por diante cos tantos de Sofía antes de que se cumplise o primeiro cuarto de hora.

3-0 ao descanso cun Mazaricos que mellorou moito, cunha María Pedrosa espectacular baixo paus, e un equipo adaptándose ás dimensións.

Xallas - Vista Alegre (6-0)

Xallas feminino 2022-23

  • Xallas: Rosio, Rita, Laura Andrea Barbeira, María, Leti, Ines, Michelle, Oli, Paula, Xastia. Tamen xogaron: Yaiza, Nuria e Andrea Otero.
  • Goles: 1-0: Olalla; 2-0: Olalla; 3-0: Xastia; (descanso); 4-0: Paula; 5-0: Rosío; 6-0: Rita.

Bo partido das xalleiras, que tiveron ocasións de todas as cores, pero que non marcaro máis grazas o gran traballo da porteira rival que neutralizou garan parte das nosas ofensivas. O Vista Alegra moi noviño dou facilidades. Na segunda, Andrea Barbeira meteuse baixo paus permitindo que Rosío fixese un tanto.

 

Dumbría - O Pino (8-0)

  • Dumbría: Serena, Noa, Mai, Yaiza, Martina, Fandi, Kelly, Claudia, Sabela, María das Carisas e Ainoa. Entraron: Ana, Pau Carril, Juliette, Lucía e Naiara.
  • Goles: 1-0, m.2: María das Carisas; 2-0,m .10: Sabela; 3-0, m.16: María das Carisas; 4-0,m .20: Fandi; 5-0, m.31: Mai; 6-0: Ainoa; 7-0: Fandi; 8-0: Fandi.

DUmbria feminino e Promesas

Non pudo saír mellor o día do debut oficial do equipo no Conco. As costeiras saltaron ao campo da man das futbolistas do equipo Promesas que tamén debutaba na mañá do sábado presentando así a forza do futfem dumbriés ante a afección.

Foi un choque partido dominado de principio a fin polas de Fran Figueroa, que non concederon nin un metro de campo ante as do Pino nos 90 minutos de encontro. Dominio cimentado nunha defensa adiantada e ben ordenada evitando que pasaran nin as rivales nin o balón, a creatividade partía das botas da capitana Fandi e máis das medios da Ponte do Porto Kelly e Claudia, que lanzaban xa dende os primeiros minutos ás velocistas de arriba que, polas bandas nos pés de Sabela e Ainoa e na punta de lanza María das Carisas que abreu a lata e acabaría cun doblete.

 

Gol do Dumbria Fem

Cee - Dubra (13-0)

  • Cee: Noemí, Lucía Rod., Lucía Facal, Lucía Caamaño, Nerea, Lucía Canosa, Ruth, María Lijó, Sharay, Andrea e Lucía Martínez. Tamén: Laura e Antía.
  • Goles: Nerea (2), Lucía Canosa (5), Andrea (2), Sharay, Lucía Rod., Antía, e Ruth.

Partido sen historia o vivido en Cee, con dominio local absoluto, ante un cadro visitante moi principante que lle puxo moitas gañas. As ceenses intentaron non faltar ao respecto, como si se viu noutros campos da categoría, co firme propósito de manter a porta a cero.

 

A Tribuna FUTFEM

Máis crónicas do #FUTFEM

Táboa do Gr.2 da 2 Div.- Fem

Táboa do Gr.4 da 2 Div.- Fem

Comentarios