Venres. 26.04.2024
El tiempo

FUTFEM: Poker de vitorias para Xallas, Cee, Dumbría e As Miúdas

xallas fem 02-23
Imaxe do Xallas en Santiago
FUTFEM: Poker de vitorias para Xallas, Cee, Dumbría e As Miúdas

Despois de coñecer a gran nova das convocatorias das Seleccións Femininas sub14 e sub13, o Fútbol feminino volvía disputar unha completa xornada.

Por Sur, o Xallas mantén o liderato, perseguido polo Calo e o Cacheiras, e cos Cee, Dumbría e As Miúdas pelexando por meterse entre as 5 primeiras.
Polo Norte, pleno de derrotas para as nosas.

As corcubionesas recuperaban en Pastoriza, ante un rival na zona alta, a liña das vitorias e se manteñen a só 2 puntos das líderes, o Marte.

2ª División, Gr.2, xornada 15

Brexo Lema - Ponteceso (3-0)

ponteceso fem 02-23

  • Ponteceso: María, Andrea Varela, Eva, Muíño, Myre, Ainhoa, Lara, Noe Martínez, Miriam, Laura e Silvia. Tamén: Colores, Saray, Sabrina, Laura Rod. e Virgi.

Eva capi do Ponteceso fronte Brexo Lema

Comezaba o encontro con un Brexo Lema que saía a polo partido dende o pitido inicial e pronto chegaría o seu gol para adiantarse no minuto 5 grazas a aproveitaren un rexeite da porteira María. Non baixarían as de Curro os brazos e seguirían ben asentadas no terreo de xogo tratando de sacarlle a posesión a un moi bo Brexo pero sen apenas inquedar a porteira local.
Chegaría a 10 do descanso o segundo gol local grazas a un penalti por mans de Lara Fariña e na que a porteira pontecesá María tocou o disparo pero este acabaría no fondo das redes.

Na segunda, os cambios fixeron que o equipo saíre máis arriba, e as pondalianas marraronclaras ocasións de gol por medio de Ainhoa, Myre e Muíño. Colores tamén tiña que aparecer en varias ocasións, pero nunha non puido facer nada por evitar o terceiro.

Corme - Almeiras (1-2)

  • Corme: Belén; Ana (Aurora), Aroa (Salomé), Laura, Vero: Naroa, Carla, Irene, Cris, Nati (Cecilia); e María (Candela).
  • Goles: 0-1, m.18; 1-1, m.32: Naroa; 1-2, m.54.

Partido moi duro contra o Almeiras, equipo con moitas táboas en canto a todos os aspectos do fútbol. As cormelás saíron a competir e deron a cara en todo momento, se cadra sen o protagonismo con balón de outros partidos pero si vendendo moi caro os 3 puntos.

Cambre B - Cerqueda (4-1)

  • Cerqueda: Laura Lema, Lucía Rod. Uxía, Monica, Pauliña, Tati, Irene, Raquel, Vanesa, Inés e Mariña. Tamén: Jimena, Sonia e Carla.

Segue mellorando o cadro malpicán. Primeira parte moi boa das cerquedáns, mesmo poñéndose por diante cun tanto de Pauliña Veiga, e tendo ocasións para ampliar a renda. Pero un desaxuste defensivo permitía ás de Cambre empatar o partido e ir co empate ao descanso.

Comezaron ben as de Dani na segunda, chegando arriba, pero a pegada das locais foi letal, ante unhas bergantiñás que, con apenas 12 xogadoras e 2 lesións, quedaron sen marxe.

 

2ª División, Gr.4, xornada 15

Mazaricos - As Miúdas (0-3)

mazaricos feminino 02-23

  • Mazaricos: Pedrosa, Claudia, Fátima, Valeria Gascó, Antía, Silvia, Tamara, Lúa, Hermida, Ánxela e Jirra. Tamén xogaron: Leire, Katia, Buján, Saray e Antelo.
  • As Miúdas: Adriana, Uxía, Elba, Alba, Claudia, Sofía, Saray, Marina, Paula, Marcela e Ximena. Tamén: Bárbara, Clara Pérez, Ana, Carlota e Naiara.
  • Goles: 0-1, m.9: Elba; 0-2, m.29: Alba; 0-3, m.54: Sofía.

Partido competido onde as Miúdas levaron o peso da primeira parte, dominando o medio campo, coas 3 infantís do equipo, Elba, Alba e Ximena, dando un auténtico recital. Pronto conseguirían un gol de xogada ensaiada de córner, por medio de Elba. Xusto despois deste gol Claudia case marca cun tiro raso onde Adriana salvaba o empate. As de Borja Sueiro seguían presionando timidamente pero as internadas de Jirra non acaban en perigo. Pouco despois nun rexeite ao borde da área Alba facía o segundo gol para as de Lucho dun tiro lonxano.

Na segunda metade as locais asumiron máis o mando na segunda metade, pero se atoparon de novo con Adriana. Marcaría Saray o terceiro para as muradáns.

A peor nova, a lesión da muradá Saray, que tivo que saír en ambulancia.

Vista Alegre - Xallas (0-4)

  • Xallas: Rosio; Laura, Saskia, Maite, Andrea Otero; Olalla, Andrea Barbeira, Luchy; Yasmina, Mery e Paula Barcia. Tamén xogaron: Rhany, Nuria, Yaiza, Claudia e a debutante Valeria.
  • Goles: 0-1, m.19: Andrea Barbeira de falta pola escuadra; 0-2, m.41: Yasmina; 0-3, m.69: Yasmina a pase de Oli; 0-4, m.81: Claudia a pase de Valeria.

As xogadoras de Rupper, malia sañir algo relaxadas de maiso, dominaron o partido por completo. Na primeira metade o balón estivo sempre no campo rival, pero sen demasiada profundidade. Si marcou Andrea Barbeira, cunha fermosa falta pola escuadra. Antes do descanso, Yasmina facía un dos seus slaloms e non fallaba ante a meta santiaguesa.

A segunda parte empeza con máis intensidade por parte de ambos equipos, pero os tantos serían só para as verdes.

Dubra - Cee (0-3)

  • Cee: Noe, Lucía Facal, Lucía Caamaño, Nerea, Saray Duarte, María Lijó, Antía, Lucía Martínez, Laura, Ruth e Sharay Caamaño. Tamén: Lucía Rod., Sabela e Nayara.
  • Goles: 0-1, m,10: Saray Duarte; 0-2, m.24: Lucía Martínez; 0-3, m.27: María Lijó.

Dende o minuto 1 o Cee demostrou a súa superioridade, pero as rivais comezaron con moita intensidade, obrigando as ceenses a acabar os ataques con tiros lonxanos. Pero algún entrou e en media hora o partido estaba finiquitado.

Na segunda parte foron varios os intentos e as chegadas a portería, pero o cansanzo das locais provocou varias faltas que desconcentraron ás costeiras, que se dedicaron a contemporizar para evitar lesións ou tarxetas innecesarias, aprendendo a manexar situacións diferentes.

O Pino - Dumbría (0-2)

  • Dumbría: Lía, Carril, Serena, Noa, Martina, María das Carisas, Kelly, Claudia, Ainoa, Reyes e Yoli.Tamén xogaron: Icía, Paula Rodriguez, Naira, Naiara e Sabela.
  • Goles: 0-1, m.10: María das Carisas; 0-2, m.13: Yoli.

Ata 9 baixas tiña Fran Figueroa o domingo no Pino, e así e todo as costeiras volveron co pelexado premio dosp untos, mantendo a cero a meta. María das Carisas abreu a lata cun bo disparo tras unha boa xogada de Ainoa e pouco despois Yoli se anticipaba ás defensoras para rematar un rexeite doutra internada da de Outes.
A meta local traballou a reo para que o resultado non sufrira máis alteracións nun partido sin ocasións das locales e ben controlado polas dumbriesas.

Futfem Dumbria feminnio

Liga F7, Coruña, Gr.A, xornada 11

Pastoriza B - Corcubión (0-1)

  • Corcubión: Elena, Marta, Vivi, Sara, Alexandra Lojo, Carla Lema, Maria Castro. Suplentes: Claudia, Marta Santiago, Noa, Andrea, Maruxa, Ana e Paula.
  • Goles: 0-1, m.27: Ana Sierra.

Despois do empate que rompía a súa serie de vitorias a semana pasada, o UD Corcubión Feminino visitaba ao Pastoriza nun gran campo e un cadro local de gran nivel.

A primeira parte remataba cun empate a ceros, que rompería Ana Sierra no segundo tempo cun gol que cabe destacar. Este gol colocaba ás visitantes por enriba no marcador, aínda que isto non supuxo que ningún dos equipos baixase a garda, pois ambos loitaron ata o final. Un partido moi vivo non só no campo senón na grada, onde tanto a afición local como a visitante, que non dubidou en desprazarse desde Corcubión ata Arteixo, animaban sen parar ás súas xogadoras.

Máis novas do FUTFEM

MÁIS CRÓNICAS DO #FUTFEM

TÁBOA DO GR.2 DA 2 DIV.- FEM

TÁBOA DO GR.4 DA 2 DIV.- FEM

 

Comentarios