FutFem: Trío de vitorias
O Mazaricos descansaba esta semana, e os tres equipos das Ligas Femininas celebraron unha xornada fetén. O Cee fica colíder, cuns números espectaculares, trala segunda vitoria noutros tantod partiso. Ademais As Miúdas estrearon o taboleiro de vitorias, dedicándolle os tres puntos a Ángela, que se mancou non xeonllo a pasada semana.
Completou o trío de vitorias o Bergan, que conseguíu sumar a súa 3ª vitoria en 4 partidos, colocándose na zona noble do seu Grupo 1.
2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.3, XORNADA 2
- Resultado: As Miúdas - Touro (6-2)
- As Miúdas: Adriana, Paula, Marcela, Antía, Martina, Laura, Leti, María, Marta, Ainoa e Pati. Entraron: Eva, Iria, Mariña, Sofía e Adriana Riomao.
Entraron máis que entonadas as locais que pronto conseguiron meter no seu campo as de Touro, pero as tres ocasións iniciais saían fóra ou topaban cunha segura Elena blocando o balón para tranquilidade das visitantes. Si atoparon premio na única ocasión de perigo das tourenses, Rocío non desperdiciuu a oportunidade batindo a Adriana raso e colocado o segundo pau.
Lonxe de virse abaixo as “rosinejras” continuaron dominando o balón e as ocasións, enlazando xogadas desde o medio para lanzar en profundidade a Marta e Ainoa, e tras un rexeite nun saque de curruncho, María Dosil machaca a escadra dende dentro da área pequena refrendando o dominio das de Muros na primeira media hora.
O aluvión ofensivo era constante, Ainoa non paraba de gañar a súa marcaxe e só con faltas podían evitar que encarase na área, así nunha das múltiples faltas na frontal, Antía executou centrado pero o bote diante da arqueira envelenouse por mor da choiva sorprendendo á porteira no minuto 35.
O guión repiteuse no minuto 42, outro libre directo, desta volta máis preto da frontal da area, foi Laura con decisión e pateou a media altura ben colocado facendo inútil a estirada de Elena. 3-1 o descanso.
Na segunda o balón seguía capitalizado polas de Muros, que cando o perdían intensificaban a súa presión para recuperalo e lanzar de volta o ataque para ledicia dunha fiel bancada que disfrutaba co esforzo mostrado, e de volta unha falta sobre Ainoa cando ía encarar a área foi aproveitada por Antía para mandar outro misil á rede no minuto 58.
No 61 aparecería a perla da canteira, unha Marcela que novamente mostraría o seu ímpetu dende o lateral sumándose en ataque e enganchando unha volea dende case 40 metros que se volveu a colar pola escuadra nun calco do gol acadado a semana anterior ante o Noia, e non é casualidade.
Así ía esmorecendo un partido completísimo das de Fran e Fernando, nas que debutaron Sofía, Mariña e Adriana Riomao.
2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.3, XORNADA 2
- Resultado: Carreira - Cee (1-3)
- Cee: Noemi, Sharay, Laura Garrote, Marta Sambade, Nerea, Lucía Canosa, Saray, María Lijó, Lucía Barreiro, Uxía e Lucía Martínez. Tamén: Naira, Paula, Marta Lavandeira, Antía e Lucía Brión.
Partido competido contra un rival moi ordenado no que as de Rafa tiveron o control do xogo, circulando ben o balón e sen conceder ocasións. Marcou á media hora o cadro ceense o primeiro gol por medio de Sharay Caamaño e a partir de aí xogaron con menos nervios e pouco a pouco, no comezo da segunda metade, foron poñendo distancia no marcador ata chegar ó 0-3. Na última xogada do partido encaixaron un gol nunha falta lonxana na que o vento tivo algo de culpa.
2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.1, XORNADA 4
- Resultado: Pastoriza - Bergantiños (1-5)
- Bergantiños: Lara Sánchez, Sabrina, Seo, Tati, Ali, Lore, Yaiza, Vimi, Noe, Cruz, e Isa. Tamén: Torrado, Claudia, Carol, Eva e Paula.
O Bergan goleou ao veciño do norte, nun choque que as de Gueli dominaron por completo. Xa dende o comezo se vía a diferencia, e aos 8 minutos as viistantes xa dominaban no marcador co tanto de Isa. Tati facía o segundo á media hora, e nos últimos 15 da primeira o cadro local apretou ante a relaxación das carballesas, recurtando distancias.
Pero a saída en tromba na sgeunda metade foi letar. Alicia, Noelia e Cruz completaron a manita para un Bergan que deixa iun gran sabor de boca.
Novas do FutFem
- O Cee celebra un histórico debut na Liga Feminina cunha rotunda goleada.
- FútFem: Un trío de potencias para levar ao Mazaricos á súa primeira vitoria.