Venres. 29.03.2024
El tiempo

FutFem: O Cee celebra un histórico debut na Liga Feminina cunha rotunda goleada

O novo UC Cee feminino na Picota
O novo UC Cee feminino no torneo de pretemporada celebrado na Picota
FutFem: O Cee celebra un histórico debut na Liga Feminina cunha rotunda goleada

Sen dúbida, as mozas do UC Cee son as protagonistas desta fin de semana. As de Rafa Suárez xogaron o seu primeiro e histórico partido na liga feminina. Ademais fixérono cunha goleada que promete moitas alegrías.

No mesmo grupo e, que comezaba esta fin de semana, as Miúdas conseguían remontar ante o Noia, deixando o derbi da ría en táboas. Un equipo de Fran e Fernando que non chega no seu mellor momento, con moitas novidades no plantel. As xogadoras muradás dedicaron a remontada á súa compañeira Ángela, unha das debutantes que na primeira parte do choque, tras un mal xiro mancou o xeonllo dereito, lesionouse, e parece cousa mala. , a primeira valoración non é positiva, na enesima lesión desta articulación para o plantel muradán. Seguro que pronto vilve a disfrutar nunha andaina que acaba de arrancar nesta 3 temporada para As Miúdas.

2ª División Feminina, Gr.3, xornada 1

  • Resultado: Cee - Bamio (7-1)
  • Cee: Noemi, Lucía Sendón, Laura Garrote, Marta Sambade, Nerea, Lucía Canosa, Saray, María Lijó, Lucía Barreiro, Uxía e Lucía Martínez. Tamén: Naira, Sharay, Marta Lavandeira, Antía e Laura Blanco.
  • Goleadoras: Lucía Canosa (4), Lucía Martínez (2), María Lijó.

Partido sen moita historia no que as de Rafa Suarez foron moi superiores desde o primeiro minuto. Marcou pronto o cadro local, e e mantiñan moita posesión combinando moi ben, xa na primeira parte uideron ampliar a renda ata en 4 ou 5 goles. Pero foron as visitantes as que puñan un inxusto empate no marcador, que afortunadamente rompía Laura Martínez con dous tantos antes do descanso.

A segunda parte, con vento a favor das ceenses, foi un monólogo no que apenas pasaron do medio campo. Lucía Canosa completou o seu póker de goles.

 

2ª División Feminina, Gr.1, xornada 3

  • Resultado: Noia - As Miúdas (2-2)
  • As Miúdas: Adriana, Ángela, Paula, Martina, Marcela, Antía, Laura, Leti, Marta, Ainoa e Eva. Entraron: María, Sabela, Iria, Saray e Ana.
  • Goles: 1-0, m.5; 2-0, m.10; 2-1, m.55: Marcela dende fóra da área; 2-2,m .60: Antía de penalti.

As Miudas no trofeo de Mazaricos de pretemporada

Comezo de liga das Miúdas ante un bo rival, que a pesares de debutar este ano en fútbol 11 seguro que dará que falar polo seu bo facer no campo. O partido púxoselles rapidamente de cara ás xogadoras do Noia pois conseguiron marcar dous goles practicamente ao principio, ambos tras golpear o balón ás espaldas das nosas defensas. A pesar disto, as sensacións para as de Muros eran positivas xa que roubaban moitos balóns en campo contrario e o xogo desenvolvíase practicamente no mesmo. Gozaron as costeiras de ocasións moi claras que non souberon materializar, especialmente nos últimos 10 minutos do primeiro tempo, onde puideron recortar distancias en máis dunha ocasión.

As visitantes saíron no segundo tempo coa mesma idea, en posicionamento avanzado, tratando de roubar balóns o máis preto posible da portería contraria. A sensación era de que o gol tiña que chegar máis cedo que tarde, e así foi, por medio dun tiro dende fóra da área de Marcela, onde a porteira do Noia pouco puido facer. Este gol serviu para meter unha marcha máis ás visitantes, e pouco despois, Antía, de penalti, conseguía o empate, tras unha potente internada de Ainoa pola banda esquerda que as xogadoras do Noia só puideron cortar derribándoa na Área. Nos últimos minutos, o esforzo realizado polas de Muros o ir a contracorriente dende o inicio fixo que non houbese orden defensivo, perdendo o dominio do partido, e volvéndose este un lixeiro correcalles.

Ademais da lesionada Ángela, no partido tamén debutaron Ana, Sabela, Saray e a gardamallas Adriana, todas elas como primeira experiencia en fútbol 11.

 

2ª División Feminina, Gr.1, xornada 3

  • Resultado: Bergantiños - Ordes (7-0)
  • Bergantiños: Lara Sánchez, Torrado, Ali, Seo, Sabrina, Yaiza, Vimi, Noe, Cruz, Carla e Isa. Tamén xogaron: Carol, Canosa, Paula, Saskia e Claudia.
  • Goles: Cruz (2), Noe Amarelle (3), Isa (2).

A vimiancesa Noe e unha das fichaxes da temporada no Bergan
A vimiancesa Noe unha das fichaxes máis soadas da pretemporada

Non houbo moita historia nas Eiroas. O equipo de Gueli e René foi moi superior ao seu rival, un Ordes que comezou a competir esta tempada, e que malia a súa pouca experiencia competiu ben e intento facer o seu fútbol, pero que non puido mercé ao bo facer dun Bergantiños que fixo un partido completo e só a falta de puntería e a gran actuación da porteira visitante, privoulle dun resultado maior.

Tardou ata o minuto 20 o cadro local en romper a igualada, e foi Cruz o que o fixo cunha falta lateral que se colaba pola escuadra e cunha fermosa vaselina aproveitando un gran pase en profundidade de Noe García “Vimi”, a gran fichaxe desta temporada do cadro vermello, chegada das Miíudas. A vimiancesa tivo boas ocasións pero non acertou cara gol.

Antes do descanso Noe Amarelle facía tres novos tantos, deixando sentenciado o partido.
Tralo descanso o partido non cambiaría de ton e seguiría o guion da primeira parte, con bastantes ocasións locais pero que só en dúas ocasións Isa para pechar o marcador co 7-0 final.

Liga F7

  • Resultado: A Estrada - Mazaricos (4-0)
  • Mazaricos: Maria Pedrosa, Graciela, Tamara, Anxela, Iza, Ainara, María. Tamén: Yolanda, Katia, Celia, Miriam, Sheila, Rita, Inés e Fátima.

Non fixeron mal partido as amarelas en liñas xerais, pero botaron demasiado en falta as baixas de Yasmina en ataque e de Lucía Freire na retaguarda (xa estarán dispoñibles para a vindeira semana). As costeiras riveron máis o balón e máis ocasións, pero a efectividade das locais foi absoluta. As boas combinacións non remataban en gol.
Foi Lúa unha das destacadas, tendo ademais dúas ocasións boisimas que a porteira sacou moi ben.

Novas do FutFem

NOVAS DO FSF

Comentarios