FUTFEM: Xallas e Cee non frean
- Esta fin de semana arrinca a dividida Liga da Costa Feminina
Terceira xornada da 2ª División Feminina e as xogadoras do Cee e do Xallas van como motos. Terceira vitoria consecutiva para as de Rafa e as de Eloy, quedando no grupo de cabea con Pastoriza e Burgo.
Algo máis está sufrindo o Dumbría, que precisamente caía, pola mínima e dando boa batalla e stando mesmo cun 1-3 por diante a falta de 25 minutos, ante o Sporting Burgo.
Mentres, o resto do Fútfem costeiro, prepárase para o comezo da dividida Liga da Costa FEM. Este domingo 6 de outubro bota o balón a rodar en todos os campos.
Xallas - Lugo B (1-0)
- Xallas: Rosio, Cali, Aintzane, Mery, Sara, Yaiza, Andrea Otero, Clauda Espasandína, Valeria, Noe e Laura. Tamén: Patricia, Sonia, Paula Barcia, Marta e Carmen.
- Gol: 1-0, m.60: Andrea Otero.
Partido ante a afección xalleira ao que as de Eloy García Feteira saían moi metidas, tendo o control do balón da man dun centro do campo moi fino e seguro formado por Mery, Noe e Claudia Espasandin, que marcaron os tempos do xogo. Yaiza facía dano pola banda pero os seus centros non conseguían atopar rematadora. Tivo Cali un remate nun córner botado por Noe pero a defensa sacou baixo paus.
Na área local, unha falta de entendemento da defensa xalleira obrigaba a Rosío a empregarse a fondo.
Na segunda parte o partido parteuse algo máis, sempre co cadro verde un pelín máis forte, con boas internadas de Paula Barcia por banda. Na outra área, Rosío tiña que saír a varios balóns longos con gran criterio e colocación.
O gol chegou cando Noelia sacou a súa maxia a relucir, cun pase picado sobre a defensa rival e na que a lateral Andrea Otero sorprendia entrando dende atrás e difinindo con moita sutileza ante a saída da porteira rival, un gol que fixo levantar a tod@s os xiareiros que se achegaron ao Fontenla. Despois deste tiveron algunha ocasión máis nas botas de Barcia e Espasandin para cerrar o encontro.
Sp. Burgo - Dumbría (4-3)
- Dumbría: Lissette, Noa, Carril, María, Lara, Saela, Claudia, María das Carisas, Eva e Kelly. Tamén: Lucía, Carla, Paula Rod., Alicia e Yoli.
- Goles: 0-1, m.4: Eva Lema; 0-2, m.26: eva lema; 1-2, m.35: Laura Boedo; 1-3, m.60: Eva Lema; 2-3, m.66: Yadura; 3-3, m.71: Adriana; 4-3, m.74: Yadira.
Escapouselle unha vitoria que tiña feita o cadro de Santi Lira. Tras uns primeiros minuros de toma de contacto, intentando ler o partido e saber onde sacar as vantaxes, o Dumbría atopou os espazos e faría dano meténdonse rápido con 0-2 e mesmo tendo ocasións para ampliar a distancia. Pero serían as locais as que recortarían antes do descanso.
Á volta dos vestuarios, xa na primeira posesión Eva faría o seu terceiro tanto, pero no canto de darlles tranquilidade ás costeiras, meteunas nun estado de nerviosismo impropio do equipo. Apareceron as presas e as dúbidas co balón, anteun o equipo local que comezaba a envorcarse en ataque, marcando definitivamente o ritmo do partido e facéndose, a base de intensidade, con cada segundo balón que quedada, metendo máis e máis presión ata darlle a volta ao marcador.
Xornada de aprendizaxe para as dumbriesas, que deben aprender a ter a calma necesaria para pechar este tipos de partidos.
Cee - Orillamar (5-0)
- Cee: Valeria, Laura, Lucía Rod., Uxía, Lucía Ramos, Nerea, Paula Veiga, Saray Duarte, Sharay Caamaño, Naiara Vázquez e Nayara Casais. Tamén: Noemi, Thalia, Sabela e Gala.
- Goles: 1-0, m.25: Saray; 2-0, m.30: Paula Viega; 3-0, m.48: Naiara; 4-0, m.50: Duarte; 5-0, m.55: Paula Veiga; 5-1, m.78: Salma.
Terceira vitoria da temporada do Cee, neste caso na casa ante o Orillamar. Partido trabado ata que no minuto 25 Duarte marcaría un golazo pola escuadra. A partir de aí o Cee empezou a atacar con máis perigo, tanto que nun bo balón ao espazo Paula pon o segundo.
Na segunda parte saíron moi enchufadas as locais e Naiara marcaría dende fóra da area. Tan pronto sacar de banda Duarte marcaría o seu segundo tanto no partido con outro golazo. No 55 Paula non desaproveitou un pase milimétrico desde campo propio de Nerea para facer o quinto. A cerquedá sitúase con 8 goles, como pichichi destacada da categoría.
Nos minutos finais o Orillamar recortaria distancias nunha contra.
Todas as crónicas do FUTFEM
- 24-09-2024: Cee e Xallas suman e seguen.
- 17-09-24: Trío de vitorias para comezar o curso.
Outras novas
Máis info
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.