A Liga da Costa Feminina quedará dividida en dous grupos
Estaba para que quedase unha Liga da Costa Feminina ben fermosa. Despois de varios anos de revolución, de poñer o fútbol costeiro na vangarda do FUTFEM galego, xa tiñamos 14 equipos (ademais dos Xallas, Cee e Dumbría da 2ª) para converter a 3ª División Galega nunha identitaria Liga da Costa. Pero non vai poder ser. Os equipos da comarca xogarán en dous grupos, quedando Outes, Esteirana e As Miúdas nun grupo, e o resto de equipos noutro.
Así se debulla da reunión mantida este xoves entre a Real Federación Galega de Fútbol e os 71 equipos que disputan a categoría en toda Galicia. Unha reunión á que a RFGF chegaba cunha proposta moi clara:
- Unha 3ª con 4 grupos de 18 equipos, que comezaría xa e acabaría en xuño, sen apenas unha fin de semana de parón.
- Unha 3ª con 5 grupos de 14-15 equipos, que comezaría o 6 de outubro e que sería máis calmada.
Ante a premura da decisión (é certo que as renuncias de ascenso á 2ª de varios equipos, entre eles o do Ponteceso, obrigaron a dilatar a preparación os calendarios), os equipos decidiron a opción calmada, comezar en outubro, e poder descansar a xornada de reis, por exemplo.
Pero a RGFG non permitiu aos clubs opinar sobre a distribución dos grupos, a pesar de que houbo equipos como o Corme que levaron o día anterior á Federación unha proposta para facer un grupo único para a Liga da Costa.
Unha Liga comarcal?
Moitos na Costa pregúntanse por que a RGFG non convirte xa a LIga da Costa nunha liga comarcal, con identidade propia, dependente da Delegación da Coruña e da subdelegación da Costa, como acontece no fútbol masculino, sen necesidade de depender como pasa aínda do resto de Galicia.
Aí deberían estar os nosos clubs, xuntarse e defender a nosa identidade e trasladarlle claramente as nosas esixencias.
Problemáticas xeográficas
É evidente que a compoñente xeográfica é un punto importante na distribución dos grupos, e moitas veces os nosos clubs non temos claro se é máis importante o aspecto económico ou o identitario.
Algo parecido aconteceu co Abellá (Frades, situado preto de Ordes), que o colocaron no grupo 2 da 2ª División, con equipos de Ourense e Vigo, obrigándolle a deixar de xogar cos equipos contra os que leva competindo 10 anos, e obrigándolle a facer 4.000km rfonte aos 1.000km destes anos. O club respondeu cun escrito no que piden ser cambiados de grupo ou renunciará á competición.
Como quwedan os grupos
A falta de confirmación oficial, nun grupo xogarán:
- Fisterra
- Corcubión
- Muxía
- Juan Cabrejo
- Mazaricos
- Soneira
- Zas
- Cabana
- Puenteceso
- Corme
- Cerqueda
- Dubra
- Bergan “B”
- Pastoriza “B”
E noutro competirán:
- Outes.
- Esteirana.
- As Miúdas.
Unha mágoa, sen dúbida.
Máis novas