Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Futsal: De 3 en 3 para situarse na 3ª praza

Partidod o Mazaricos Futsal
Imaxe do partido na casa do Mazaricos Futsal
Futsal: De 3 en 3 para situarse na 3ª praza
Futsal: De 3 en 3 para situarse na 3ª praza

Dúas vitorias para os equipos costeiros nunha nova fin de semana de fútbol sala. O FSF Villa de Cee mantén a súa condición de invicto, colocándse na 3ª praza da Preferente (a só 2 puntos de Begonte e Rábade), tras unha vitoria sen alardes, pero que suma igualmente.

Pola súa banda, o Mazaricos CF tamén se coloca 3º da 1ª Galicia tras vencer ao Cubelas nun partido que tiñan controlado e que a piques se lle complica nos últimos minutos.

PREFERENTE, GR. NORTE, XORNADA 4

  • Resultado: Quiroga - FSF Villa de Cee (1-3)
  • Villa de Cee: Maikel, Perce, Juan Vello, José Antonio, Javi; Pose (port. supl.), Mario, Ángel, Aitor, Juanjo.
  • Goles: 0-1, Perce; 0-2, Mario (penalti); 0-3, José Antonio; 1-3, (doble penalti).

Foi un partido no que, sin ser brillantes, os de Juan Caamaño foron merecedores do triunfo pola maior cantidade de ocasións xeneradas. O partido xa se puxo moi de cara na primeira xogada do partido cando o cadro local, tras sacar de centro, non se entenderon entre entre o último xogador e o porteiro e Perce aproveitou para roubar e disparar. En primeira instancia o porteiro rechazou o balón pero de segundas puido marcar de cabeza.

O xogo discurría con intentos sen éxito do Quiroga e con roubos ceenses que acababan en contras perigosas. Nunha destas Ángel entrou na área rival con balón controlado, recortou ó porteiro e este derribouno. Mario convertiu o penalti no 0-2.
Xa superado o ecuador da primeira metade José Antonio, moi ben colocado no segundo pau, aproveitou para convertir o 0-3.

Nos últimos 5 minutos de primeira metade os locais viñéronse arriba na busca do seu primeiro gol. Crearon algo de perigo tras perdas de balón ou tras algún disparo exterior. Pero o gol do Quiroga chegou cando convertiron un doble penalti tras unha falta en media pista, e aínda no último minuto da primeira metade tiveron outro que Maikel parou con unha boa intervención.

Na segunda parte foi un querer e non poder por parte do Quiroga ante un Villa de Cee, que, sen sufrir en defensa, tampouco estiveron brillantes. Houbo algunha contragolpe para matar o partido pero non foron capaces. Só sufriron un pouco nos últimos 3 minutos, cando trala expulsión de Ángel por doble cartón amarelo tiveron que defender durante 2 minutos cun home menos. De todos modos, o equipo mantívose moi ordenado e o Quiroga non foi quen de crear perigo.

 

1ª GALICIA, GR. LUGO-CORUÑA, XORNADA 3

  • Resultado: Mazaricos Futsal - Cubelas (4-3)
  • Mazaricos Futsal: David, Oscarín, Sandelo, Brais e Molinos. Tamén xogaron: Carreiriña, Ferreiriño, Damián, Ramón.

Saíron os amarelos o partido moi intensos e puxéronse por diante moi cedo con gol de Brais. O que lles sirviu pa dominar o partido e ter varias ocasion aínda que o porteiro rival estivo moi acertado. Antes do descanso metiu o segundo gol Sandelo nunha contra.

Despois do descanso seguron tendo o balón e tendo ocasións os locais e Oscarín conseguiu dous goles máis colocando un claro 4-0 no marcador. Pero en pouco tempo e a pesar de seguir tendo o dominio do partido recibiron tres goles que complicaron un pouco o final. Sufriuse no último minuto pero rematou o partido e os tres puntos quedaron na casa.

 

NOVAS DO FUTSAL

NOVAS DO FSF

Comentarios