Mércores. 23.10.2019
El tiempo

Futsal: O Mazaricos debuta con vitoria e o Villa de Cee levanta o voo

O Mazaricos Futsal debutou con vitoria
O Mazaricos Futsal debutou con vitoria
Futsal: O Mazaricos debuta con vitoria e o Villa de Cee levanta o voo

Segunda fin de semana con Futsal na Costa da Morte. Unha semana que serviu para ver o histórico debut do Mazaricos Futsal, que saía algo despistado co nivel que pode haber na categoría, pero que demostrou que este ano vai estar aí. A súa vitoria ante o Outeiro de Rei deixa entrever que o equipo poderá competir.

Despois do primeira xornada da pasada semana na competición, o Villa de Cee conseguía a súa segunda vitoria e mira alto este curso. E iso que foi unha semana estrana para os de Juan Caamaño, pois non puideron adestrar ben polas baixas, e a lesión de Félix deixounos en cuadro toda a segunda metade.

Preferente, Gr. Norte, xornada 2

  • Resultado: Restaurante Galicia Agolada - FSF Villa de Cee Hotel La Marina (1-3)
  • FSF Villa de Cee: Pose, Ángel, Juan Vello, Félix e Aitor; Mario e Perce.
  • Goles: 0-1 Aitor, 0-2 Félix (de penalti) / Descanso / 0-3 Ángel, 1-3.

Partido moi centrado en defensa e, o máis importante, roubando balóns que lles permitiron saír á contra xenerando moitas ocasións de perigo. A posesión de balón estivo bastante equilibrada pero o ceenses estaban moi cómodos en defensa e xogando con bastante paciencia á hora de atacar. Ademais, o 0-1 e o 0-2 ao longo da primeira parte foron dándolle cada vez máis confianza aos da Costa.

Na segunda parte seguía moi centrado o equipo, e dosificando ben as forzas porque só quedaba un cambio. Os locais subiron liñas para presionar, pero á contra caía o terceiro e puido ter caído algún máis. Nos últimos minutos, un pequeno despiste defensivo costou o 1-3 e fixo que o Agolada se viñese un pouco arriba, pero os centolos en todo momento mantiveron a calma e a concentración.
Nos últimos 4 minutos intentárono con porteiro-xogador pero apenas crearon perigo.

 

1ª Galicia, Gr. Lugo-Coruña, xornada 1

  • Resultado: Mazaricos Futsal - Outeiro de Rei (7-4)<7li>
  • Mazaricos Futsal: Tabula, Oscarin, Sandelo, Brais e Molinos. Xogaron: Ferreiriño, Chapela, Oreiro, Carreiriña, David.
  • Goles: 1-0: Oscarin; 2-1: Chapela; 3-1: Chapela; 4-1: Oscarin; 5-2: Chapela; 6-2: Oreiro; 7-2: Sandelo.

Partido bastante igualado na primeira parte na que os mazaricáns saíron a esperar un pouco o rival e intentar aproveitar as contras. E saíu ben a proposta, metendo catro goles no primeiro tempo, aínda que en defensa non estiveron perfectamente pechados.

Co 4-2 comezou a segunda metade, e os amarelos formularon unha presión alta que pronto colocou o marcador nun rotundo 72. Xa co choque resolto, deixáronse ir lixeiramente ata o 7-4 final.

Cómpre destacar o traballo de Chapela con 3 goles e Oscarin con 2.

 

Novas do Futsal

NOVAS DO FSF

Comentarios