Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Unha homenaxe aos adestradores que nos deixan o marabilloso legado do Fútbol da Costa

Adestradores de Honra do Futbol da Costa da RFGF
A imaxe da homenaxe
Unha homenaxe aos adestradores que nos deixan o marabilloso legado do Fútbol da Costa

Pechaba esta pasada noite de xoves a Real Federación Galega de Fútbol o ciclo de homenaxes por todo o Fútbol galego. Facía o Centro Cívico de Malpica facendo un emotivo reoñecemento a 18 adestradores históricos do noso Fútbol da Costa, para poñer en valor “o seu legado, e agradecer o exemplo que foron e son”, como sinalaba o presentador do acto, César Méndez. "Grazas de corazón por converter o Fútbol tanto na vosa como na vosa paixón”, lembra unha das frases desta campaña de homenaxe.

Gran ambiente no Centro Civico de Malpica

O presidente da entidade, Rafael Louzán lembrou a paixón que temos o Fútbol da Costa, deixando claro que notou dende o primeiro día que pisou a nosa comarca que “aquí hai algo especial”. Apuntou que o alcalde lle pediu a renovación do céspede de Pedra Queimada, e Louzán se comprometeu a facerlle o proxecto.

O Presidente do Comité Galego de Adestradores, o armadanzas de todo este ciclo, Iván Cancela, recoñeceu que este era “un día especial”, agradecendo aos protagonistas “por poñer as bases e os piares que sustentan o noso fútbol, por dedicarlle tanto tempo e esforzo ao deporte que tanto amamos”. Non quixo deixar de contar o que sempre escoita por aí: ”Xa que xogo na casa, a xente dime por Galicia que teñen envexa do noso fútbol. Somos un referente á nivel galego e estatal e boa parte da culpa é de todos os que estades así”, lembrando a dous dos que non puideron estar onte, Sieso e Manolín, aos que enviou unha fonda aperta.

Tocoulle o turno a un dos adestradores de moda do fútbol costeiro, José Luis Lemos, que ademais de recoñecer que lle faría ilusión fixo entrega dos detalles.

Completou a quenda de discursos antes do carrusel de entregas, o alcalde Walter Pardo, dende “Malpica, km.0 da Costa da Morte”. “Gracias a todos polo que nos deixades, un legado eterno que é o Fútbol da Costa”, que el mesmo viviu “naqueles campos de terra, chovendo, terra, nordés... “ Gracias por tod o tempo que discutistes coas mulleres, cando marchabastes un domingo dunha comuñón pola vosa paixón”.

A partir de aí desfilaron os 16 adestradores que si puideron estar (ademais de Manuel Oliveira Gómez “Manolín” e José Ramón Gómez Ayala “Sieso”): Juan Ramón Lobelos Insua, José Antonio Moreira Fernandez, Manolo Varela Rey, José Ramón (Moncho) Varela Rey, Javier Lodeiro Eniceto, Agustín Costa Pose, José Pasantes García “Camuel” , , José López Marcote “Manín”, José M. López Canosa, Manuel Fariña de Buño, Carlos Ortiz Rochicholi, Benedicto Quintela Trillo “Nito” , Jorge Mira López “Calabanda”, José Antonio Periscal Barca, Jesús Lado Lestón, Francisco Collazo Añón “Yuli”.

Calabanda
Calabanda, un dos homenaxeados.

Homenaxe a Manolo Martín

Manolo Martin

Con máis de 30 anos facendo o torneo solidario de Muxía, que trouxo ao Madrid, Lugo, celta b, Bergan... a Federación quixo dedicarlle unha homenaxe especial a este muxián senlleiro, pioneiro no inicio do fútbol costeiro co primeiro San Isidrolo de Quintáns no ano 44 e mesmo gañador da Liga da Costa co seu Muxía do corazón.

Emotivísimo foi o discurso, sacando os meirandes aplausos da noite, agradecedendo a RFGF un recoñecemento serio aos adestradores, eremitíndose aqueles anos nos que “iamos a buscar aos compañeiros que viñan directamente do mar ao muelle para ir directamente a xogar a Malpica, Ponteceso”. De aí viu a idea de recadar fondos no Torneo para ofrecerlle becas aos fillos das xentes do mar.

Tamén lembrou aquelas “pataqueiras, ou aqueles pinares ou praias que facían de vestiarios. Nos bañábamos nas praias… o que agora chaman crioterapia para nós era precariedade e necesidade”.

Fachendeou dos “máis de 34 anos dedicado ao trofeo. Aquí non facemos as cousas de verdade, non por presumir”.

Ao final a RFGF deu a palabra a varios dos protagonistas, como Moireira, que se amosou moi agradecido e orgulloso, lembrando os viños postpartidos. Ou Manín tirou dunha anécdota do Torneo de San Bartolomé de Noia, vacilando contra o porteiro do Bergantiños. Ou José López Canosa, que lembrou o ascenso do 81 á Terceira, “algo histórico para un pobo de 5.000 habitantes de mariñeiros, como fixeron o ano pasado”. Tamén falou Manuel Varela Rey, que deixou o Fútbol pero non a música, e que se recoñeceu “encantado de ver a tantos amigos”. Lembrou o primeiro o ascenso do Bergan a Terceira, tempada na que el mesmo fora adestrador accidental tralo tráxico falecemento de Gérardo.

Finalmente Louzán lembrou antes de pechar o acto pediu un aplauso para todos os que non están.

Novas relacionadas

Comentarios