Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O Interrogatorio de Leis con… Josiño Mira

Josino Mira e Oscar Leis na Cadena Ser Radio Nordes
Desta volta é Óscar Leis o que leva o micro na casa de Josiño, a Radio Nordés Cadena Ser
O Interrogatorio de Leis con… Josiño Mira

O Quecemento

Díxonos aquí Silvia Cancela no primeiro Interrogatorio que o Fútbol da Costa era moi popular no resto de zonas de Galiza. A día de hoxe é máis accesible para todos xa que contamos cun bo número de persoas que lle dan difusión a traves dos diversos medios dispoñibles.

Radio Nordés Cadena Ser con Josiño Mira e Fran Hermida; Antón Lestón na edición de Carballo da Voz; Ubaldo e Alberto Pose nesta familia que é QPC; Jorge Parri e Dulce Corcu con Costa Fútbol e Ferreiro vía Facebook; Piratas de Muxía; Manuel Lago en 5FM radio na zona do Barbanza; sempre dándolle visibilidade aos equipos costeiros da súa zona; ata en Santiago os irmáns Iglesias no Punteirolo teñen sempre moi presente o noso fútbol; como tamén fixeron os Guillermo Parga e David Castro no seu día.

E seguramente esqueza a alguén pero non se me enfaden, xa pido perdón de ante man, todos eles fan un traballo espectacular para que o noso fútbol costeiro teña cada dia máis difusión, mesmo os clubs dende as súas diferentes redes sociais, hoxe voume atrever a entrevistar ao que cada día entrevista a xente da nosa comarca na Nordés, Josiño Mira. Imos coñecelo un chisquiño máis:

Josino Mira na Ser Nordes

O Partido

banner alvaro fdc 580x90

1ª Parte

  • Óscar Leis: “30 anos non é nada pero dá para moito”, pode ser un resumo da túa traxectoria dende que empezastes na radio ata hoxe?

30 anos dan para moitísimo. Non levo ben a conta pero penso que me falta un pouco para cumprilos dentro da empresa, terei que facer a comprobación para celebralo cando se cumpran exactamente. O primeiro contrato que firmei en Radio Coruña foi como locutor dos 40 Principais, recordo que un compañeiro me dixo que alí a xente non duraba máis de 3 ou 4 anos. Eu sigo case coa mesmas ganas que naquel momento.

 
  • Ó.L.: Dj, Locutor nos 40, tocaches a parte técnica, labores de publicidade, voz de numerosas campañas publicitarias, realización de cuñas publicitarias, animador do carrusel deportivo da Coruña e agora na Nordés levando practicamente todo. Con cal te quedas?

A min da radio gústame todo. Aínda que onde máis cómodo me sentín sempre foi na radio musical e na locución publicitaria, tanto gravada como en directo. Sempre me tirou máis a parte do entretemento que a informativa. Informar é moitísimo máis esixente. Tamén me divirte moito iso de pasarme horas encerrado facendo montaxes de cuñas publicitarias ou reportaxes, buscando os efectos de son axeitados, unindo voces, combinando músicas. Esa parte, aínda que pouco agradecida, tamén me leva idea. Vamos que quedar, quedar... quedo coa radio.

 
  • Ó.L.: Como foi a túa chegada a Radio?

Foi por insistencia. Dende moi novo tiña claro que quería traballar na radio e intenteino en varias ocasións presentándome a castings e probas, as primeiras veces non houbo sorte, pero non perdín a esperanza. Un día, cando estaba traballando de DJ na discoteca Chevalier de Sta. Cristina, escoitei este anuncio: "Buscamos a la chica de la radio". Tratábase dun casting para novas locutoras nos 40 Principais. Eu pensei, se precisan locutoras tamén poderán precisar locutores, presenteime ao casting e... ata hoxe!

Los 40 Principales Nordes

  • Ó.L.: Dende cando estás á fronte do Vivindo a Costa da Morte, informativos e de Ser Deportivos Nordés?

Non recordo exactamente, sonche un desastre para esas cousas, nunca o apunto. Penso que algo máis dunha década co magazine e os deportes e algo menos cos informativos.

 
  • Ó.L.: Cada semana lidias con diferentes temas de acutalidade, politica, sociedade, deportes, etc... Estás dacordo con aquelo de que fútbol é o opio do pobo ?

O fútbol é bastante adictivo, polo que a comparación pode ser apropiada. Penso que debemos quitarlle importancia ao fútbol, non se pode perder a perspectiva xa que as cousas realmente importantes son outras. Os medios de comunicación niso temos moito traballo que facer.

 
  • Ó.L.: A dia de hoxe o xornalismo está recibindo moitas críticas, editoriais ao servicio de clubs, partidos politicos, bulos... Evidentemente non é bo xeneralizar, que pensas sobre esta situación? ten solución?

Podo dicir que eu sempre fun completamente libre para dicir o que quixen e que sempre tratei de dar voz a todo o mundo. É certo que vivimos nun mundo con sobrecarga informativa, hai moita información e moitas canles polas que informarse. Penso que é moi importante que todos sexamos máis esixentes como receptores de información. Debemos que facer un esforzo para saber quen está detrás, se hai algún interés particular en difundir esas noticias. Como sociedade, en conxunto, tamén deberíamos esixir unha lexislación máis dura con quen difunda noticias falsas.

 
  • Ó.L.: Coa túa experiencia en publicidade como lle venderías unha final da Copa da Costa a alguén que nunca a presenciou?

Poñeríalle calquera das retransmisións de Radio Nordés para que el mismo se dera conta do que significa ese partido nesta zona, non farían falta máis de 5 minutos para convencelo.

 
  • Ó.L.: Esperabas cando chegastes a Radio Nordes que o fútbol se vivise como se vive na nosa comarca?

Si, claro. Eu nacín en Baio, vivín de neno a época dos ascensos a preferente tocando o bombo na grada, vendín rifas no Balsiño e mesmo cheguei a adestrar con Manín e Manolín. Coñezo a intensidade coa que se vive o fútbol aquí dende sempre. Ademais cando se inaugurou Radio Nordés eu xa traballaba na empresa, recordo moitas conversas con Marco Antonio Sande para darlle forma ao programa de deportes, aínda que nese momento nin se me pasaba pola cabeza que acabaría presentándoo eu.

 

2ª Parte

banner O Moncho 300x250

  • Ó.L.: Avecíñanse eleccións municipais con todo o que iso conleva: campañas, candidatos, debates, etc... Visto desde a túa posición, dá moito xogo ou máis quebradeiros de cabeza?

Bueno, as dúas cousas, pero tal vez máis dores de cabeza, jajaja. As eleccións municipais son importantísimas, pode que ás veces o olvidemos pero nos concellos tómanse deisións que nos afectan moitísimo. En Nordés facemos un seguemento moi importante da precampaña, a campaña e o día das eleccións con colaboradores nas mesas electorais máis importantes para coñecer ao momento os resultados. Ten habido noites electorais moi interesantes e polémicas. Veñen por diante uns meses apaixoante, unha época na que os candidatos e, sobre todo, a xente que está ao seu redor ponse algo máis nerviosa do habitual, pero en xeral gústame esta época, cos debates, os discursos subidos de ton...

 
  • Ó.L.: Radio Nordés é o noso gran altavoz na zona día tras día. Que lle demandarias os futuros alcaldes e alcaldesas para que a nosa comarca medre?

Digoo moitas veces na radio. Son dúas cousas, facer un plan a medio e longo prazo e facelo entre todos, ao marxe de cores partidistas. Fan moita falta políticas comarcales, accións conxuntas en distintos ámbitos como na industria, no turismo, no mar ou no agro. Perdemos cartos e forzas pelexando por separado. Aínda que hai algúnhas accións coordinadas son moi poucas e cando os cartos escasean temos que actuar con cabeza e case nunca é así. Eu nesto téñoo claro, sei que é unha idea pouco compartida pero, dende o meu punto de vista, hai que abordar canto antes a fusión de concellos. Pode ser unha fusión pequena ou algo máis radical pero, para min, xa imos tarde.

 
  • Ó.L.: Estes días foi o 20 aniversario do Prestige, onde che pillou a ti aquel fatídico momento e como o viviches?

Hai 20 anos eu traballaba na Coruña de luns a sábado na radio e en Cee, como DJ na discoteca Slava o sábado pola noite e o domingo pola tarde. Recordo ver a intensidade coa que se traballaou na redacción de informativos de Radio Coruña, e recordo que foi unha época moi especial tamén na discoteca, enchíase de xente de todas partes de España e acabábamos sempre dedicándolle cancións a uns e a outros.
Bueno, ademais do cabreo coas mentiras e a preocupación pola contaminación e o agradecemento eterno aos voluntarios.

A prórroga

  • Ó.L.: Xogaches ao fútbol?

Pode dicirse que non. Salvo que conte que xoguei algún partido en Infantil ou cadete en Baio cando os colexios organizaban torneos, recordo ir a Laxe e Camariñas, por discrepancias co adestrador marchei do equipo na terceira xornada. Logo fun adestrar co Baio un par de anos, aínda se xogaba no Balsiño, foi cando coincidín con Manín e logo Manolín, debía ter eu uns 14 anos. Aí acabou a miña prometedora carreira de porteiro.

 
  • Ó.L.: Di a verdade, fútbolero fútbolero non es…

Prometo que levo dicindo a verdade dende o inicio da entrevista. Houbo épocas que non me perdía “Estudio Estadio” (esto faime moi vello) o “El día después”. Pero vale, moito , moito... non son.

 
  • Ó.L.: Dous fillos deportistas, un porteiro de fútbol e outro xogador do Volei Dumbría en categorias inferiores. Ves moitas diferencias nas bancadas dun e outro deporte?

O esforzo que se está facendo dende as categorías base dos clubs para mellorar o comportamento do público foi importante nos últimos anos, queda traballo por facer, pero ese é o camiño. Ás veces seguen véndose comportamentos totalmente inapropiados, insultos a arbitros, a contrarios, algún comentario machista a xogadoras... pero cada vez menos. No volei non recordo escoitar ningún comentario ou ver ningún xesto despectivo contra un rival ou un árbitro. O público anima aos seus e sempre se aplaude aos dous equipos ao inicio e ao finalizar o partido.

 
  • Ó.L.: Unha das túas multiples tarefas tamén é ser o animador do carrusel de Radio Coruña dos partidos do Deportivo, ultimamente choio complicado, non?

Jajajajaja, bueno, non é agradable ver ao Dépor tan abaixo. Vivín retransmisións moi complicadas, a miña labor durante o partido, entre outras cousas, é facer mencións dos anunciantes en directo. Imaxínate a situación, últimos minutos dun partido no que vas perdendo e vas a descender, os teus compañeiros chorando mentres comentan o encontro e ti tes que facer a mención con toda a enerxía de sempre, como se foxes gañando a liga. Pero ao marxe da actual situación do equipo, facer a animación no carrusel é dos traballos máis divertidos que hai na radio.

 
  • Ó.L.: Nas recetas de Arguiñano sae sempre o perexil, nas de Alvaro, Manu Nogueira, hai que apostar sempre polo noso?

Sempre, en tódolos ámbitos. Ás veces aquí na Costa da Morte aínda nos falta crer un pouco máis en nós.
Hai quen segue pensando que o que ven de fóra sempre é mellor.
Afortunadamente, niso tamén imos cambiando.
Se a pregunta é máis fútbolística, tamén hai que apostar polo noso. Eu son dos que pensa que é mellor xogar na Liga da Costa con xogadores da casa que en Preferente a base de talonario.

 
  • Ó.L.: Como vai o teu con Angustias?

Jajajajaja, fichar a Angustias é do mellor que fixemos en Radio Nordés. É moi difícil reflexar certos aspectos da identidade da Costa da Morte como fai ela, coa súa retranca, as súas ideas absurdas etc. Pero ela sabe que o noso é imposible.

 
  • Ó.L.: Para Ubaldo Cerqueiro Josiño Destroyer foi un referente, así que contanos esa etapa ou césanme de QPC.

Josiño Destroyer é o nome "artístico" co que traballei moitos anos de DJ en moitas discotecas, Chevalier, Bambina ou Slava foron nas que estiven máis tempo como residente. Tamén utilicei ese nome nos 40 principais presentando programas como Dance Factory ou Fan Club, pero deso fai moitos, moitos anos. O mundo da noite é duro, xa van máis de 10 anos dende que o deixei salvo salvo un par de sesións que fixen pouco antes da pandemia na discoteca Pelícano, INK e Universo. Pero foron unha excepción que non creo que se repita.

 

Josino Destroyer DJ

Penaltis

  • Ó.L.: Dime os teus preferidos:

- 1º Un/ha porteir@: Meu fillo Mario, porteiro dos alevíns do Laxe.
- 2º: Un/ha defensa: Non fai moito vin un video en QPC onde un tal Óscar Leis xogaba co numero 4 e apuntaba maneiras jajajaja.

- 3º Un/ha centrocampista: Sieso , aguantou moitas conversas conmigo nos primeiros anos que fixen Ser Deportivos Nordés. Ten boa paciencia.
- 4º: Un/ha dianteir@: Para poder seguir mantendo a Álvaro como colaborador da radio, Manu Nogueira; e Leo Picallo que xa leva un tempo colaborando conmigo e alégrome moito que voltase os campos.
- Un/ha adestrador/a: Os únicos cos que adestei, aínda que non se acordan, e porque comparto con eles a tertulia: Os dous de Sempre, Manín e Manolín.

  • Ó.L.: Bueno como te sentiches o outro lado da entrevista e como viches o entrevistador?

Sentinme bastante raro, sempre procuro escapar destas cousas. Ao entrevistador vino en forma, foi capaz de convencerme e iso ten moito mérito. Parabéns pola sección, polo esforzo que pos no traballo e simplemente recordarte que te comprometeches a pagar unha mariscada se accedía.

  • Ó.L.: Vés como ao final mentiches …;-)
 

O Interrogatorio de Leis

Outras entrevistas en QPC: Os traballadores na sombra

Comentarios