Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Laura Torrado e Marta Calvo, subcampionas galegas coa Coruñesa sub15

Laura Torrado e Marta Calvo, subcampionas galegas coa Coruñesa sub15
Seleccion Corunesa sub 15 feminina Laura Torrado (primeira pola esquerda na fila de abaixo) e Marta Calvo (5ª pola esquerda na fila de arriba) coa Selección Coruñesa sub 15 feminina que dirixen Gueli (á esquerda) e Óscar Mingui (dereita) Laura Torrado do Bergantiños e Marta Calvo do Outes proclámanse subcampeonas galegas coa selección da Coruña sub 15 feminina, na fase final do campionato galego disputado este martes 1 de Maio no campo da Pedreira en Mugardos. O combinado que adestra o carballés Gueli Cotelo e o cabanés Óscar Mingui eliminou en semifinais á selección de Santiago por 2-0 na xornada matutina. Pola tarde xogaríase a gran final entre as dúas favoritas, A Coruña e Vigo. O partido sería moi igualado pero finalmente Vigo demostrou unha maior efectividad ao aproveitar mellor as súas ocasións de gol. https://quepasanacosta.gal/as-seleccions-corunesas-e-galegas-chea-de-xogadoras-costeiras/

Novas do Fútbol Feminino

Novas do Fútbol Sala Feminino

Fonte

Comentarios