Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Laxe - Camelle, a final da fase de ascenso á Liga da Costa

Camelle-Zas-Foto-Noe Tourinan 2
Imaxe do vivido Camelle-Zas-Foto-Noe Touriñán
Laxe - Camelle, a final da fase de ascenso á Liga da Costa

Xa temos finalísima da promoción da 3ª Galicia. O Laxe vencía ao Buño na mañá dominical por 0-1, amoliando a vantaxe colleitada na ida. Xa pola tarde, o Camelle foi superior ao Zas, e tralo empate en San Andrés, fixo valer a súa experiencia no Rodeiro onde venceu 3-0 e se mete na final.

A partir da semana que vén, Laxe e Camelle buscarán o ascenso, completando a terna de equipos que xogarán o ano que vén na Liga da Costa xunto con Baíñas e Porteño.

Buño - Laxe (0-1)

  • Buño: Darío, Simón, Jose, Jesús, Breo, Miguel Dourado, Fran, Luisma, Iván Rod. Eloy Suárez e Sergio Bastón. Tamén: Sergio, Omar, Elías López, Facal e Adrián Pose.
  • Laxe: Jacobo, Mikel, Pombo, Gora, José Ángel, Eloy Liñares, Miguel Torres, Iago Torres, Bieito, Felipiño, Santi Casás. Tamén: Jacionto e Camafreita.
  • Goles: 0-1, m.45: Santi Casás nunha contra tras un córner en contra.

Partido moi serio do cadro de Lilo, con apenas 13 xogadores, pero cun equipo moi compacto, replegado en campo propio, ante un Buño de Carabel moi mandón que tocaba e tocaba, pero sufría para traspasar as liñas. Pero si que o conseguían, avisando a Jacobo cunha gran ocasión que non acertaban para apretar o 3-1 da ida. A superioridade do cadro local era constante, con numerosos córners, e faltas laterais, pero non estiveron acertados de cara gol, e acusaron as baixas dos xogadores máisofensivos.

O Laxe conseguía sacar contras, como unha de Iago Torres, ou a que sacou Bieito ao fío do descanso, tras un córner en contra, que cedeu para que Santi Casás abrise o marcador. Gol dos que doen, despois dunha primeira metade de dominio oleiro, para marchar por debaixo no marcador.

O Buño tivo aínda máis o balón na segunda metade, tendo ocasións para igualar o partido, pero tamén Felipe tivo o segundo pero a bocaxarro mandou ao longueiro. A eficacia foi clave para definir o partido.

O choque esmoreceu e o Laxe se mete na final, cos parabéns do míster oleiro.

O Laxe celebrando o pase a final da promo
O Laxe celebrando o pase a final da promo

Camelle - Zas (3-0)

11 Camelle a final da Promocion-Foto-Noe Tourinan
11 Camelle-Foto-Noe Touriñán
  • Camelle: David C, Martin, Dido, Hucho, Makareno (Rubén), Estiben, David V,. Mario (Tereso), Gabi (Ruso), Chori (Sergio), Adrián.
11 do Zas en Camelle-Foto-Noe Tourinan
11 do Zas en Camelle-Foto-Noe Touriñán
  • Zas: Pereiras, Dani Mato, Pablo Pardiñas, Manu Fuentes, Adrián Rama, Álvaro Fariña, Andrés, Anxo, Pablo Fuentes, Marcos, Darío. Tamén: Hugo, Iván Caamaño, Alvite, Christian, Damián.
  • Goles: 1-0, m.43: Adrián; 2-0, m.54: Adrián; 3-0, m.86: Ruso de cabeza a centro de Tereso.
Camelle-Zas-Foto-Noe Tourinan
Foto-Noe Touriñán

Ambientazo no Rodeiro, moi fermoso para xogar esta semi, tralo 1-1 da ida en San Andrés. O Zas arrincaba moi metido no encontro, tendo varias de boas ocasións, sobre todo nos pés de Andrés, ante un Camelle algo nervioso, con erros de colocación e sen contundencia. Pouco a pouco o equipo de Sergio ía saíndo e Dido obrigaba a Pereiras a facer un paradón. Ao fío do descanso Adrián abría o marcador de tiro cruzado.

Na segunda, chave foi o segundo de Adrián nada máis saír. Aí practicamente se acabaría o partido, cun Camelle ben seguro atrás e sentenciando no treiro final.

Camelle-Zas-Foto-Noe Tourinan 3
Foto-Noe Touriñán
SD Camelle celebrando pase a final da promocion
SD Camelle celebrando pase a final da promocion

A táboa da Promoción en www.copadacosta.com.

AS CRÓNICAS DA 3ª GALICIA

Comentarios