As LCFS chegan igualadísimas ao seu ecuador

11:02 28/01/25
Avanza a competición nas fermosas Ligas Comarcais de Fútbol Sala LCFS, cuias táboas recollemos en www.futboldacosta.com.
A piques de chegar ao ecuador as dúas categorías, Alevín e Benxamín, chegan moi igualadas competindo polos 4 primeiros postos que dan acceso á Fase Final.
En Alevíns, o Fisober FSF mantense invicto no alto de táboa, mentres que EFB Corcubión, EF Fisterra, EFM Camariñas, CPR Manuela Rial e Ponteceso pelexan polas 3 prazas de play off.
Mentres, en Benxamíns, comparten liderato agora mesmo EF Fisterra e CPR Manuela Rial, seguidos de preto polo EMF Vimianzo. Hai unha pequena fenda aí, e despois EDM Muxía e Fisober FSF pelexan pola 4ª praza, con permiso do EMF Camariñas ou o EDM Ponteceso.