A Selección da Costa Alevín Femenina de Futsal, á Fase Final do Campionato Galego

Acollía esta fin de semana o pavillón da Gándara de Narón a Fase Previa do Campionato Galego de Seleccións Comarcais de Fútbol Sala. Competían as Seleccións da Costa Alevín Feminina, Alevin Masculina e Benxamín Masculina. E a meirande alegría déronas as Alevíns. Con algunhas das xogadoras que se proclamaron campionas de Galicia sub11 de fútbol campo, as xogadoras dirixidas por Fran Toba e Sharay Caamaño, conseguiuron clasificarse para a fase final do Campionato Galego de Seleccións comarcais de fútbol sala.
As costeiras conseguían o 1º posto despois de derrotar a selección de Ferrol 4-2, a selección de Lugo 4-1 e empatar ca selección de A Coruña 1-1.
O dia 23 xogara a fase final contra as seleccións de Ourense, selección de Vigo e Selección de A Coruña.
Os alevís, a piques de pasar
En categoría masculina, os alevíns estiveron a piques de meterse na fase final. Caían por 3-2 ante Ferrol e por 8-2 ante Lugo, pero vencían 3-7 a Coruña, e acabaron 3ª, a practicamente un gol de meterse.
Pola súa parte, os Benxamíns, caían nos seus tres enfrontamentos.