Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Lección de base

Partido de Futbol base da Costa da Morte
Lección de base

Como cada tempada os maiores dende clubs e federación buscan a fórmula para que os cativos xogadores non se desanimen se perden por moita diferencia de goles. Nas categorías máis baixas xa non se apuntan os goleadores para que non exista esa ambición de conseguir o pichichi e se fomente máis o xogo en equipo.

Pero sempre nos olvidamos dos propios rapaces, do que pensan, do que sinten en cada partido que xogan. Buscamos un benestar ficticio para eles, obviando poñer os resultados por si se senten humillados, cando van a escola e saben moi ben sumar os goles que encaixan e marcan e non lle dan a maior importancia.
Lóxico que ningún rapaz lle gusta perder, pero eles pensan en xogar o fútbol, en que para o próximo partido volven ter unha nova oportunidade de pelexar, ás veces en partidos desigualados buscan facer un gol que para eles será como unha vitoria.

Pero ás veces os propios maiores son os que realmente pasan mal vendo esos resultados. Eses pais si que humillan os seus fillos dicindo que non valen para nada, que era mellor quedar na casa e non ter que madrugar para levar esas choscas. Iso si que é o que máis daño lle fai a eles, non sentirse apoiados.

Nas categorías base, sobre todo na Costa, vai por xeracions de xogadores. Unha tempada podes facer as goleadas e para o seguinte tocará recibilas.
Pero os rapaces só pensan en xogar e divertirse co balón nos pés, e os maiores o único deber que temos, é facer que non perdan a ilusión por vir adestrar e seguir xogando sen que o resultado sexa determinante para facelo.

E sempre eles nos dan unha lección de vida, cando saen contentos dos partidos, dando a man os rivais e esperado facerlle máis fronte na próxima vez que se encontren.

 

OUTROS ARTIGOS DE ÁNGEL GARRIDO

Comentarios