Martes. 16.04.2024
El tiempo

Liga da Costa: Catro favoritos confirmados

Coristanco - Zas
Coristanco - Zas
Liga da Costa: Catro favoritos confirmados

SUBGRUPO A

Esteirana 3 – 0 Muros

Esteirana: MJ; Codesido, Suizo, Samuel, Simón; Dani (Rodrigo, 87’), Adri (Carajillo, 35’); Pablo Rama, Óliver (Pachi, 90’), Álex Rama; Raúl Lestón (Álvaro, 81’).

Muros: Xandre; Ra, Iván Cerilla, Jurjo, Gesto; Xaco (Alon, 75’), Saúl (Flavio, 72’), Varo (Thiago, 57’); Ivi, Xavi (Ismiña, 67’) e Jose (Rubén, 57’).

Goles: 1-0, 59’: Carajillo / 2-0, 63’: Carajillo / 3-0, 90’: Pablo Rama.

Espectacular o ambiente que había no Xosé Luis Vara para presenciar un derbi que foi seguido, tamén, por televisión grazas a QPCTv (Xa o tendes en diferido). Un partido que amosou ben as ganas que tiña todo o mundo de volver a desfrutar dunha tarde así, tamén os xogadores, que xogaron cunha intensidade difícil de ver tras o parón provocado pola pandemia.

A primeira metade veuse envolta nesa loita de forzas, na que a Esteirana intentaba dominar a través da posesión e o Muros co sacrificio defensivo e a velocidade á contra. Non obstante, antes do descanso só puidemos ver unha clara para cada equipo, cun tiro de Jose nos visitantes e un remate de cabeza de Pablo nos locais, pero os porteiros estiveron moi acertados.

Cambiou o conto na segunda parte e a Esteirana comezou a atopar ocos nunha defensa que ata entón parecía infranqueable. Así chegou a xogada do polémico penalti, que Raúl non foi quen de meter entre os tres paus. Tampouco acertou nunha falta na frontal poucos minutos despois. Pero a terceira vai a vencida, e tras unha boa xogada persoal por banda puxo un forte centro raso que Xandre non logrou atrapar, o que aproveitou Carajillo para facer o primeiro da tarde. Non pasaran nin cinco minutos cando os mesmos protagonistas calcaron a fórmula do primeiro para ampliar a vantaxe e facer que o Muros tivese que ir xa con todo arriba. Xa na última xogada do encontro, Álex Rama atopou espazo para correr e o seu disparo ante Xandre foi rematado na liña polo seu irmán, Pablo, para culminar unha goleada que seguro que traerá que falar durante varias semanas no concello de Muros.

Gol de Carajillo no derbi muradan

Camariñas 5 – 3 Muxía

Camariñas: Pablo; Barreiro, Roi, Oli, Pablo Fuentes (Rodrigo, 80’); Soule (Nazo, 45’), Moriño, Carlos, Mario (Hugo, 60’); Saviola (Miki, 76’) e Brandon.

Muxía: Joselu; Brais (Maikel Mouzo, 45’), Maikel, Rui, Congui (Xan, 70’); Fabián Sendón (Toja, 45’), Mauro Romaní (Rati, 65’), Víctor Alcaina; Isma Pose, Edu e Fran.

Goles: 1-0, 21’: Roi, de penalti / 2-0, 38’: Soule / 3-0, 49’: Oli / 4-0, 55’: Mario / 4-1, 60’: Isma Pose / 4-2, 79’: Fran Moreira / 5-2, 90’: Nazo / 5-3, 94’: Víctor Alcaina, de penalti.

Camariñas-Muxía

Igual que o Xosé Luis Vara, o Hermanas Patiño demostrou dende primeira hora da tarde que había moitas ganas dun derbi que por estar en diferentes categorías, levaba xa varios anos sen ter lugar. Non obstante, a diferenza do de Esteiro, en Camariñas non houbo tanta igualdade “por culpa” dun equipo local que saíu en tromba logo de descansar na primeira xornada.

O equipo de Berto amosou o seu potencial cun equipo cheo de xente da casa e parecido ao do fulgurante ascenso logrado antes do parón. Foron ao descanso gañando 2-0, pero a vantaxe podía ser maior se Joselu non lle parase un novo penalti a Roi e algunha ocasión máis ante un Muxía que só aparecía en ataque cunha oportunidade de Isma Pose.

Intentou retocar o plan inicial Diego Lobelos, pero o gol de Oli no cuarto minuto da segunda parte deixaba o partido visto para unha sentencia que chegaría pouco despois cunha fermosa vaselina de Mario. A partir de entón, os camariñáns baixaron un par de marchas e o Muxía intentou meterse no encontro grazas aos tantos de Isma Pose, tras recoller un rexeite de Pablo, e Fran Moreira, tras regatear ao porteiro. Aínda así, un bo disparo de Nazo borrou as esperanzas dos da Arliña, que volveron a marcar dende os once metros no desconto.

Baiñas 2 – 2 Cee

Baiñas: Sergio; Raúl; Maikol, Hermida, Dylan; Brais Tajes, Esteban, Cristian Canosa (Lucas, 31’), Oreiro (Raúl Antelo, 60’); Charly e Adrián Canosa (Brais Alonso, 52’).

Cee: Maikel; Josiño, Chema, Ángel Golpes, Tomás; Jon (Luis Lojo, 49’), Cote (Martín, 73’), Jose; Cristian (Pablo Lestón, 63’), Bruno e Isaac.

Goles: 0-1, 3’: Isaac / 1-1, 6’: Maikol / 1-2, 37’: Isaac / 2-2, 96’: Dylan.

Cee Baiñas

Partido moi igualado e cunha parte para cada equipo o que se viviu no Municipal de Vimianzo. O Cee, que buscaba a súa segunda vitoria consecutiva para manterse no liderado compartido, dominou aos verdes nunha primeira metade na que Isaac volveu amosar que mantén intacto o seu olfacto goleador pese a estar tantos meses parado. O fisterrán fixo o 0-1 cun bo disparo tras unha xogada entre os tres de arriba do Unión, aínda que Maikol empatou para os vimianceses. E cando parecía que non se movería o marcador ata o descanso, Isaac volvía poñer por diante ao Cee cun remate de cabeza, no seu terceiro tanto en liga.

Na segunda parte, os cambios de Roski e o desgaste dos ceenses, que sufriron as lesións de Jon, Cote, e Luis Lojo, fixeron que o Baiñas fose mellor, aínda que non era quen de crear perigo ata os últimos minutos. Entón si, a partir do 80, dispuxo de varias ocasións claras para facer o tanto de empate, pero un gran Maikel retrasou o gol ata o último minuto, cando un córner lanzado por Dylan se colou entre o propio Maikel e Tomás.

Outes 4 – Monte Louro 2

Outes: Álex (Formoso, 81’); Jura, Cutu, Babu, Martín; Iván, Michi (Ryan, 86’), Adri (Stefan, 71’), Fran (Aaron, 61’); Roberto e Vele (Eloy, 88’).

Monte Louro: Iago Romero, Abel Suarez (Antón, 56'), David leston, Pablo Vidal, Bolo (Iker Lado, 83'), Lue, Xian , Miguel Veran (Hugo Fernandez, 90'), Piti, Riki e Yeray

Goles: 1-0, 19’: Roberto / 1-1, 49’: Xian / 2-1, 59’: Roberto / 3-1, 68’: Antón, en propia meta / 4-1, 89’: Roberto / 4-2, 90’: Lue.

Formación do Outes

Moito máis equilibrado do que di o marcador foi o encontro do Conchido, onde o Louro non se puido resarcir da goleada recibida a semana pasada e onde o Outes conseguiu unha nova vitoria que o coloca colíder, xunto a Esteirana.

Foron os locais os que golpearon primeiro nunha primeira metade na que ambos equipos optaron por non arriscar e intentar aproveitar erros rivais. Roberto, que xa fixera os dous goles da vitoria en Muxía, facía un tanto que conseguiu mellorar ao Monte Louro, que comezou a aparecer máis pola área de Álex.

O paso polos vestiarios non fixo máis que aumentar esa ofensiva dos visitantes, que aos catro minutos empataban o partido grazas ao gol de Xian. A partir de aí, déronse varias ocasións para ambos conxuntos, pero outra vez foi Roberto o que ampliaba distancias, antes de que unha desgraciada xogada para o Louro acabase con Antón metendo o balón na súa propia portería e deixando practicamente sentenciado o choque. No 89 Roberto asinaba o seu hattrick particular para colocarse como máximo goleador e, xa no desconto, Lue maquillaba o resultado.

SUBGRUPO B

Malpica 0 – 0 Nantón

Malpica: Rubén Sánchez, Jordan, Andy, Dimitri Cristian, Laredo, (Laik 53'), Jairo, Alberto (Mante, 68’) , Iván Rodriguez, Aday Mato (Andi Rey, 82') e Alberto (Aitor, 71').

Nantón: Guille, Javi Muiño, Eloy, Costiña, Alejandro Amado, Pablito (Ruper 46'), Cigarini, Ivan Redondo, Alex Orgueira (Pastor 65'), Juan R Touriñan y Josiño.

Formación do Malpica

Debutaba o Malpica na Pedra Queimada tras descansar a semana pasada nun encontro que abría a segunda xornada na tarde do sábado. E o facía cunha boa actuación, sobre todo na primeira metade, na que os locais tiveron varias ocasións para irse por diante ao descanso ante un Nantón que exhibiu a súa férrea defensa como un dos puntos fortes para competir nesta liga.

Despois do paso por vestiarios, e pese a que o Malpica tivo aínda varias oportunidades, se igualaron máis as forzas e o Nantón comezou a visitar con máis asiduidade á area de Rubén, que non tivera moito traballo na primeira metade. Aínda así, ningún dos dous conxuntos foi quen de acertar entre os tres paus e asinaron o primeiro empate sen goles do que vai de tempada na Liga da Costa.

Buño 0 – 1 San Lorenzo

Buño: Xurxo; Bastón (Dourado, 45’), José, David, Adrián; Fran, Iago, Luis Miguel (Diego, 71’); Omar (Eloy, 76’), Ciño ( Ángel Lamas, 51’) e Juan Antelo.

San Lorenzo: Puyol, Diego Fidalgo (Puñal, 26'), Iglesias, Pablo Garrido, Diego Varela, Eloy (Alexis, 67'), Alex Taibo (Dani Padin, 66'), Ures, Brais (Styven, 79'), Eloy Ferreiro e Mateo.

Goles: 0-1, 68’: Brais.

Segunda vitoria consecutiva dun San Lorenzo que un ano máis opta a estar entre os mellores equipos da categoría, pese a non contar con tantas expectativas, a priori, como outros conxuntos. Esta vez foi en Xaviña, onde os vermellos foron mellores dende o inicio, levando o dominio do partido e contando con varias ocasións na primeira metade. Mentres, o novo Buño de Adrián Lema non se atopou cómodo en ningún momento ante o control da posesión visitante e chegou a contagotas á portería de Puyol, tendo Adrián a oportunidade máis clara.

Parecía que pintaba mellor a segunda parte grazas as modificacións do míster local no vestiario, pero antes do minuto cinco, Xurxo era expulsado despois de tocar o balón ca man fóra da área. Aínda así, aguantou ben o Buño durante máis de quince minutos ata que o San Lorenzo fixo o primeiro. A partir de entón, os locais exerceron un gran esforzo para chegar a área local, pero os de Verdillo souberon defenderse e non sufriron demasiado.

Coristanco 4 – 0 Sp Zas

Coristanco: Diego Mallo; Jonathan, Jose Pazos, Lagoa, Nicolás Abelenda; Mario Rodriguez (Damian Blanco, 61'), Gonzalo Villajos (Adrián, 58'); Daniel Castiñeiras, Dani Vazquez (Kevin Rodriguez 70'), Sergio (Rubi 60') e Samuel Vazquez.

Sp Zas: Pereiras; Andrés (Iván Caamaño 74’), Ángel, Kiko (Xabier Otero, 72’), Mikel (Adrián Rama, 60’); Dani Mato, Brais; Iván Mato, Miguel, Iago: Darío (Álvaro Fariña, 52’).

Goles: 1-0, 13’: Pazos / 2-0, 23’: Lagoa / 3-0, 48’: Castiñeiras / 4-0, 81’: Pazos.

Así formou o Coristanco

Así formou o Zas

Se xa viña con grandes sensacións tras un verán repleto de grandes fichaxes e unha boa preparación, o inicio de tempada non fai máis que fortalecer esa impresión de que o Coristanco de Juni será un dos equipos a bater nesta tempada. Tras a súa agónica vitoria en Xaviña, goleou onte ao Sp Zas nun encontro que dominaron de inicio a fin para facer as delicias do gran ambiente que amosou onte a Rocheira.

Os da terra da pataca entraron no partido con moita intensidade e cun gran afán ofensivo, o que fixo que as ocasións chegasen dende ben cedo. De feito, mediada a primeira parte xa gañaba 2-0 grazas aos goles de Pazos e de Lagoa. O Zas intentouno sobre todo nas xogadas a balón parado, pero Diego Mallo non tivo demasiado traballo baixo paus.

Na segunda parte, o gol de Castiñeiras aos tres minutos deixaba sentenciado o choque e facía aos locais baixar un par de marchas, aínda que iso non lle impedise ter máis ocasións. Foron entón os mellores minutos do Zas, aínda que non foron quen de perforar á meta de Diego antes de que Pazos pechase a goleada co seu cuarto gol en dous partidos.

Castriz 3 – 2 Cerqueda

Castriz: Álvaro; Carlos, Saúl (Martín Gemelo, 77’), Aleks; Samuel, Adrián (Kevin Varela, 60’); Iván Pastoriza, Mata (Anxo, 32’), Fabián; Noly e Braulio (Guillín, 85’).

Cerqueda: Óscar; Iván, Marcos, Daniel, Breo; Andrés Olmedo, Breogán, Rial (Carlos Loureiro, 61’); Manu Guillamet (Cristian, 45’), Julián (Lorenzo, 45’) e Eloy (Nico, 65’)

Goles: 1-0, 5’: Noly / 2-0, 15’: Braulio / 3-0, 53’: Fabián / 3-1, 87’: Daniel / 3-2, 92’: Méndez.

Do mesmo modo que o Coristanco, está o Castriz a confirmar ese potencial que se lle leva vendo ao equipo dende os partidos de preparación. O cadro de Miguel Chouza goleou na primeira xornada ao Nantón e o mesmo camiño ía seguindo nesta, pese a que o espírito competidor deste Cerqueda axustase o marcador.

Os locais comezaron moi fortes, conseguindo o gol de Noly nunha das primeiras xogadas do encontro e ampliando distancias pouco despois co segundo tanto na liga do veterano Braulio. O Cerqueda intentouno de varias maneiras, pero a falta de puntería e o acerto de Álvaro impediron que acurtasen distancias antes do descanso.

Na segunda, outra vez iniciou moi forte o Castriz que parecía deixar sentenciado o encontro co gol de Fabián. Pero o Cerqueda, que xa lle puxo moi difíciles as cousas ao Coristanco a semana pasada, seguiu confiando e creando cada vez máis perigo, ata que a tres minutos do final Daniel fixo o 3-1. Non baixaron os brazos, e no desconto conseguiron o 3-2 tras un penalti moi protestado polos locais e que significou a expulsión de Chouza.

Comentarios